La prosa
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,14 KB
11.- A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90. PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES.
• A narrativa dos 80.Os anos 80 significan a definitiva consagración da narrativa galega como un verdadeiro sistema, entendido este como:
-publicación dun importante número de títulos cada ano. -aparición de diferentes tendencias, liñas temáticas... -procura, por parte dos autores, do mercado, do "gran público", -especial atención ao público xuvenil (aparición da "literatura de instituto") -soporte da produción literaria mediante a existencia de novas editoriais, premios, ... que garanten a difusión dos libros publicados.
-apertura temática, renovación da linguaxe e mais das técnicas narrativas. A nosa cinza de Xavier Alcalá; O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor Freixanes; Crime en Compostela de Carlos G. Reigosa; e Polaroid de Suso de Toro poden enmarcar outras tantas liñas narrativas que se deseñan ao longo desta década. *LIÑA MEMORALÍSTICA / INTIMISTA.
Xavier Alcalá coa publicación de A nosa cinza leva adiante unhas memorias dun neno burgués, que pretenden ser o contrapunto de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas; incorpora a técnica do contrapunto, flash-back... con insistencia nos apartados de "presentación -nó -desenlace".
En Fábula mestura o xénero de aventuras e o relato historicista; escribe outras moitas novelas e nos últimos anos levou adiante unha triloxía arredor da historia dos protestantes galegos exiliados na Arxentina logo da Guerra Civil.
X. M. Martínez Oca con Un ano e un día, A fuxida instaladas na memoria do pasado infantil e xuvenil, no retorno nostálxico aos paraísos perdidos; tamén publica un conxunto de relatos de carácter máis íntimista, centrados na incomunicación na sociedade actual: Náufragos en térra.
•NOVELA HISTÓRICA (e de ficción histórica)
O triángulo inscrito na circunferencia, cuxo argumento se sitúa entre o imaxinario e o propiamente histórico, de Víctor F. Freixanes, ao que lie seguirían O enxoval da noiva entre outras.
No relato de ton alegórico, Alfredo Conde con Xa vai o griffon no vento ou O difícil que é matar onde se aproxima ás complexidades do mundo da emigración; xa en novelas máis recentes incide novamente no terreo da novelística histórica. *RELATO POLICIAL.
Con Crime en Compostela, Carlos R. Reigosa dá o verdadeiro punto de partida para a eclosión do relato de corte policial, de grande éxito canto ao número de obras e á aceptación popular dalgúns textos presentados. Procura combinar as fórmulas da "narrativa negra" coas de "novela de inquérito" en Narcos, por exemplo. •NARRATIVA FRAGMENTARIA / EXPERIMENTAL.
Representada por Polaroid de Suso de Toro; o monólogo interior e as secuencias dialogadas adquiren importancia. Acudindo ao ton coloquial, con frecuentes referencias á linguaxe audiovisual pretende captar as contradicións e conflitos da sociedade do noso tempo. Nesta mesma liña Land Rover ou Ambulancia. *A NARRATIVA DE X.L.MÉNDEZ FERRÍN. (Inicios na Nova Narrativa Galega)
Na década dos 80 con Amor de Artur (tensión entre fantasía- realidade; opresión-liberación; amor -desamor...envoltas nunha linguaxe con continuas referencias políticas e culturáis); Arnoia, Arnoia ou Bretaña, Esmeraldina; Ferrín establece un diálogo entre a narrativa e a lírica na súa obra. Denuncia en clave fantástico -política da realidade galega; presenza de territorios mitolóxicos creados polo autor e interpretados como metáforas de Galicia; o poder destrutivo da violencia e a fascinación que exerce sobre certos seres; a interrelación entre o mundo real e o onírico.
CARA A NARRATIVA DO NOVO MILENIO:
Os anos 90 e comezos do século XXI consolidan o desenvolvemento dalgunhas das tendencias temático - estilísticas que se viñan presentando:
•Persistencia da novela histórica: ben sexa desde unha forma de reconstrución dun pasado mítico, desde unha perspectiva realista ou mesmo con evidentes intencións alegórico-ideolóxicas. As sombras do barroco de Xesús Rábade Paredes ou Morte do rei de Darío Xohán Cabana; Galván en Saor que entronca coas fórmulas expostas por Cunqueiro na súa novelística.
A temática da Guerra Civil e as súas consecuencias, con X. Fernández Ferreiro en Agosto do 36 ou Os últimos fuxidos; Anxo Angueira con Pensa Nao (visión da II República e o alzamento militar nunha perspectiva labrega); entre outros como Estro Montaña ou Luís Rei Núñez.
*Continuidade da temática memorialística/intimista: "narrativa de iniciación", "narrativa xeracional" ou "crónica sentimental"; Os leopardos da lúa de Ramiro Fonte; No ventre do silencio de X. L. Méndez Ferrín forman parte de tal dirección. Tamén Xosé Ramón Pena A era de Acuario e Fado de princesa, confesión melancólica -irónica realizada por unha muller nos inicios da madurez diante da psiquiatra que a está a tratar; A batalla do paraíso triste, ambientada na Lisboa da II Guerra Mundial.
*Consolidación e espallamento da novela de xénero: Recreación dun xénero negro "enxebre", acudindo a referentes do propio país; Bieito Iglesias con Miss Ourense ou Pan e coitelo. Na narrativa de intriga detectivesca Aníbal C. Malvar Un home naceu aquí e A man dereita, pero o proxecto máis ambicioso Unha noite con Carla sobre o suicidio ou asasinato dun conselleiro da Xunta a mans da súa propia muller.
Dentro do xénero de aventuras Xosé Miranda Moming Star que recrea o mundo da bandidaxe galega durante o século XIX.
*Novela de autor ou experimental: onde a ambigüidade, o fragmentarismo e o humor corrosivo marcan o tempo narrativo; destacan Panificadora, Oralmente pola boca de Xosé Cid Cabido. Gonzalo Navaza en Erros e Tánatos; Xurxo Borrazás con Cabeza de chorlito, Criminal entre outras.
*Neocostumismo urbano ou semiurbano: a "narrativa bravú":Manuel Rivas o seu cultivador máis exitoso, algúns dos seus títulos foron levados ao cinema: Un millón de vacas; Os comedores de patacas; Que me queres, amor?. O lapis do carpinteiro combina o xénero melodramático coa recuperación da memoria histórica. Os libros arden mal centrada na Guerra Civil.
*Xurdimento dunha "narrativa da muller": Un punto de vista feminino/feminista que marca unha diferenza específica na súa achega. Ma Xosé Queizán, que iniciara o seu labor na Nova Narrativa Galega, e publica a fin de século Amor de tango ou Ten o seu punto a fresca rosa. Teresa Moure autora de Herba moura, obra situada na Europa do século XVI, onde reflexiona arredor da presenza das mulleres e do papel xogado por estas ao longo da historia. *Entremestura de xéneros: trátase do diario que participa de novos fenómenos de comunicación, como os "blogs" ou "cadernos de bitácora" de Internet, como acontece con Melodía dos días usados de Anxos Sumaí ou con Así nacen as baleas,
Trailer de Fran Alonso onde analiza o mundo e os mitos dos transportistas; a súa narrativa continuou na exploración dos espazos contraditorios, das ilusións e desengaños, dos soños e esquizofrenias da sociedade moderna en Cemiterio de elefantes ou Silencio.
Miguel Anxo Murado en Ruido presenta relatos que xorden da súa experiencia como correspondente de guerra no conflito dos Balcáns. Con Mércores de cinza, e especialmente Fin de século en Palestina continúa a súa particular traxectoria, no afán por amosar a traxicomedia que se agacha nun mundo no que conviven a miseria e as cores máis rechamantes.
*A literatura infantil e xuvenil: Iniciando a etapa autonómica a demanda escolar de materiais didácticos e de libros infantís propicia a aparición de coleccións literarias especializadas "Árbore", "Merlín"; a partir dos 90 prodúcese a auxe da literatura infantil e xuvenil galega: Paco Martín con As cousas de Ramón Lamote; Xavier Puente Docampo con Cando petan na porta pola noite; Agustín Fernández Paz autor de O único que queda é o amor, todos eles premios nacionais de Literatura Infantil e Xuvenil.