ADN, ARN e Replicación: Guía de Bioloxía Molecular

Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB

Fases da Enxeñaría Xenética

  1. Identifícase e localízase o xene desexado. O ADN doador é sometido a encimas de restrición, que cortan os extremos do fragmento de ADN que nos interesa.
  2. Cos mesmos encimas córtase o plásmido utilizado como vector.
  3. O fragmento de ADN obtido cos encimas de restrición únese ao vector coa axuda dos encimas ADN ligases. Obtense así un fragmento de ADN híbrido ou recombinante.
  4. A molécula de ADN recombinante transfírese a unha célula hóspede.
  5. A molécula de ADN recombinado duplícase na célula hóspede. Cando esta se divide, as células fillas portan o ADN recombinado. Créase así un clon de células que contén o xene procedente doutra célula.

O ADN

Molécula que almacena información xenética.

  • Nas eucariotas encóntrase no núcleo, formando a cromatina condensada, que á súa vez forma cromosomas.
  • Nas procariotas: moitas bacterias teñen cromosomas adicionais, os plásmidos.

Composición Química do ADN

O ADN é un tipo de ácido nucleico, constituído por nucleótidos enlazados entre si, formando polinucleótidos. Destacan o Ácido fosfórico, a base nitroxenada (adenina, timina, guanina e citosina) e a pentosa (desoxirribosa). Os nucleótidos únense entre si mediante un enlace fosfodiéster. Na secuencia está a información para o mantemento e o desenvolvemento da vida.

Estrutura do ADN

Son dúas cadeas antiparalelas. As bases son complementarias (A con T, C con G). As cadeas mantéñense unidas mediante pontes de hidróxeno.

O ARN

Ten como pentosa a ribosa e como base o uracilo (en lugar da timina do ADN). Está formado por unha soa cadea de polinucleótidos, non ten estrutura de dobre hélice definida como o ADN.

  • ARN ribosómico: Forma parte, xunto coas proteínas, dos ribosomas. É o máis abundante.
  • ARN mensaxeiro: Transporta a información do ADN aos ribosomas, para que se fabriquen proteínas.
  • ARN transferente: Únese a aminoácidos específicos que transporta ata os ribosomas. É o máis pequeno.

Replicación do ADN

Cada cadea de ADN fai unha copia de si mesma co fin de poder transmitila a cada unha das células fillas. Prodúcese antes da división celular.

A replicación comeza coa rotura das pontes de hidróxeno. A medida que as dúas cadeas se separan, cada unha actúa de molde para a síntese da complementaria.

Uns encimas específicos van unindo un a un os nucleótidos. A burbulla de replicación é o 'lazo' que se abre cando as dúas cadeas de ADN se separan para sintetizar unha copia de si mesmas. O resultado son dúas moléculas de ADN idénticas.

Este proceso é semiconservativo: cada cadea de ADN serve de molde para a formación dunha nova cadea complementaria.

Entradas relacionadas: