Aglomeracións Urbanas e Problemas nas Cidades Españolas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,41 KB
As Aglomeracións Urbanas
Algunhas cidades creceron ata conectar con outros núcleos de poboación, o que crea aglomeracións. A área metropolitana é unha aglomeración urbana formada por unha cidade principal e por varios municipios do seu contorno que manteñen relacións socioeconómicas.
Características das Áreas Metropolitanas
- Están presididas por unha cidade principal.
- Entre a cidade central e os núcleos das áreas establécense relacións económicas e sociais.
- A cidade principal proporciona empregos.
- A rede de transportes e comunicacións é esencial para garantir as relacións coa cidade central.
- Socialmente, os municipios das áreas mostran un estilo de vida urbano cun predominio da poboación nova.
Orixe e Evolución das Áreas Metropolitanas Españolas
A orixe e evolución das áreas metropolitanas españolas ten varias etapas:
- Etapa industrial: Créanse as principais áreas españolas como Madrid, Barcelona e Bilbao, e integraron administrativamente municipios rurais próximos.
- Etapa postindustrial (iniciada no 75): Desde ese ano ata mediados dos 90, a crise económica provoca un estancamento ou o retroceso demográfico das áreas metropolitanas.
- Desde mediados dos 90: As áreas metropolitanas recuperan o seu crecemento debido ao incremento da inmigración estranxeira.
Outros Tipos de Aglomeracións Urbanas
- Conurbación: É unha aglomeración urbana continuada formada a partir do crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata unirse. En España, a maioría débense ao turismo.
- Rexión urbana: É discontinua e integrada por cidades dispersas pero o suficientemente densa como para que todo o territorio posúa características urbanas.
- Megalópole: É unha aglomeración urbana de extensión suprarrexional e está constituída por diversos elementos urbanos con distintas funcións.
Os Problemas das Cidades Españolas
As cidades españolas, e especialmente as aglomeracións urbanas, presentan numerosos problemas. A súa solución correspóndelle á política urbanística, que é competencia de cada concello.
Problemas Derivados da Aglomeración e Difusión Urbanística
- Densificación demográfica e construtiva.
- Presión urbana sobre o espazo non urbanizado.
- Elevado prezo de compra ou alugueiro de vivendas.
- Necesidade de numerosos abastecementos e equipamentos.
- Ordenación do tráfico e o transporte.
Problemas Económicos
Os problemas económicos débense á excesiva terciarización das actividades urbanas, polo que se fomenta a súa diversificación. Os seus obxectivos son evitar ou atrasar a desaparición das actividades agrarias do contorno urbano e promover ou reavilitar a industria.
Problemas Sociais
Os problemas sociais inclúen o estrés, o illamento, o amoreamento, a delincuencia e a marxinación social. Contra estes problemas lévase a cabo campañas de prevención dirixidas especialmente á xuventude.
Problemas Ambientais
Os problemas ambientais son a contaminación atmosférica, o alto nivel de ruído, a produción e eliminación de residuos e a desaparición de espazos verdes, así como a existencia dun microclima urbano.