Achegas do rural ao urbano: urbanización e éxodo rural

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,04 KB

Achegas do mundo rural ao mundo urbano

O mundo rural é básico para o funcionamento das cidades:

  • Subministra alimentos, materias primas e certos produtos industriais á cidade: Os produtos agrícolas que se consomen na cidade e as materias primas que utilizan as súas industrias proceden na maior parte dos espazos rurais. Industrias de baixa intensidade téxtil...
  • Constitúe unha área de recreo para os habitantes das cidades: Durante as fins de semana e nas vacacións moitos habitantes da cidade desprázanse ao espazo rural para realizar actividades turísticas.
  • Achega poboación á cidade: O rápido crecemento da poboación urbana obedeceu historicamente a intensas migracións do espazo rural á cidade, un fenómeno que se coñece como éxodo rural.

O crecemento da poboación urbana

Durante os séculos XIX e XX, a poboación urbana foi aumentando, tanto en cifras absolutas como en relativas á poboación total. En 1900 só o 10% da poboación mundial habitaba nas cidades; no ano 2003 esa proporción acadaba o 48%, e calcúlase que no ano 2030 chegará ao 61%. Polo tanto, o planeta está cada vez máis urbanizado.

Avanzamos cara a un mundo de cidades

Este aumento da poboación urbana está producindo cidades cada vez máis grandes. Estas Megacidades (cidades de máis de 10 millóns de habitantes) teñen graves problemas de transportes, etc. De acordo coas proxeccións das Nacións Unidas, estas tendencias continuarán nos próximos anos. A proporción da poboación urbana seguirá a aumentar, como tamén o fará o tamaño das cidades, sobre todo en Asia e África.

A desigual evolución do grao de urbanización

É maior no mundo desenvolvido ca no subdesenvolvido. Así, no primeiro o 74% da poboación é urbana, mentres que no segundo só é o 42%. Iso débese a que as cidades dos países desenvolvidos experimentaron un rápido crecemento a partir da Revolución Industrial: O crecemento destas cidades ao longo dos séculos XIX e XX estivo motivado pola industrialización, que produciu unha forte inmigración interior do campo á cidade: A industria e os servizos demandaban máis man de obra nas zonas urbanas, mentres que no campo eran necesarios menos traballadores debido á mecanización das tarefas agrícolas. Na actualidade as cidades dos países desenvolvidos medran máis lentamente.

O grao de urbanización nos países subdesenvolvidos medra hoxe moito máis que nos desenvolvidos. Isto é debido ás intensas migracións campo-cidade, que producen un crecemento incontrolado nas cidades dos países subdesenvolvidos, así como á transformación de asentamentos rurais en urbanos. A diferenza do que ocorreu nos países desenvolvidos, estas migracións non responden á industrialización das cidades, co conseguinte incremento do emprego na industria e os servizos, senón á extrema pobreza e á fame que azouta moitos dos espazos rurais. Son incapaces e viven en chabolas e infravivendas mal.

Entradas relacionadas: