ADN, Proteínas e Biotecnoloxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB

Do ADN ás Proteínas

Xene

Cada fragmento de ADN que contén a información xenética para un determinado carácter. Cada xene contén a información para a síntese dunha proteína e esta determina un carácter.

As Proteínas

Son cadeas formadas pola secuencia de moléculas máis simples, os aminoácidos.

A Información Xenética: Mensaxe Cifrada

A información xenética é unha mensaxe cifrada. A información que contén o ADN ten que ser descodificada mediante a transcrición e a tradución.

Transcrición

Formación dunha molécula de ARN mensaxeiro cuxa secuencia de bases nitroxenadas é complementaria a unha das febras da dobre hélice de ADN.

Tradución

Formación dunha proteína con secuencia de aminoácidos determinada pola secuencia de bases nitroxenadas do ARNm.

Código Xenético

Relación entre a secuencia de nucleótidos do ARNm e a secuencia de aminoácidos da proteína. Determina o aminoácido que lle corresponde a cada tres nucleótidos do ARNm ou codón.

  • 64 posibles codóns, máis ca aminoácidos. Un mesmo aminoácido pode estar codificado por máis dun codón.
  • Algúns codóns non codifican para ningún aminoácido, senón que marcan o final do proceso de tradución.
  • O codón de inicio actúa como sinal para a tradución e codifica para o aminoácido metionina.
  • É universal.

Mutacións

Poden ser desde cambios na secuencia de nucleótidos ata cambios no número de cromosomas. Os seus efectos poden ser negativos, neutros ou beneficiosos. Tipos:

Segundo as células afectadas

  • Somáticas: Afectan calquera célula do individuo, excepto as reprodutoras. Transmítense ás células fillas que se orixinan por mitose.
  • Herdables: Afectan os gametos. Transmítense á descendencia.

Biotecnoloxía

Utilización de sistemas biolóxicos, seres vivos ou os seus derivados na creación ou modificación de produtos ou procesos de interese para as persoas. Utilízase na agricultura e gandería, industria alimentaria e medicina.

Enxeñaría Xenética

Conxunto de técnicas de manipulación de xenes no laboratorio realizadas cun propósito concreto que sexa aproveitable para as persoas.

ADN Recombinante

Utilízase para o desenvolvemento da enxeñaría xenética.

Clonación

Un dos obxectivos da enxeñaría xenética que produce copias idénticas.

Produción de Insulina Humana

  1. Extráese o plásmido das bacterias.
  2. Coas enzimas de restrición córtase o anaco de ADN para fabricar insulina humana.
  3. As enzimas de restrición cortan un lado do plásmido.
  4. O fragmento de ADN con información para fabricar insulina humana únese a ese plásmido cortado, obtendo ADN recombinante.
  5. Vólvese a introducir nunha bacteria o plásmido xa listo para a fabricación da insulina.

Proceso de Clonación

  1. Obtención de células mamarias (células somáticas) da ovella I.
  2. Extracción do óvulo da ovella II e eliminación do núcleo dese óvulo.
  3. Inserción do núcleo da célula mamaria no óvulo.
  4. Desenvolvemento do embrión.
  5. Implantación do embrión no útero da ovella III.
  6. Nacemento do clon.

Entradas relacionadas: