Actividade agraria: actividades, factores, sistemas e tipos de agricultura

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 3,78 KB

Actividade agraria: actividades, factores e sistemas

1. Cita as tres actividades agrarias.

Resposta: As tres actividades agrarias son agricultura, gandería e explotación forestal.

2. Cita os factores físicos da actividade agraria.

Resposta: Os factores físicos da actividade agraria son:

  • Clima
  • Relevo
  • Solo
  • Vexetación

3. Cita os factores humanos da actividade agraria.

Resposta: Os factores humanos que repercuten nas actividades agrarias son:

  • O crecemento da poboación
  • O progreso tecnolóxico
  • A economía
  • A organización social
  • A explotación agrícola

4. Sinala en que dous espazos se divide a paisaxe agraria.

Resposta: Divídese en espazo habitado e espazo traballado.

5. Sistemas agrarios tradicionais

Os tres sistemas agrarios tradicionais serían: a agricultura itinerante de roza, a agricultura sedentaria de secano e a agricultura irrigada da Asia monzónica.

6. Tipos de pesca segundo o lugar e a súa duración

Resposta: Os tres tipos de pesca son:

  • Pesca de baixura
  • Pesca de altura
  • Pesca de gran altura

7. Características e localización dos sistemas agrarios avanzados

Resposta: A agricultura evolucionada é aquela na que os agricultores practican unha agricultura de mercado, empregan unha tecnoloxía avanzada e requere menos traballo e menos man de obra que as tradicionais. Localízanse en certas áreas dos Países Novos, en sectores litorais dos Trópicos e en Europa.

8. Define estes termos

  • Agricultura: É a actividade dedicada ao cultivo da terra para obter vexetais. Proporciona alimentos para as persoas (trigo, produtos de horta), forraxes para o gando (millo, alfalfa) e materias primas para a industria (liño).
  • Gandería: É a actividade dedicada á cría de animais para o seu aproveitamento polos seres humanos. Esta actividade proporciona alimentos (carne, leite, ovos), fertilizantes, materias primas para a industria (coiro, ) e, en certos casos, forza de traballo.

9. Explica a diferenza entre estes conceptos

Agricultura tradicional e agricultura evolucionada

Agricultura tradicional: É aquela na que os agricultores practican unha agricultura de subsistencia, empregan unha tecnoloxía atrasada e requiren moito traballo e man de obra.

Agricultura evolucionada: Pola outra banda, é aquela na que os agricultores practican unha agricultura de mercado, empregan unha tecnoloxía avanzada e requiren menos traballo e menos man de obra que as tradicionais.

Agricultura produtivista e agricultura ecolóxica

Agricultura produtivista: É a máis estendida dende a década de 1940 e o seu obxectivo é a produción en masa de produtos agrícolas. Para conseguilo, usa produtos químicos, fertilizantes inorgánicos e maquinaria, e aplica os avances da biotecnoloxía, como sementes transxénicas.

Agricultura ecolóxica: Pola contra, evita os produtos químicos de síntese e emprega fertilizantes orgánicos, rotación de cultivos e métodos naturais contra as pragas. Requere máis man de obra, ofrece producións moderadas e máis caras, pero de maior calidade e variedade.

Entradas relacionadas: