Actividades económicas e sectores en Europa e España

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,73 KB

Actividades económicas

Denominamos actividades económicas ao conxunto de accións realizadas polos seres humanos para satisfacer as súas necesidades mediante a produción e o intercambio de bens e servizos.

As actividades económicas proporcionan traballo ás persoas. Mediante o traballo, as persoas conseguen:

  • O diñeiro.
  • O desenvolvemento das capacidades persoais e profesionais.
  • Sentirse útiles para a sociedade.

Clasificación das actividades económicas

Clasificación das actividades económicas:

  • Produción: permiten a elaboración e fabricación dos bens e a provisión de servizos.
  • Distribución: os produtos distribúense a través da comercialización, que consiste na venda dos bens e servizos no mercado.
  • Consumo: o consumo masivo orixinou o consumismo e denominou a sociedade de consumo.

Sectores de produción

Hai tres sectores de produción:

  • O sector primario.
  • O sector secundario.
  • O sector terciario.

Sector primario en Europa

É a extracción directa de bens da natureza, sen transformacións. Exemplos: agricultura, gandería, silvicultura e pesca.

Agricultura

Os cultivos máis abondantes: cereais, pataca e remolacha. Cultívanse principalmente en Europa Central e Rusia. Na zona mediterránea os principais cultivos son os cereais, a vide e a oliveira.

Gandería

É intensiva no norte e no centro de Europa, con grandes explotacións de gando bovino, ovino e porcino. Nos países mediterráneos predomina a gandería extensiva e críanse gando ovino e bovino.

Pesca

É un sector moi importante para países como Rusia, Noruega, Islandia, Dinamarca, España e Reino Unido. Estes dispoñen dunha importante flota pesqueira industrial.

Silvicultura

A explotación forestal localízase, sobre todo, nos países do norte. A madeira das árbores utilízase para a fabricación de mobles e de papel.

Sector primario en España

No noso país a produción agrícola aumentou grazas a dúas causas principais:

  • As novas tecnoloxías.
  • A mecanización e a fabricación de equipamentos agrícolas.

Segundo as condicións climáticas e o relevo do noso país a agricultura pode ser:

  • Cultivos de secano: trigo, vide, oliveira, cebada, xirasol.
  • Cultivos de regadío: froitas, hortalizas, millo e patacas.

No sur da península, sobre todo en Almería, desenvolveuse unha agricultura intensiva de invernadoiro.

Gandería en España

Destaca a cría de gando bovino, ovino e porcino. Animais de granxa: galiñas, pintos e coellos. No sur do país críanse cabalos e cabras.

Pesca en España

España é un dos primeiros produtores e consumidores. Practicamos dous tipos de pesca:

  • Pesca de baixura ou artesanal: realízase nas augas próximas ao litoral e abastece de peixe fresco.
  • Pesca de altura: realízase nas grandes zonas pesqueiras do mundo en grandes barcos equipados para conxelar as capturas.

Silvicultura en España

A cortiza é o principal recurso forestal de España; tamén abundan os eucaliptos.

Sector secundario en Europa e en España

A U.E. é unha das primeiras potencias industriais do mundo, xunto cos Estados Unidos e Xapón. Os países máis industrializados da U.E. son:

  • Alemaña
  • Francia
  • Reino Unido
  • Italia
  • España
  • Países Baixos

Este sector inclúe: a industria, a enerxía, a construción e a minaría.

Industria

Debemos distinguir entre a industria de base (bens de equipo) e a industria de consumo.

Enerxía

As principais fontes enerxéticas son o petróleo, o gas natural, a enerxía nuclear e a enerxía hidroeléctrica.

  • O petróleo e o gas natural europeos proceden de Rusia.
  • A enerxía nuclear é importante en Francia, Reino Unido e Alemaña.
  • As instalacións hidroeléctricas máis importantes están en Noruega, Suecia, Francia, Italia e España.

Minaría

A maior parte dos xacementos europeos están esgotados e xa non se explotan. Só quedan minas importantes en Rusia.

Construción

Este sector abarca a construción de infraestruturas, instalacións industriais e vivendas.

  • A construción de infraestruturas é importante nos países do leste.
  • As instalacións industriais son importantes nos países de Europa Central.
  • A construción de vivendas medra aos poucos nos países mediterráneos.

O sector secundario en España

Industria: a industria do automóbil localízase en Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón e Galicia. A industria farmacéutica concéntrase en Cataluña, Madrid e no País Vasco. A industria petroquímica destaca polas refinarías de petróleo. A industria agroalimentaria está diseminada por case todo o territorio español.

Fontes de enerxía: as fontes de enerxía renovables son a enerxía eólica, a solar e a hidráulica. España é un dos países coa maior produción deste tipo. As non renovables son o carbón, o petróleo, o gas natural e o uranio. En España hai poucos xacementos.

Minaría: aínda hai explotacións de rochas industriais como o mármore, o granito, a lousa e o xeso.

Construción: distribúense por todo o territorio español. Algunhas empresas españolas traballan en proxectos de obra civil en países como Arabia Saudita e Panamá.

Sector terciario en Europa e en España

Comercio

O comercio internacional medrou moito e representa unha parte importante das importacións e exportacións mundiais.

Transportes

O transporte por estrada é o máis importante. Europa conta cunha gran rede de autoestradas e autovías. No transporte marítimo, a Unión Europea dispoñen de portos moi activos, como Roterdán, Marsella ou Barcelona. O transporte aéreo e os aeroportos están entre os mellores do mundo.

Turismo

Os estados membros son un gran foco emisor e receptor de turistas a escala internacional, grazas ao elevado nivel de vida dos cidadáns europeos e á oferta turística de numerosos países.

Servizos públicos

Os máis importantes son a sanidade e a educación. Están garantizados polos diferentes Estados e xestionados directamente por eles ou a través de empresas privadas. Son elementos clave da chamada sociedade do benestar.

O sector terciario en España

Servizos: hai dous tipos de servizos:

  • Servizos públicos: sanidade, educación e xustiza.
  • Servizos financeiros: aumentaron a súa presenza no mundo, sobre todo en América Latina.

Comercio en España

Hai dous tipos de comercio:

  • Comercio interior: está formado polo pequeno comercio en competencia coas grandes superficies, aínda que é máis frecuente o comercio electrónico.
  • Comercio exterior: é froito das relacións comerciais de España co exterior, principalmente cos países da U.E.

Turismo en España

As principais zonas turísticas son Baleares, Canarias e o litoral mediterráneo. O turismo é a actividade económica máis importante da economía española porque dá traballo a unha gran cantidade da poboación activa.

Transportes e comunicacións

O transporte terrestre é o máis importante e caracterízase por unha densa disposición de vías de comunicación. Nos últimos anos, o uso do tren de alta velocidade experimentou un grande auxe grazas ao desenvolvemento tecnolóxico español. Recentemente producíronse importantes transformacións no sector audiovisual e das telecomunicacións.

A poboación

Densidade

Densidade: relación entre a poboación dun territorio e o espazo que ocupa.

Fórmula:

Densidade de poboación = Número de habitantes / Superficie (km²)

Evolución e transformación

1. Movimentos migratorios: desprazamentos humanos dun lugar a outro que levan a un cambio de residencia.

Segundo o sentido dos desprazamentos:

  • Emigración: saída de poboación dun lugar para dirixirse a outras zonas.
  • Inmigración: entrada de poboación nun lugar determinado procedente doutras zonas de residencia.

As migracións clasifican(se) en:

  • Migracións interiores: movementos de poboación dentro dun país.
  • Migracións exteriores: movementos de poboación dun país a outro.

O saldo migratorio é a diferenza entre o número de inmigrantes e emigrantes dun territorio nun ano.

Fórmula:

Taxa de saldo migratorio = (Inmigrantes – Emigrantes) x 1000 / Poboación total

2. Natalidade: nacementos nun territorio nun período de tempo concreto (habitualmente un ano).

Fórmula:

Taxa de natalidade = Nacidos nun ano x 1000 / Poboación total

3. Mortalidade: falecementos nun territorio nun período de tempo concreto (habitualmente un ano).

Fórmula:

Taxa de mortalidade = Falecidos nun ano x 1000 / Poboación total

Crecemento natural = Natalidade – Mortalidade

Crecemento real = Crecemento natural + Saldo migratorio

Entradas relacionadas: