Literatura 3

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,78 KB

PROSA DE POSGUERRA.

A narrativa reaparece con Xente da Barreira de Ricardo Carballo, a primeira novela publicada en Galicia tras a guerra. É a crónica dunha familia fidalga rural desde a guerra da independencia á primeira Guerra Mundial.

ÁNXEL FOLE.

Ánxel Fole cultivou o realismo popular na súa narrativa. O seu maior recoñecemento provén dos seus libros de contos:

Á lus do candil. Contos a caron do lume. É un conxunto de 15 contos que relatan catro fidalgos e catro servidores nas noites de invernía do Courel mentres se quentan a carón do lume. Fole mestura tradición popular a aventura, a fantasía, o misterio, o humor e o realismo.

Terra brava. Contos da solaina. Segue a liña do seu antecesor mais non ten a mesma tensión narrativa ademais de amosar unha maior variedade de temas.

Contos da néboa e Historias que ninguén cre. En ambos casos os relatos sonlevados a un espazo urbano e os protagonistas expresan no urbano preocupacións propias do rural.

ÁLVARO CUNQUEIRO

A sua narrativa definese como realismo fantástico. Gustada convivencia entre o marabilloso e o cotián.

Merlín e Familia. Presenta o mago Merlín da Táboa Redonda residindo na terra de Miranda e resolvendo dun xeito marabilloso diferentes problemas. O narrador é un paxe de Merlín, Felipe de Amancia que na súa vellez lembra o tempo pasado con Merlín. As historias poderían presentarse independentes, per danlle unidade á obra son o narrador, o espazo e a estrutura da obra.

AS crónicas do sochantre. Peripecias dun músico quevai tocar o funeral dun nobre na Bretaña. Na carroza atópase cuns personaxes de ultratumba que lle contan as súasrespectivas historias.

Si o vello Simbad volvese ás illas. O famoso navegante,xa na súa vellez, dedícase a contar as historias vividas. Sospeita que os seus oíntes non cren o que conta e decide embarcár de novo tendo que resignarse a volver superado pola realidade.

Escola de menciñeiros e fábula de varia xente, Xente de aquí e acolá e Outros feirantes. Son relatos onde se mestura a fantasía co humor presentando unha serie de personaxes que ben poden definir a personalidade galega.



A NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG) pretende romper coa narrativa anterior inserindo temas e técnicas nunca antes pescudadas, influídos polos autores da narrativa universal do seculo XX: Kafca, Joyce...

Temas: Presenta unha sociedade sumida na máis absoluta alienacióne desacougo. Fano valéndose das manifestacions do subconsciente.

Características: Na NNG atopamos atopamos trazos propios do Nouveau Roman francés, entre outras influencias. Trazos son introspección, o multiperspectivismo, monólogo interior, presenza de ambientesurbanos ou fantásticos, ruptura espazotemporal, a enumeración, negatividade, etc.

GONZALO RODRÍGUEZ MOURULLO.

Xoga coa realidade e a verosemellanza con ambientes angustiados.

LIBROS: Nasce un árbare e Memoria de Tains. No primeiro aparecen tres relatos e no segundo oito. Neste último, sete cartas relatan a historia de Tains, unha cidade destuída.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN.

Ten un primeiro ciclo na súa narrativa que o relaciona coa NNG. O clima de misterio e mesmo de terror, ambiente urbano cheo de personaxes inestables e marxinais.

LIBROS DE RELATOS:

Percival e outras historias. Recupera o ciclo artúrico nun ambiente cotián.

O crepúsculo e as formigas. O absurdo, a violencia, as relacións opresor-oprimido son os seus temas característicos.

Tamen escribiu obras como: Arrabaldo do norte ou Retorno a Tagen Ata.

CARLOS CASARES

As súas primeiras obras, relacionadas coa NNG, presentan personaxes violentos e perigosos, os recursos estilisticos son vangardistas: monologos interiores, diferentes voces narrativas...

OBRAS:

Vento ferido. Doce relatos onde atopamos moita violencia e represión e onde aparece o monologo interior.

Cambio en tres. Emprega a técnica obxetivista.

Xoguetes pra un tempo prohibido. É a ultima novela relacionada coa NNG. As súas demais obras teñen que ver coa historia e co realismo: Os escuros soños de Clío, Ilustrisima ou Os mortos daquel verán.

Entradas relacionadas: