1

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,46 KB

Factores biolóxicos

Hoxe o evolucionismo pon como protagonista central da progresión das especies o sistema nervoso. O home non foi, unha realidade allea á natureza; e froito dun lento proceso de hominización, que se caracteriza por:
·Postura erecta, cas modificacións esenciais no esqueleto que influirán posteriormente na conformación do cranéo e no desenvolvemento do cerebro.
·Liberación das mans, que se independizan dos pés na función de camiñar e gañan así capacidade prénsil.
·Cerebración, implica non so maior tamaño do cerebro, senón tamén maior complexidade
·Prolongado período de dependencia, a inmadurez de s h é moito maior que a de calquera outro animal.
Situamos o s h ó final dun proceso de cerebración e enriquecemento do sistema nervoso, que acabou por diferencialo esencialmente de todas as demais especies. O Eu humano non só depende do seu nervoso, senón que tamén esta influenciado polo funcionamento das glándulas de secreción interna; podemos engadir outros factores: o ton vital, o funcionamento do aparato dixestivo, a relación do organismo co medio ambiente...

Factores Sociolóxicos
O nome propio funciona como importante marcador de identidade individual e constitúe un elemento crucial da individualidade da persoa.  A identidade de clase, determinada pola reacción que un grupo humano teña a respecto da propiedade: amos-escravos, señores-servos. A identidade nacional, o nacer nunha comunidade socio-culturalmente determinada, tamén condiciona as opcións que temos a hora de satisfacer os nosos intereses e desexos. A identidade de xénero, identidade masculina e feminina, son máis contrucións culturais que feitos naturais. A identidade das minorías, non hai ningunha sociedade 100% homoxénea. En todas existen individuos ou grupos que non se comparten as características hexemónicas da comunidade na que se atopan.

Factores Psicolóxicos
A fins do s. XIX, aparece a psicoloxia como ciencia e empeza a estudar a personalidade. Entendemos por persoa a unidade de todos os caracteres individuais que nos diferencian dos demais. O caracter é o que adquirimos: é dinamico pos pode cambiar e adaptarse incluso as existencias sociais de cada época ou lugar. O contrario deste o temperamento será innato. Conciencia significa con coñecemento: somos conscientes porque nos decatamos de nos mesmos, da nosa existencia e do mundo que nos rodea. O método polo cal unha persoa observa os seus estados de conciencia e os describe chamase introspección. A conciencia introspectiva ou autoconciencia é propiamente humana. Conciencia pódese definir tamén por oposición a incosciente. Cada teoría ten un método ou técnica clínica propia para diagnosticar e tratar os trastornos mentais e que se basea na propia teoría; reciben o nome de psicoterapias. As teorías de personalidade máis importantes son: a psicanálise, o condutismo, o cognitivismo e as teorías humanistas

Tª psicanalítica da personalidade: a cara oculta da mente Freud fundou a Psicanálise como método para descubrir os desexos e medos ocultos das persoas; hai 2 niveis: o preconsciente, formado polos contidos esquecidos pero en estado latente e facilmente recuperables pola memoria, e o incosciente propiamente dito, que e inaccesible a conciencia por ter contidos dolorosos ou perigosos para o individuo. A psicanálise trata dos desexos e medos. Podemos abordar a teoría da personalidade atendendo a súa estrutura e dinámica, tendo en conta 3 niveis independentes: o Id, o Ego e o Superego  O Id e o nivel máis primitivo e orixinario. Ten que ver co instinto e co hereditario. Os procesos que dan lugar o Id son primarios ou irracionais, rexese polo principio do pracer ou eros e o principio da morte ou thanatos. O Ego entra en acción ante a necesidade de mediar entre o Id e a realidade. Rexese polo principio de realidade, encauzando os impulsos do Id e distinguíndose porque nel domina a racionalidade. O Superego,nace da interiorización das normas sociais. Normas que trasmite a sociedade a traves da familia. O superego formase cara o quinto ano de idade: é a sede da conciencia moral e do sentimento de culpa.  Freud lanza unha teoria sobre sexualidade. Para a Psicanalise, a importancia da sexualidade radica en que as súas perturbacións nas distintas etapas son unha das causas da enfermidade mental. Hai 5 fases de desenvolvemento sexual:
·

Fase oral, a fonte de pracer situase na boca
·Fase ana, entre os 2 e 3 anos, que e cando os pais exercen presión sobre a criatura para que controle os esfinteres.
·Fase fálica, 3e 5 anos, o pracer centrase nos xenitais. Orixinase nela o complexo de Edipo e de Electra.
·Fase de lactencia, a partir dos 5 anos, caracterizase pola ausencia de actividade sexual.
·Fase xenital, aparece na preadolescencia e o obxeto de desexo sexual canalizase socialmente cara a individuos do outro sexo.

Autores influídos pola Psicanálise Jung  Adler Karen Horney  Erich Fromm  Jacques Lacan



Entradas relacionadas: