Análise de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,06 KB

Análise de Cantares Gallegos

1. Identificación

Este poema pertence ao libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Nel, un home transmite o seu resentimento a un amor que o defraudou.

2. Forma

O poema ten versos de oito sílabas e riman os pares en asonante. Presenta unha linguaxe popularizante e coloquial, característica da primeira obra de Rosalía (exemplos: “meniña”, “camiñiño”...).

3. Simboloxía e significación

Presenta constantes símbolos que se refiren á amada (“branca aurora”, “craro sol”) ou ao amor entre a parella (“caravel”) que se torna “negro e maldito” cando o amor se rompe. Ten dúas partes moi evidentes:

  • A primeira estrofa: a voz poética lembra unha conversa coa amada.
  • O resto do poema: relata como lle prometeu amor pero finalmente o traizoou.

O sentimento que transmite é claramente de resentimento (“tan bo camiño ti leves…”).

4. Temática e características da autora

Este poema pertence á liña temática amorosa de Cantares gallegos. Os protagonistas das poesías amorosas do libro adoitan ser persoas do mundo rural, co que a autora pretende dignificar a imaxe destas persoas e os seus sentimentos, xa que noutros textos literarios da época adoitaban aparecer só como obxecto de burla.

Conclusión


Análise da obra narrativa

Protagonista

Xornalista e escritor, reflexivo e algo solitario, que usa a escritura para entender o mundo e a si mesmo. A través dos textos descubrimos preocupacións persoais, relacións, frustracións profesionais e reflexións sobre o paso do tempo e a morte.

Estrutura

Mestura artigos xornalísticos, notas persoais e un diario íntimo cos que o lector reconstrúe pouco a pouco a vida do protagonista. É unha estrutura fragmentaria que obriga ao lector a unir as pezas da historia.

Temas principais

  • A escritura e o xornalismo: mostra como se constrúe un texto.
  • A identidade persoal: coñecemos ao protagonista pouco a pouco.
  • O paso do tempo e a morte: o autor está morto.
  • Realidade e ficción: a fronteira entre ambas.
  • Vida cotiá: reflexións a partir de curiosidades.

O fío condutor

Aparentemente son artigos soltos, pero o que os une son as notas e o diario do xornalista, que van revelando a súa historia. Ao final, enténdese que o importante non son só os artigos, senón a persoa que está detrás deles.

A obra preséntase como o conxunto de arquivos atopados no ordenador dun xornalista falecido. Mestura artigos dunha revista, notas persoais e un diario. A través destes, o lector reconstrúe a vida do protagonista. Os artigos tratan curiosidades e reflexións, mentres que as notas mostran o proceso de escritura e os pensamentos íntimos. A medida que avanza a lectura, descóbrense aspectos da súa vida persoal.

Entradas relacionadas: