Xeración poética dos 90

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,56 KB

TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO XX E PRINCIPIOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90. POETAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

A morte de Franco, 1975 trouxo un novo marco político que Supuxo  un cambio radical no panorama Social e cultural con repercusións no discurso literario.  A oficialidade da nosa lingua e a aprobación Da LNL (1983) van permitir  que  o galego acade ámbitos de uso que ata agora Non alcanzara: Administración, medios de comunicación públicos,  o ensino , novas editoriais (Xerais, A nosa Terra...) créanse novos certames literarios (Leliadoura, Martín Códax...)  e novas revistas (Dorna, Escrita, ...) que Dan a coñecer novos autores e tendencias.  En 1980 constitúese a Asociación de Escritores en Lingua Galega .

A inicios dos anos setenta predominaba a poesía Social. 
A finais da década prodúcese un cambio de rumbo na poesía galega. A Publicación  en 1976 de Con pólvora e magnolias (Méndez Ferrín) E Mesteres (Arcadio López Casanova) Contribúen á superación da poesía social.
Estas Obras comezan a explorar novas vías formais e  Temáticas.
Na primeira metade dos Oitenta consolídase a renovación poética  Que se da a coñecer en colectivos poéticos (Rompente, Alén ...) e en Publicacións colectivas (
De amor e desamor I e De amor e desamor II).

A nova poesía caracterízase pola ampliación de temas (erotismo, a  reivindicación Feminista,  unha nova visión da Paisaxe…),  cosmopolitismo,  esteticismo e formalismo, procurando unha Poesía correcta lingüisticamente e moi  Traballada formalmente.

A) O culturalismo:


cultivaron Unha poesía ateigada de referencias culturais de procedencia diversa. Autores Como Álvarez Cáccamo, Xavier Seoane.
..

B) A poesía da experiencia


: Caracterizada por unha vontade de comunicación máis directa e un menor grao de Academicismo. Autores como Manuel Rivas ou Luísa Castro.

C) A poética experimental


: rexida polo Academicismo e o coidado nos aspectos formais, existe unha liña na que se Procura a experimentación na creación poética (Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa.
.. )

D) A poética feminina-feminista


:  prodúcese unha incorporación das mulleres ao Movemento de renovación da poesía (Pilar Pallarés, Ana Romaní...).

A derradeira década do século XX caracterízase pola eclosión dun Numeroso grupo de poetas novos que renovaron o discurso poético e que  teñen preferencia por unha expresión máis Directa. A variedade de temas e estilo xunto cun maior achegamento ao público Lector, caracteriza a lírica dos últimos anos. Consolídase definitivamente o Mundo urbano e  a sociedade de consumo Como ámbitos poéticos, nunha Galicia que perde os seus referentes rurais.  Dáse unha certa volta á temática social Dirixida ao ecoloxismo, pacifismo, feminismo, insubmisión,  o compromiso lingüístico.... Nos anos 90 Experimenta un gran impulso  a Construción dun discurso poético  Feminino, co conseguinte protagonismo das mulleres. A poesía que se Alimenta da experiencia  e a poesía do Coñecemento  son tendencias que tamén Estiveron moi presentes:


- A poética da experiencia,  ademais da linguaxe directa hai maior Narratividade do discurso e recurren ao ton coloquial (Fran Alonso, Celso Fernández Sanmartín).


- A poética feminina-feminista, autoras Como:
María Xosé Queizán, Lupe Gómez, Yolanda Castaño...
contribúen á consolidación da perspectiva feminina, revisando os mitos, cuestionando os Tópicos literarios...


- A poética do coñecemento, que se singulariza pola Elaboración formal e a gravidade dos temas tratados. Aproximase á poesía culturalista Da década anterior (Miro Villar, Rafa Villar).

O século XXI caracterízase  por abrir novas canles de creación e difusión Da literatura a través da rede (blogs, revistas virtuais,…). A produción Poética é ampla e segue coas tendencias anteriores, pero con aproximacións Persoais. Autores como:
María do Cebreiro con Nós, as inadaptadas (2002);
Enma Pedreira, Casa de Orfas (2005);
Carlos Negro, Makinaria (2009);   ou Lucía Aldao, Unha Ducia máis un(2005).

Entradas relacionadas: