Galego segunda do primeiro exáme con Marisa

Enviado por lidia y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 9 KB

A coma. Colocase inmediatamente despois do carácter precedente, seguelle un espazo en branco e letra minúscula. Empregase:

  • para separar elementos que forman parte dunha enumeracion que non vaian unidos polas conxuncions e, nin, ou.
  • Para separar os dous membros extensos dun enunciado, especialmente cando estan vinculados cunha conxunción non copulativa.
  • Para enmarcar incisos, vocativos e aposicións.
  • Para marcar un elemento do enunciado que ocupa un lugar distinto do habitual.
  • Despois de expresións intercaladas ou de conectores que afectan a todo o enunciado.
  • Para indicar a omisión dun verbo.
  • Non se debe escribir coma entre o suxeito e o verbo nin entre o verbo e os complementos.

A palabra e as suas clases: En todas as linguas existen unidades básicas que se combinan para formar mensaxes. Esas unidades son as palabras e o seu conxunto é o léxico e o vocabulario.

Non todas as palabras teñen as mesmas características nin se comportan igual. En galego distinguense oito clases de palabras: verbo, substantivo,adxetivo, artigo,pronome,adverbio,preposicion e conxunción.

Criterio formal ou morfolóxico:  variables/invariables, segmentables/non segmentables, base/derivadas e simples/compostas.

-As invariables teñen sempre a mesma forma (hoxe,desde) e nunca entran en relacións de concordancia. As variables mostran variacións formais, entre as que o emisor debe escoller en cada acto (home/homes).- Variables:substantivo,adxectivo,verbo,artigo,e en xeral os pronomes. Invariables: adverbio, preposición e conxunción.

- As segmentables son as constituidas por unidades menores. As unidades menores con significado nas que se pode segmentar unha palabra son os morfemas (lonxe 1 morf, pensarmos 4 morf.)

-As derivadas son creadas a partir das bases por medio dos morfemas derivativos (impensable, pensar im-e-ble). As palabr. Base  suelen ser os substantivos, adxectivos e verbos.

- As palabr. simples contan cunha sola base léxica e as compostas con dúas (sapo-concho).

Criterio semántico:  Ten en conta o tipo de significado que expresan as palabras. Distinguense léxicas (subst, adx, verbos e adv.) e palabras gramaticais ( artig, pron, prepo,conxuncions). Léxicas: fan referencia a entidades, caracteristicas, circunstancias, procesos estados... e definense por uns trazos semánticos recoñecibles mesmo cando as vemos illadas. Gramaticais:  non se definen por uns trazos semanticos e so adquiren o significado gramatical ao incluírmolas nun sintagma. (1.- castiñeiro, frio. 2.- de, a ,lle).

Criterio funcional ou sintáctico: atende á función e ao comportamento das palabras no interior de frases e oracións. Así, por exemplo, o substantivo é núcleo da frase nominal e o adxectivo nunca pode selo.

O substantivo:

 definición e recoñecemento. Os substantivos forman unha das clases de palabras. Para definila atenderemos a 3 criterios:

- Criterio morfolóxico: Son palabras variables, segmentables en raíz e afixos. Organízanse en duas grandes clases xenéricas, pois un substantivo ou é masculino ou femenino (xenero), e sempre se presentan como singulares ou plurales (número)

-Criterio semantico: Denominan entidades reais ou imaxinarias.-concreto/abstracto. Os substantivos comúns denominan clases de entidades e os propios carecen de significado léxico e dan nome a individuos dunha clase, sen conexión cos trazos semánticos que a definen.

- Criterio semántico: caracterízanse por desempeñar a función de núcleo da frase nominal, e como tal ditan a concordancia cos determinantes e cos modificadores

Constituintes morfolóxicos do substantivo:

Son a raiz e os afixos. Raiz: achega o significado léxico básico. Afixos: poden ser derivativos ou flexivos. Os morfemas flexivos mais importantes son os de xénero e número; ademais hai outros morfemas facultativos donde destacan os diminutivos e os aumentativos./ Non todos os substantivos teñen morfemas derivativos, porque so se empregan para crear novas palabras a partir doutras./ O conxunto formado pola raíz e os posibles morfemas derivativos é un tema, que a súa vez pode servir de base para crear novas palabras./ En cambio todos os substantivos teñen ou poden ter morfemas flexivos, xa que estes unense ao tema para crear variantes que compren por razons gramaticais, mais non son formas léxicas novas, xa que o significado lexico é o mesmo.

Substantivos simples derivados e compostos:

Distinguimos tres tipos segundo a constitución dos substantivos.

  • S. Base, primitivos ou simples. O seu tema equivale á raiz e pode incorporar unha vogal temática. A el únense os morfemas flexivos.
  • S. Derivados. O tema esta constituido pola raíz e polo menos un morfema derivativo en forma de prefixo ou de sufixo. Tamén se consideran derivados os que se formaron con morf. facultativos (disminutivos ou aumentativos) que se lexicalizaron, é decir, poden ter un significado propio independente.
  • S. Compostos: neles iterven mais dunha raíz cada unha en relacion cunha palabra que pode ser primitiva ou derivada. Non é obligatorio que se escriban xuntos. Ollomol, arco da vella.

Clasificación semántica dos substantivos comúns.

Dependendo do tipo de entidade nomeada clasificanse en grupos con comportamentos gramaticais algo diferentes:

  • os concretos denominan entidades comprobables polos sentidos e localizables no espazo. Os abstractos son entidades nocionais.
  • Os descontinuos ou contables son clases integradas por individuos enumerables. Os continuos ou non contables son aqueles nos que se poden establecer tipos ou porcións
  • Os animados designan seres con vida propia. Os  inanimados son seres sen vida animada, por tanto, non animais.
  • Os colectivos son unha clase caracterizada por estar integrada por unha pluralidade de individuos da mesma clase. Os individuais non. Ambos poden ser utilizados en singular ou en plural.

Diminutivos e aumentativos:

Os morfemas facultativos permiten crear diminutivos e aumentativos, formas do paradigma do substantivo que serve de base. O diminutivo indica “tamaño pequeno”, e so pode ser atribuido a substantivos concretos e contables.Tamen informa sobre o nivel baixo en intensidade ou en calidade ( pedriña- pedra grande ou pequena, de calidade inferior a media). Ademáis o morfema diminutivo pode combinar unha valoración afectiva, polo xeral positiva- cadeliño. [ a forma normal é –iñ- , os substantivos rematados en –n engaden –ciñ-, os remataods en ditongo decrecente admiten –ciñ- e –iñ-, os femininos do tipo irmá poden formalo sobre –an, con –ciñ- irmanciña.]

O aumentativo comparte co diminutivo a indicacion de magnitud,e co sentido de tamaño grande. Ten tamén a capacidade valorativa, en sentido positivo ou negativo determeminado en cada caso: casona, narizón.... Os morfemas son on ou az, que tamén se situan entre a base e os morfemas flexivos obrigados.

Entradas relacionadas: