De amor e desamor poesia galega Pilar pallares

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,66 KB


O último terzo do século XX é un momento dinámico e emprendedor motivado en gran medida pola recuperación de certas liberdades e pola creación dun marco administrativo autonómico. /// O Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e a presenza do galego no ensino crean unha nova situación favorable ao idioma galego. Así aparecen premios literarios, créanse novas editoriais (Xerais ou Sotelo Blanco), o que producirá un incremento dos títulos editados e un aumento do número de lectores. Aparecen publicacións especializadas en temas literarios e culturais como Festa da Palabra Silenciada ou Luzes de Galicia, e nacen editoriais electrónicas.
///
A publicación de Con pólvora e magnolias de Mémdez Ferrín en 1976 da comezo a este período. Os autores reúnense en colectivos co fin de seren máis efectivos na loita antifranquista e co afán de darse a coñecer de xeito máis eficaz. Os colectivos son: Rompente, ao que pertencía Antón Reixa, caracterizouse pola súa ousadía e polas súas propostas innovadoras, e un dos seus libros fundamentais é A dama que fala; Cravo Fondo, de Lugo, no que os autores expoñen a súa vontade nacionalista e antielitista, e cren na dimensión social da poesía, só publicaron Cravo Fondo; Alén; e por último, o colectivo da Coruña, De amor e desamor, que escribiu dous libros co título do colectivo e ao que pertencían autores como Xavier Seoane, Manuel Rivas ou Lois Pereiro. /// Entre os autores desta xeración podemos nomear a:

Xavier Seoane presenta unha poesía clasicista entregada á visión da natureza con simplicidade compositiva. Destaca Os bosques encendidos. /// Miguel Anxo Fernán-Vello emprega o erotismo e o sentimento telúrico en obras como Do desexo en corpo e sombra.








Xosé María Álvarez Cáccamo combina as liñas intimista e social. /// Pilar Pallarés fai unha poesía centrada na soidade e na dificultade comunicativa, como en Sétima soidade. /// Manuel Rivas presenta unha poesía afastada do culturalismo abordando temas intimistas (Galicia, a ecoloxía e a Guerra Civil). //// Lois Pereiro deixa dous poemarios, un deles é Poesía última de amor e enfermidade nunha liña innovadora e rupturista. /// Na década dos 90 faise uso dunha linguaxe máis natural con variedade de nivel, de rexistro e dialectais. Os que cultivaron o discurso natural mergúllanse no mundo cotián e botan msn de rexistros conversacionais. A súa poesía é intelixible e emotiva, como a de Emma Couceiro ou Rafa Villar. /// O discurso libertario pon en evidencia os prexuízos da linguaxe recibida, instrumento de poder. Así contraria os canons e clixés establecidos. O colectivo Ronselt revisa os modelos dominantes na literatura galega evitando os estereotipos pola vía do humor e a parodia. /// Yolanda Castaño evoluciona desde a experiencia adolescente ata a reflexión sobre a beleza física, as apariencias e as súas consecuencias. /// O discurso hermético é intelixible polo seu extremado cultismo e o seu carácter denso e autorreflexivo e á ausencia da orde lóxica das secuencias. Chus Pato tematiza a necesidade de autocoñecemento e a liberación política e persoal. Escribe Urania. /// Abranguer a todos os poetas existentes na actulidade é imposible. Cultivan a hibridación de xéneros, as variedades conversacionais, a reivindicación, a poesía feminista, etc.

Entradas relacionadas: