A Normalización da Lingua Galega na Democracia
O Galego na Transición e a Democracia
En 1975, coa morte de Franco, ponse fin á ditadura e iníciase a democracia. Coa aprobación da Constitución Española no ano 1978, que establecía a cooficialidade das linguas de España diferentes do castelán nos seus respectivos territorios, e coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, o galego pasa a ser a lingua propia e cooficial, xunto co castelán, en Galicia.
Marco Legal e Promoción
Do mesmo xeito, o Estatuto obriga aos poderes públicos a cumprir coa oficialidade e á promoción do galego, loitando contra a discriminación por cuestións lingüísticas.
Co fin de potenciar o noso idioma, en 1983, o Parlamento de Galicia aproba a Lei de Normalización Lingüística do Galego,...