Aire negro — Agustín Fernández Paz: novela galega de misterio e terror
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 26,78 KB
Aire negro — resumo e comentario da novela de Agustín Fernández Paz
A partir da lenda da existencia da Gran Besta e da atracción desta pola protagonista, desenvolve ademais unha dobre historia de amor. A novela constrúese a partir dunha historia principal relatada por un dos seus protagonistas, o psiquiatra Víctor Moldes, quen, tres anos despois de ocurridos os feitos, narra os acontecementos que o empuxaron a abandonar a súa profesión e que o obrigan a vivir nun desacougo permanente. Cando o doutor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, situada nun pazo magnífico no Baixo Miño, ocúpase de Laura Novo, unha muller nova e coa memoria borrada a quen ninguén ata ese momento lograra axudar. Laura pasa o día enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dun naufraxio persoal.
O doutor conseguirá achegarse a ela utilizando unha terapia innovadora baseada na lectura e é así como Laura recorda todo o que lle sucedeu nos meses anteriores dende que sentiu a presenza dunha escura sombra na súa vida. Utilizando o seu gusto pola escritura, o doutor proponlle que escriba todo o que recorde. Laura toma a voz do relato para contar en primeira persoa todos os acontecementos que veñen á súa memoria. Deste xeito ímos coñecendo os espazos da súa vida, comezando por Madrid —lugar do fracaso da súa relación sentimental con Miguel e de dificultades laborais— e tamén a súa necesidade dunha viaxe de fuxida que a conduce, case por azar e tras atopar información en Internet sobre o turismo rural en Galicia, á Casa Grande de Lanzós e a Carlos Valcárcel, un nome que evoca de súpeto moitas lembranzas do pasado asociadas á súa adolescencia na Coruña, onde viviu despois de se trasladar alí coa súa familia dende Pontedeume, o seu lugar de nacemento.
Este tempo de adolescencia vén marcado polo seu paso polo instituto e polo seu namoramento do seu profesor de Historia, precisamente Carlos Valcárcel. Un novo traslado do seu pai afastouna da Coruña e tamén de Carlos. De aí que Lanzós supoña para Laura, ademais do reencontro con Galicia, a posibilidade de retomar o contacto con Carlos e de lograr o acougo consigo mesma rodeada da natureza, tras tantos anos de vida na cidade. Pero tamén supón o encontro coas supersticións rurais da man de Moncho, o caseiro da casa rural, que xorden pola súa aparencia atractiva e pola cor roxa do seu pelo, e xiran ao redor da idea da existencia da porta do inferno nos montes de San Simón, onde, segundo as crenzas populares, dorme a Gran Besta que Laura podería espertar coa súa presenza.
Trala primeira semente do medo, Laura volve a Madrid e descobre o contraste entre a paz e o illamento da casa rural e a animación da cidade e das súas rúas no Nadal. Alí rompe definitivamente con Miguel e volve a Lanzós, onde continúan as súas teimas ata chegar a unha neurose obsesiva que supón o clímax do relato, marcado por un aumento da tensión narrativa e a presenza de elementos asociados ao terror. O doutor Moldes, trala lectura da historia de Laura, intenta seguir axudándoa e atopar respostas que completen as lagoas do relato. Procurando información, reconstrúe a viaxe da rapaza dende Vilalba á aldea de Lanzós, percorre San Simón e a Cova de Fornos e acode despois a Porto, cidade na que vive Carlos, quen abandonara Lanzós para estar preto de Laura mesmo sen que ela o soubese. Mais, sen querer e dun xeito inexorable, os acontecementos devalan cara ao misterio e Laura desaparece sen que o mesmo doutor Moldes poida atopar unha explicación lóxica.
RESUMO POR CAPÍTULOS
Capítulo 1
Narrador: Víctor Moldes. Decide relatar uns sucesos que leva intentando esquecer e non puido dende hai tres anos, para así liberarse. 12-09-1999, 32 anos: comeza a traballar na Clínica Beira Verde, centro psiquiátrico no Baixo Miño. Dende pequeño gustáballe a psiquiatría (lera libros). Excelentes notas e resultados na Universidade; clínica con boa reputación, situación e instalacións, con dous famosos especialistas a cargo. Montenegro contrátano non por currículo ou notas, senón por interese e paixón pola profesión. Doutor Moldes agradado. Chegan ao corredor escuro, blindado, con muros e celas. Montenegro di: pensadas para albergar enfermos violentos ou con tendencias suicidas; todas valeiras menos unha: Laura Novo, 31, guapa, pelo roxo, tres meses sen progresos. Só escribe o seu nome en folios (con cámaras). Os seus ollos expresan desacougo e angustia. El interesease; Montenegro di: benvido á clínica, esta é a súa primeira paciente.
Capítulo 2
Estando o doutor a admirar a habitación e as vistas, chega o historial de Laura Novo: biografía, documentos complementarios, datos de evolución e un libro escrito por ela (sorpréndese). Biografía: naceu en Pontedeume, 1968; pais e irmán; de moza viviu en Coruña e despois en Madrid. Licenciada en Periodismo e Ciencias Sociais. Moitos traballos de certa importancia, algúns libros sen moito éxito. Vivía soa. O pai e o irmán afástanse; a nai falece. Hai un ano volveu a Galicia sen explicación. Accidente: un raio caeu cerca e causoulle un shock; no hospital diagnosticáronlle as primeiras anomalías psíquicas (angustia). A última parte do expediente é moi escasa. Non cadraba o do raio e el seña a Montenegro; este opina que se dixo iso para disimular, porque non saben o que lle pasa dende que chegou a Galicia.
Capítulo 3
Le os relatos de Laura, bastante frouxos; pero desde o punto de vista clínico moi útiles. Laura falaba do poder dos libros e da literatura. Montenegro/internacional? (nota clínica). O doutor inventa unha terapia nova: vai á cela de Laura e mentres ela escribe el le sen parar. De cando en vez, ela ten espasmos, crises de ausencia, e logo segue a escribir. Así tres días; ao cuarto comeza a reaccionar. Ao día seguinte leva libros dos irmáns Grimm e outros contos fantásticos (que espertan ganas de vivir) e le en voz alta. Ela escoita. Pouco a pouco colle confianza e senta cerca del. Entón el comeza a ler novelas en vez de contos (A illa do Tesouro, Gabriel García Márquez...); un día, sen parar de ler, van ao xardín das buganvíleas; ela aflora a súa melloría, aínda que aínda ten algunha crise. Le unha novela que fala da historia de amor dun escritor; ela derrama bágoas e di: "tamén eu escribía" (primeiro indicio), e bótase a correr cara á cela.
Capítulo 4
Laura vixíase constantemente, pero agora en habitación máis humana. Xa fala co doutor cando este lle está a ler, pero con monosílabos e frases curtas; a veces conversan; ela colle confianza. Dille que non se lembra do que aconteceu desde que chegou a Galicia. Tampouco lembraba os soños, só pesadelos; o doutor quere investigar: ela descrebe un pasadizo sen fin, ao fondo unha luz fosforescente, quedaba cravada ao chan, con medo a seguir; a luz fosforescente medraba e iso causáballe pánico e berros (sintomatoloxía típica). Deciden, en vez de ir aos xardíns, viaxar pola contorna do Baixo Miño ou ata Portugal. Un día en Caminha (P), mentres comen, outra crise: rostro de terror e desmaia. Logo non recorda nada. Outro día, en Santa Tegra, van ao museo arqueolóxico; ela regálaelle un colgante que lle pide que leve sempre. Contemplando unha laxe, pega un berro e escapa; a atopan, pero durante tres días non fala. Ao terceiro volve a falar con moita naturalidade. Van ao pavillón das buganvíleas e conta como vai recordando eventos, aínda que non os pode expresar. Deciden que o escriba; ela, primeiro, teme recordar; logo acepta.
Capítulo 5
Narradora: Laura. Conta o que lle aconteceu para abandonar Madrid e vir a Galicia. Temor a iniciar o relato. Verán de 1998: pasan o verán no chalé de Marbella dos pais de Miguel (noivo dende hai dous anos). Vacacións horribles. Profesionalmente: critica ao ministro de Cultura, polo que ten poucas posibilidades e acaba despedida. Primeira idea de marchar de Madrid. Atopa en Internet casas de turismo rural en Galicia; atráelle a idea e decide por unha que responde ao nome de Carlos Valcárcel, o seu amor adolescente. Envía un e-mail e pregunta por Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, para confirmar se é o seu Carlos V. Responden: hai un exemplar na biblioteca persoal, non na pública. "Coñecín a unha L. N. á que tamén lle gustaba. É vostede?" Entón reserva e despídese de Miguel sen dar explicacións.
Capítulo 6
Viaxe a Galicia longa; xantan en Ponferrada. Admira a paisaxe, sente tranquilidade. Conta a historia de Carlos: ela, aos 16, estudou bacharelato; chega un profesor novo de Historia Contemporánea (C), 30 anos, alto, delgado, gafas que lle daban aire intelectual. As súas clases son amenas; Laura namórase del; é boa estudiante. El dálle a ler Arnoia, Arnoia. Ela devólveo con nota dentro, un poema de amor por Pablo Neruda. Non hai reacción por parte del. Ao rematar o curso, avisan que se mudan a Madrid; ela queda triste por Carlos. Co tempo cre que o superou, pero non é así. Chega á Casa Grande de Lanzós, en Vilalba: preciosa; ela moi ilusionada.
Capítulo 7
Carlos ergueuse para saudala, amable, actúa de anfitrión. A conduce ao seu cuarto, todo preparado: Internet, mesa de traballo, todo perfecto, pois é a súa invitada. Laura moi contenta baixa para cear con Carlos. Na cea falan do que lles aconteceu a cada un dende o verán do 83. Ela cóntalle o ascenso do seu pai, a universidade, os traballos, o divorcio dos seus pais, a morte da nai, o distanciamento do irmán e de Miguel. El pide que lle conte dende que marchou aos 17 e de quen non se puido namorar: moitas indirectas. El explica: o seu estilo non encaixaba co do profesorado e recibira queixas pola súa orientación á política, aínda que gustaba aos alumnos. No 88 morre o seu pai e a súa tía (a súa segunda nai). Herda da familia paterna moitas terras; viaxa durante dous anos e decide volver a Galicia definitivamente, á Casa Grande onde pasara os veráns coa nai, que morrera nun accidente cando el tiña quince anos. Repara a casa e convértese nun establecemento de turismo rural inaugurado no 93. Traballan alí Moncho, María e a súa filla, e outras tres persoas. Negocio rentable. Dan unha volta e falan da vida sentimental de Carlos: casado e divorciado, sen fillos; boa amizade con ela. Laura vai durmir feliz.
Capítulo 8
Pásao moi ben na Casa Grande. Todos os días fan excursións con Carlos. Dois matrimonios habituais —un de Lugo e outro de Vigo— son encantadores, con fillos que dan alegría ao lugar. Todo o persoal amabilísimo con ela, salvo Moncho; ela sorpréndese e intenta indagar. Pregunta a Carlos. Él conta que é por unha lenda popular: ao seren unha muller fermosa e de pelo vermello/púrpura, pode espertar á Gran Besta (o demo), e unha das portas do inferno está nos montes de San Simón, onde estiveran de excursión. Carlos ten medo. Laura di que intentará esquecelo, pero agora sabe que estaba equivocada.
Capítulo 9
Carlos marcha e Laura pasa un día soa. Traballa un pouco e vai visitar San Simón co can de Carlos: Dédalo. Atopa unha cova; entran e seguen ata que a luz desaparece e o can comeza a ladrar. Dédalo salva a súa vida ao alertala dun pozo moi profundo. Volve e pensa que non foi importante. A partir dese día vólvese paranoica; pensa que a seguen e a observan, sobre todo cando está soa. Carlos saca unhas fotos dela e, detrás, na paisaxe, saen sombras. Ela vense a elas; aparece Moncho, que cree que é a Gran Besta, e coméntallo a Carlos.
Capítulo 10
Dille que lle custa continuar escribindo, porque os sucesos foron moi horribles. Pouco a pouco volveuse máis paranoica. Esa sensación medra; refúxiase na súa tese e busca sempre compañía. Comeza a ter pesadelos dun temor que se apodera dela: non pode mover os pés e ata berra. Moncho segue sendo antipático e lanza indirectas. Todo parece mellorar a finais de novembro cando... unha noite espertan por ladridos e alguén aulle. Baixan: Carlos sae a ver, e Laura alumea coa lanterna. Atopan a Dédalo morto. Pasan a noite en vela. Ao día seguinte veñen Moncho e María; enterran ao can no horto. Xurdiron varias hipóteses: Carlos pensa nun xabaril; María apunta a lobos; Moncho bótalle a culpa a Laura. Ela pensa que debería esquecer o sucedido, pero decátase de que debería ter feito caso do sinal e marchado da Casa Grande.
Capítulo 11
Segue escribindo porque o doutor así lle pide, pero se fose por ela pararía. Fai cada vez máis preguntas e, inconscientemente, relaciona o can cos mitos. Na ponte de decembro volven as familias habituais. Entre elas hai unha que ten unha filla de 16 anos: Iria, que admira a Laura e quere ser periodista; ata tinguiu o pelo de vermello. Un día sae en bicicleta; ás sete comezan a preocuparse e parten na súa procura. Atópana medio desfalecida, con feridas de arma branca nas costas (Laura aterrorízase e relaciona isto co do can, aínda que esta vez non foi un xabaril). Todos están moi preocupados; despois da operación, o médico di que escapou dunha morte segura. Na habitación de Laura aparece unha nota por debaixo da porta: "Iria foi un erro; a que buscaban eras ti. Fuxe!" Ao día seguinte, baixa e están alí policías e investigadores. Laura decide fuxir da Casa Grande; di a Carlos que é só por Nadal.
Capítulo 12
En Madrid fala con Miguel e córta con el definitivamente, o que supón un alivio. Carlos mándalle un correo no que lle conta o que realmente aconteceu a Iria: volvía por un atallo cando foi atacada por detrás; o único que viu foi unha sombra negra con ollos cheos de malicia. Detiveron a un home novo en liberdade condicional sen coartada, estaba no sitio equivocado no momento equivocado, e negou a súa participación. Carlos comprende que Laura marchou polos pesadelos e trávao a comprender; intenta tranquilizala e facer que volva. Dille que a nota anónima foi posta por Moncho e que pediu perdón. Laura recibe unha carta de Carlos acompañada dun poema de Fernando Pessoa: é unha carta de amor ("ridícula porque todas o son"). Nesa mesma semana¿ponse en camiño cara a Lanzós (finais de xaneiro).
Capítulo 13
O reencontro foi magnífico; Laura pasou as mellores semanas da súa vida (febreiro e marzo). Exteriormente gardaban as formas, pero era evidente a intensidade do sentimento. Isto inspíralla na súa tese. Moncho segue coa mesma actitude; Laura ignórao. Xa non ten pesadelos nin a sensación de ser observada. Un día Carlos sae de caza; Laura dálle un foulard para que a protexa e o recorde. Volve tarde e sen o foulard; Laura enfádase. El promete mercar outro; ela non lle dá moita importancia, pero esa noite despiértase berrando e suando.
Capítulo 14
Volve a sensación de vixianza. Carlos apoia e anima a Laura; en maio, cando o tempo mellora e a Casa enche de xente, ela tamén mellora (a relación empeza a deteriorarse). Despois da ponte do 1 de maio, a Casa queda baleira. Laura sae a pasear e a ler un libro no monte; de súpeto lévase unha tormenta. Chega tarde a unha corredoirade e, polo medo, bota a correr; ao mirar atrás identifica unha gran masa negra viscosa que avanza cara ela. Bota a correr polo campo; tropeza; a masa comeza a coller forma e entón cae sobre ela un raio. Desmáia. No hospital os médicos din que foi moi estraño que o raio non caese sobre ela; é o único que lembra, pois a partir de aí hai un baleiro na súa memoria. Está contenta de ter rematado o relato e espera recuperarse.
Capítulo 15
Narrador: Víctor. Os escritos de Laura provocan desconcerto. Pensa que algúns sucesos son reais e outros ficticios, e decide ir a Lugo para confirmar se existían os técnicos do museo e a súa filla Iria. As sospeitas confírmase; decide visitar a Casa Grande. Polo camiño pregunta á xente e unha muller díxolle que xa ninguén vive alí desde hai un ano. Tras confirmar que a casa está abandonada vai a San Simón e entra na cova do pozo tras destapala. Cree que a gruta serve para xabarís polo fedor e as respiracións axitadas como de animal. Sente medo e, cando da a volta, o colgante de Santa Tegra que lle regalara Laura cae polo pozo. Non lle dá moita importancia e volve para a clínica.
Capítulo 16
Despois desta viaxe Laura empeora ata o fondo. Volven os pesadelos, a sensación de que a observan, dificultade de concentración e está atrapada no seu mundo de sombras e fantasmas. Ata intenta fuxir; ninguén sabe que facer. Entón Víctor decide ir visitar a Carlos, a última peza do puzle (el estivera a pagar a estancia de Laura na clínica e, pola conta bancaria, descubren onde vive: Portugal). Carlos acepta a visita, visiblemente desmellorado polos anos. Víctor non pode resistir pensar que Carlos é o único obstáculo entre el e Laura. Carlos conta que levou a Laura ao hospital e despois á mellor clínica e que queimou todos os obxectos que ela deixara na Casa Grande e pechou a vivenda. Dille que o queimou todo para que Laura puidese estar a salvo... da Gran Besta!
Capítulo 17
Víctor non lle cre e os dous enfrascanse nunha discusión intelectual: Carlos di que hai un tempo non o crería, mais agora está seguro. Víctor afirma que todo é unha neurose, algo irreal; fala de Jung e Freud. Procura convencelo, pero Carlos non quere escoitar. Entón conta: a Gran Besta foi espertada hai case un ano e, segundo a lenda, ese é o tempo que tarda entre atacarnos e volver durmir ata que alguén a volva espertar. Dende o primeiro ataque —Dédalo— xa hai case un ano, así que Laura está en perigo. Víctor pensa que quizais cando foi á cova deixou pegadas que permiten á besta chegar ata a clínica. Despídese e volve correndo, atopándose nun atasco.
Capítulo 18
Cando chega á clínica é demasiado tarde. O doutor Montenegro conta que Laura escapara durante un apagón causado por un raio, posiblemente coa axuda de alguén de fóra, pois a cerradura da galería fora manipulada dende o exterior. Montenegro pensa en Carlos Valcárcel. Víctor corre á habitación de Laura. Montenegro faino coincide coas sospeitas sobre Carlos e engádelle que non o atopou en Portugal, pero a realidade é outra: ve a porta marcada con restos de garras e un fedor nauseabundo que lembra da cova; na habitación hai pegadas de besta que limpa. Entón comprende que é tarde e que nunca volverá ver a Laura. O que confirma todo é o colgante celta que atopa no cuarto e que caera na cova. Durante estes tres anos intentara ocultar esta realidade para que a xente vivise tranquila; abandona a psiquiatría, atormentado, e ata pensa en suicidarse. Agora pensa que xa está preparado e por iso escribiu este libro.
Datos da obra e información complementaria
1- TÍTULO: Aire negro
2- AUTOR: Agustín Fernández Paz
4- BIOGRAFÍA BREVE DO AUTOR: Agustín Fernández Paz naceu no ano 1947 en Vilalba. Ademais de escritor, foi profesor de Lingua Galega e é quizá un dos autores máis premiados neste idioma. Escribiu tamén obras xuvenís como Corredores de sombra, Cartas de inverno e Noite de voraces sombras.
5- XÉNERO AO QUE PERTENCE A OBRA: misterio e terror
6- TEMA: Trata dunha persoa con perturbación mental que escribe compulsivamente o seu nome e do proceso polo que vai recuperando recordos e conciencia.
7- ARGUMENTO: O doutor Víctor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde. O seu primeiro caso é Laura Novo, unha muller que pasa as horas nunha cela escribindo o seu nome en folios. A través de lecturas en voz alta, o doutor gaña a súa confianza e suxírelle que escriba as súas lembranzas. Grazas a isto coñecemos os recordos de Laura —dende a adolescencia ao accidente no que un raio caeu cerca dela— e como a cor roxa do seu pelo e a súa fermosura desencadean a atención da lenda da Gran Besta. Deste modo, Víctor e Laura sofren graves consecuencias que marcan as súas vidas.
Personaxes principais
LAURA NOVO
Enferma mental que padece neurosis. É unha muller de trinta e un anos cun aspecto físico no que destaca o seu pelo intensamente roxo. Coñecémola na cela dun psiquiátrico, sentada e debruzada sobre a súa escrita. Laura atópase perdida e desconectada da realidade; segundo os informes médicos, a causa foi o shock provocado pola caída dun raio. Mais algo nos seus ollos revela que algo aterrador lle sucedeu e, pouco a pouco e coa axuda do doutor Moldes, logrará abrir a súa mente e relatar por escrito os feitos que a conduciron ao seu estado actual. Nada parece poder afastala da chamada dunha dimensión misteriosa e descoñecida, e finalmente desaparecerá sen que ninguén poida dar explicación lóxica do sucedido. É a protagonista.
DOCTOR VÍCTOR MOLDES
Psiquiatra novo e brillante que consegue un posto na prestixiosa Clínica Beira Verde. Alí terá como primeira paciente a Laura Novo, un caso difícil no que se volca profesionalmente agardando obter resultados. A súa conexión coa rapaza é inmediata: a mirada de intenso desacougo e angustia de Laura impacta en Víctor. Imponse como obxectivo achegarse á súa paciente e unha terapia innovadora baseada na literatura dará froitos. Mais a súa implicación cada vez maior terá como consecuencia, sen selo, o avance dos feitos cara a un destino do que Laura parece non poder escapar e a caída das súas conviccións científicas ante a ausencia de explicacións lóxicas; a sensación de desacougo permanecerá con el mentres viva. É o coprotagonista.
DOCTOR MONTENEGRO
Director do centro psiquiátrico Beira Verde e prestixioso profesional —no texto aparece como referencia de autoridade do centro—. Xoga un papel discreto pero decisivo na conduta do caso.
CARLOS VALCÁRCEL
Coñecémolo primeiro a través do relato de Laura: foi o seu profesor de Historia no instituto e o seu amor adolescente. Retoma a relación con ela cando a aloxa na súa casa rural, que se converte nun pequeno paraíso de paz, amor e illamento, interrompido polas crenzas populares que xiran ao redor de Moncho. Máis adiante, coñecemos a versión de Carlos nunha visita de Víctor a Porto: queimou as pertenzas de Laura e pechou a casa rural coa intención de borrar pistas e protexela da Gran Besta. Tras un inicial descrédito das lendas, acaba por crer nunha realidade terrible que ameaza a existencia de Laura.
MONCHO
Encargado do mantemento da Casa Grande. É o único que se da conta —ou afirma facelo— de que Laura espertara á Gran Besta; é receloso e transmitindo as supersticións rurais incrementa a tensión no relato.
MARÍA E GLORIA
Muller e filla de Moncho.
DÉDALO
Can de Carlos. Salva a vida de Laura ao advertirlle do pozo; será tamén a súa primeira vítima.
XARO E SEBASTIÁN
Parella habitual da Casa Grande; traballan no museo e elaboran un libro sobre mitos e monstros de Galicia. Teñen unha filla chamada Iria.
IRIA
Filla de Xaro e Sebastián; admiradora de Laura, imíta a súa apariencia e tiñe o cabelo de roxo. Comete o erro de facelo e é atacada pola Gran Besta.
GRAN BESTA
Besta lexendaria que habita nun mundo inferior e que, segundo a lenda, é creadora de certos males. Adoita subir á superficie por razóns moi importantes, como a presenza dunha rapaza atractiva de pelo roxo. É a antagonista central do relato e representa a ameaza imposible de combater.
Lugar e tempo
9- LUGAR: Esta novela xuvenil sitúase en Galicia, con escenas centrais nunha casa rural (Casa Grande de Lanzós) e nunha clínica psiquiátrica (Beira Verde).
10- O TEMPO: A acción transcorre en tempos contemporáneos; a historia narrada abarca uns tres anos desde o inicio ata a confesión do doutor Moldes, aínda que os sucesos directos de Laura ocorren en torno a cinco meses.
¿É o mesmo tempo da narración que o da historia, ou a narración é posterior aos feitos que conta? A narración é posterior aos feitos: trátase de dúas confesións —primeiro a do doutor Moldes e, despois, a de Laura— que se cruzan e se complementan.
¿Que tipo de narrador conta a obra? A obra está narrada en primeira persoa por personaxes: primeiro polo doutor Moldes, logo por Laura e finalmente volve Moldes; non é un narrador omnisciente exterior.
División en presentación, nudo e desenlace
- Introdución: capítulos 1 ao 4
- Nudo: capítulos 5 ao 15
- Desenlace: capítulos 16 ao 18
Estilo e temas
11- Tipo de linguaxe que utiliza o autor: Emprega unha linguaxe en ocasións culta e noutras próxima e urbana; combina descricións poéticas coa precisión clínica e a oralidade das supersticións populares.
12- O poder da literatura: A obra mostra o poder da literatura para facer vivir outras vidas e para axudar a escapar da propia existencia en momentos difíciles. O doutor Moldes emprega unha terapia novidosa baseada na lectura: desfilan obras de autores como os irmáns Grimm, Jack London, Rudyard Kipling, Álvaro Cunqueiro, Roald Dahl, Julio Cortázar, Robert Louis Stevenson, Gabriel García Márquez, Dostoievski, José Saramago ou Paul Auster, entre outros.
A importancia de valores: A curiosidade intelectual, a apertura a coñecementos alleos e o valor da intuición para interpretar feitos que escapan á razón son algúns dos valores presentes no relato.
A diferenza entre a vida na cidade e a vida rural: A novela contrapón o reencontro coa natureza e a integración coa paisaxe fronte á cultura urbana e ás supersticións rurais ancestrais.
Outros apartados do documento
13- Que outro final lle darías? A autora do comentario suxire un final menos inquietante, por exemplo que Laura e Víctor se namorasen ou que Carlos a recollese logo de falar co doutor; en calquera caso, son propostas de reescritura do desenlace.
14- Opinión: Pareceume moi interesante e intrigante; creo que gustará a persoas curiosas, mesmo a quen non acostuma a ler.
Documento revisado e corrixido mantendo a totalidade do contido orixinal; axustes ortográficos, gramaticais e de estilo para mellorar a lectura e a coherencia, sen eliminar información. Destinouse tamén a optimizar a estrutura con encabezados e seccións para mellor accesibilidade e SEO.