Aforismos Latinos e Toponimia Galega: Orixe e Significado

Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,3 KB

Locucións Latinas e Topónimos de Galicia

Aforismos Latinos (48-76): Significado e Uso

  1. 48. Grosso modo: “De maneira grosa”. Aproximadamente.
  2. 49. Habeas corpus: “Teñas o corpo”. Dereito de todo cidadán detido ou preso de comparecer inmediatamente ante un xuíz ou tribunal, para que, oíndoo, resolva se o seu arresto é legal ou non.
  3. 50. Habent sua fata libelli: “Teñen o seu destino os libros”. Frase que alude á importancia da persoa que le na interpretación das obras literarias.
  4. 51. Hic et nunc: "Aquí e agora". Emprégase para resaltar que hai que ter en conta que se está no momento presente.
  5. 52. Homo homini lupus: “O home é un lobo para o home".
  6. 53. Homo sapiens: Ser humano sabio, racional.
  7. 54. Hora est iam de somno surgere: É hora xa de espertar do sono. É dicir, volvamos á realidade.
  8. 55. Horror vacui: Horror ao espazo baleiro. Esta expresión utilízase sobre todo en historia da arte.
  9. 56. Ibidem: Alí mesmo. Emprégase xeralmente nas notas que se poñen nos escritos para non ter que repetir todas as indicacións.
  10. 57. Idem: O mesmo.
  11. 58. Id est: Isto é, é dicir.
  12. 59. Imprimatur/ imprimi potest: “Que se imprima”.
  13. 60. In absentia: “En ausencia”. Na linguaxe do Dereito, este aforismo refírese a que pode levarse a cabo un xuízo aínda que a persoa acusada non se presente.
  14. 61. In aeternum: “Para a eternidade”. “Para sempre”.
  15. 61. In albis: "En branco". Emprégase para significar que non se entende nada de determinado asunto.
  16. 62. In articulo mortis: "No momento da morte", "No último momento". Utilízase o aforismo para referirse ás últimas vontades antes de morrer.
  17. 63. In dubio pro reo: "No caso de dúbida a favor do reo". Trátase dun principio xurídico.
  18. 64. In extremis: “No último momento”. En determinados contextos pode equivaler a in articulo mortis.
  19. 65. In flagranti (delicto): “En flagrante delito”. Ambas expresións indican o delito que se está cometendo ou se acaba de cometer e tamén o delincuente que é sorprendido no momento ou inmediatamente despois da infracción.
  20. 66. In illo tempore: “Naquel tempo”. Úsase co sentido de “noutros tempos, hai moito tempo“.
  21. 67. In itinere: “No camiño”. No dereito laboral, chámase accidente in itinere ao accidente que ten lugar cando o traballador/a se está a desprazar desde a súa casa ao traballo e ao revés.
  22. 68. In medio virtus: “A virtude está no medio”.
  23. 69. In memoriam: “En memoria, en recordo”, aludindo a unha persoa xa falecida.
  24. 73. In pectore: “No peito, no corazón”. Utilízase nun nomeamento para un cargo.
  25. 74. In saecula saeculorum: “Polos séculos dos séculos”. Para sempre.
  26. 75. In situ: “No lugar”. No lugar exacto.
  27. 76. Intelligentibus pauca: “Para os intelixentes, poucas palabras fan falta”.

Toponimia Galega: Orixe e Etimoloxía

  1. A Coruña: Para algúns, o topónimo é de orixe romana. Procede de Acruniam, que significaría península. Debido a unha mala interpretación, considerouse un falso artigo e de aí A Crunia (A Coruña). Outra explicación considera que probablemente procede do topónimo de raíz celta Cluniam. Esta explicación apóiase na existencia hoxe de Coruña del Conde (Burgos), a cidade romana de Clunia Sulpicia. Hai quen explica este topónimo a partir da raíz prerromana Cor-/Car- que significa “pedra, rocha”.
  2. Aciveiro: O Ilex aquifolium (esixe unha variante latina con aci- como primeiro elemento, acicŭla/acucŭla) recibe en galego as denominacións de acevo, acivo, acevro, acivro e outras formas derivadas. En castelán é acebo. Os derivados mediante o sufixo -ariu poden ter valor colectivo. Pode confluír na toponimia con zootopónimos derivados de *eciferu (< equu feru), cf. infra Cebreiro.
  3. A Estrada: De (viam) stratam, nome alusivo aos diferentes “estratos, ou niveis” con que os soldados romanos construían as vías (cf. inglés street e alemán strasse).
  4. Armenteira: De armentariam e este de armentum (“grea” ou “rabaño de gando maior”).
  5. Astorga: De Asturicam Augustam. Asturica era o nome da antiga capital dos astures. Augusta débese ao emperador Octavio Augusto. A cidade nace como campamento romano da Legio X Gemina a finais do I a.C.
  6. Bembibre: Hai quen considera que este topónimo ten unha orixe prerromana, Paemeiobris (“fortaleza entre ríos”). Outra explicación defende que deriva de Bene vivere (“ben vivir”), expresión latina medieval (cf. o documento de 1179 relativo á parroquia viguesa de Bembribe) que faría referencia á “bondade do terreo”.
  7. Bierzo: A orixe deste topónimo é prerromana. Procede de Bergidum, posiblemente do celta berg (“montaña”). A diptongación do e breve tónico é un proceso estraño en galego e próximo ao astur-leonés.
  8. Bonaval: Procede de bonam vallem (“val bo”).
  9. Braga: Procede do topónimo prerromano Bracara. O topónimo ten que ver cos Bracari, a tribo celta que habitaba esas terras. O lugar foi chamado despois das guerras cántabras Bracara Augusta.

Entradas relacionadas: