Aforismos latinos: orixe, significado e uso

Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,32 KB

Aforismos latinos: orixe, significado e uso

Lista de aforismos latinos

  1. A posteriori

    Posterior a. Referímonos ao que se coñece despois de analizar un asunto.

  2. A priori

    Previo a. Utilizamos este aforismo para referirnos ao que se valora antes de analizalo.

  3. Ab aeterno

    Desde moi antigo, desde a eternidade.

  4. Ad hoc

    Literalmente significa "para isto". Utilizamos esta expresión para referirnos a aquilo que se fai cun fin determinado, axeitado, apropiado.

  5. Ad Kalendas Graecas

    Literalmente significa "para as Calendas gregas". Como os gregos carecían de calendas, cando usamos esta expresión, referímonos a unha data que nunca vai ser, unha data imposible.

  6. Ad libitum (ad lib)

    Literalmente significa "á vontade", "a pracer", é dicir, como guste. Na linguaxe musical esta expresión é moi utilizada. Indica que o intérprete pode executar a peza no ritmo que lle guste.

  7. Addenda et corrigenda

    Literalmente significa "o que hai que engadir e corrixir".

  8. Ad multos annos

    Por moitos anos, que dure moitos anos.

  9. Alea iacta est

    “A sorte está botada”.

  10. Alma mater

    O adxectivo latino almus,-a,-um quere dicir que alimenta, nutricio. Así pois, a expresión alma mater significa literalmente "nai nutricia, nai que alimenta".

  11. Ante meridiem

    Antes do mediodía.

  12. Ave Caesar, morituri te salutant!

    Ave César, os que van morrer, te saudan! Trátase da fórmula coa que os gladiadores saudaban ao emperador antes de loitar.

  13. Bis

    Dúas veces. Usámolo, por exemplo, cando o público pide a un artista que volva ao escenario para interpretar de novo.

  14. Bona fide

    De boa fe, con boa intención. Trátase dunha expresión propia da linguaxe xurídica.

  15. Calamo currente

    Literalmente significa "ao correr a pluma". É dicir, sen pensalo moito, de súpeto.

  16. Carnes tollendas

    Trátase da versión abreviada da expresión Dominica ante carnes tollendas que significa Domingo antes de que as carnes deban suprimirse. Con dita expresión faise referencia ao Domingo antes do inicio da Cuaresma, tempo no que se establecía o auxe.

  17. Carpe diem

    Aproveita o presente.

  18. Casus belli

    “Causa de guerra”. Motivo polo que empeza unha guerra ou un conflito.

  19. Cave canem

    “Coidado co can”. Inscrición na entrada de moitas casas romanas, gravada nun mosaico cun can atado por unha cadea.

  20. Cogito, ergo sum

    “Penso, logo existo”.

  21. Conditio sine qua non

    Condición sen a cal non… é dicir, condición necesaria, indispensable.

  22. Contra naturam

    Contra a natureza, contranatural.

  23. Corpore insepulto

    Co corpo sen sepultar. Dícese do funeral que se celebra cando o corpo aínda non foi enterrado.

  24. Corpus delicti

    Corpo do delito, é dicir, o obxecto ou elemento que proba que houbo delito. Trátase dunha expresión propia da linguaxe xurídica.

  25. Curriculum vitae

    “Carreira da vida”.

  26. Cursus honorum

    “Carreira dos honores”. Sucesión das maxistraturas que constituían a carreira política dun romano.

  27. De facto

    De feito. Refírese ás situacións que teñen lugar pola forza que otorgan os feitos sen que se adoiten as normas xurídicas vixentes. Opónse a de iure.

  28. De incognito

    Sen ser recoñecido, que pasa desapercibido.

  29. De iure

    De lei, lexitimidade que otorga a lei. Oposto a de facto.

  30. Deo volente

    Queréndoo Deus, se Deus quere.

  31. Do ut des

    Dou para que deas. Trátase dun precepto propio do Dereito Romano.

  32. Doctor honoris causa

    “Doctor por causa da súa honra”. Título ou distinción que se dá en atención a grandes méritos do interesado. É unha distinción que concede a Universidade.

  33. Dura lex sed lex

    “A lei é dura pero é lei”. A lei, aínda que sexa dura, hai que cumprila.

  34. Ecce homo

    “He aquí o home”. Son as palabras que dixo Poncio Pilato sinalando a Cristo ante os xudeus.

  35. Editio princeps

    Edición príncipe, a primeira edición impresa dunha obra.

  36. Errare humanum est

    Errar é humano. A frase completa é: errare humanum est, sed perseverare diabolicum.

  37. Et cetera (etc.)

    E o resto. Úsase nas enumeracións sen fin.

  38. Ex aequo

    Con igual mérito, do mesmo rango. Adoita empregarse en concursos e competicións deportivas para cualificar a dous concursantes que obteñen o mesmo premio por ter acadado a mesma puntuación.

  39. Ex iure

    De dereito ou axustado a el, por xustiza, legalmente. Oposto a de facto.

  40. Ex libris

    Etiqueta ou selo gravado que se estampa no reverso da tapa dos libros, na cal consta o nome do dono ou da biblioteca á que pertence o libro.

  41. Ex professo

    De acordo coa súa propia declaración, intencionadamente, expresamente, con pleno coñecemento.

  42. Exempli gratia (e.g.)

    Por graza do exemplo, por exemplo.

  43. Extra muros

    “Fóra das murallas”. Pode referirse aos muros dunha cidade, templo, castelo, etc.

  44. Facta, non verba

    Feitos, non palabras.

  45. Fiat lux!

    Que se faga a luz! A expresión provén do terceiro versículo bíblico do libro do Xénese. Emprégase por mor dun gran descubrimento, que fai que algo pase da noite ao día.

  46. Gratis et amore

    “Desinteresadamente e por amor”. Sen cobrar e con amor.

Entradas relacionadas: