A Alianza Divina e o Servizo a Yavé: Unha Exploración da Fe e a Comunidade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,9 KB
A Fidelidade de Deus e a Alianza co Ser Humano
Dende o comezo da humanidade, cando Deus creou o mundo, Él e o home firmaron unha alianza. Deus comprometeuse a coidar sempre do seu pobo e o home a cumprir as normas morais e os mandamentos de Deus. A propia creación xa é unha alianza, é dicir, un pacto ou un compromiso.
Pasado o tempo, Deus fai unha alianza con Noé, e máis tarde un pacto con Abraham, que foi o pai dun gran pobo. Tempo despois, Moisés é o que recibe a alianza de Deus, este dálle as normas morais que son o decálogo, é dicir, os dez mandamentos. Co seguir da historia, Deus foi manifestando a súa vontade por medio dos profetas, que son os que falan a palabra de Deus e, polo tanto, son os seus mensaxeiros.
A alianza definitiva foi coa chegada de Xesús, o fillo de Deus, a encarnación do pai. En toda esta historia, Deus sempre foi fiel, é dicir, cumpriu coa parte que lle correspondía: sempre se mantivo ao lado do home, coidándoo e manténdoo. Porén, o home non sempre soubo ser fiel a Deus e, en moitas ocasións, abandonou ese pacto, ben polo pecado ou ben por buscar acubillo noutros lugares distintos de Deus. Pero Deus, aínda así, permanece sempre ao lado do home, brindándolle o seu perdón e ofertándolle sempre a súa amizade.
A Figura Mesiánica do Servo de Yavé e o Credo
O Servo de Yavé
O Servo de Yavé é a figura única e a resposta sorprendente para desactivar este círculo vicioso da violencia desbocada. O servizo a Yavé é cargar co peso do pecado do mundo: inxustiza e violencia sobre os seus ombreiros. Como tantas veces, tamén aquí os camiños de Deus non coinciden cos camiños dos homes.
Deus suscitou na Escritura e na historia a figura única do Servo de Yavé, figura incomparable que asume en si mesmo a dobre función complementaria do servizo a Yavé (cumprimento da súa vontade: Heb 10,7) e de cargar sobre os seus ombreiros todo o peso do pecado do mundo. O Servo representa unha resposta, de antemán absolutamente inimaxinable, a ese dobre drama da sociedade: o da inxustiza e o da violencia.
Servo de Yavé é o que cumpre a vontade do Pai. A Escritura chama «Servo de Yavé» a aquel a quen Deus chama a colaborar na historia de salvación do mundo e vén servir a este designio. O servizo que Yavé quere non se limita a un culto ritual, senón que se estende á entrega de toda a vida, que como a de Xesús maniféstase en dependencia radical da vontade do Pai: «Ti non queres sacrificios nin ofrendas, pero preparáchesme un corpo; non aceptas holocaustos nin vítimas expiatorias. Entón eu dixen o que está escrito no libro: Aquí estou, ¡oh, Deus!, para facer a túa vontade».
O Servo de Yavé é o Cordeiro de Deus, que carga co pecado do mundo.
O Credo (ideas principais)
- Creo en Xesucristo, o seu único fillo, o noso señor.
- Xesucristo foi concibido por obra do Espírito Santo e naceu de Santa María Virxe.
- Xesucristo padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado.
- Xesucristo descendeu aos infernos, e ao terceiro día resucitou de entre os mortos.
- Xesucristo subiu aos ceos, e está sentado á dereita de Deus, pai todopoderoso.
- Desde alí ha de vir a xulgar a vivos e mortos.
A Chamada de Xesús e a Formación da Comunidade
Xesús predicou o reino de Deus durante tres anos, que é a situación ideal de xustiza e paz que os xudeus agardaban que chegase coa chegada do mesías. Esta predicación de Xesús é o que dá sentido á súa vida e á vida da Igrexa.
Xesús rodéase duns compañeiros de viaxe e duns colaboradores. Estes compañeiros de viaxe son os discípulos, e os apóstolos son enviados por Xesús e os seus colaboradores na misión de anunciar o reino de Deus. Isto foi a primeira comunidade cristiá. Todos os discípulos formamos a comunidade de Xesús.