A xeografía da poboación estuda as relacións entre a poboación e o espazo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,94 KB


  1. A expansión agraria e o crecemento da poboación


A partir do século X as incursións de viquingos, búlgaros e maxiares fixéronse máis Esporádicas ata que remataron por desaparecer. Aqueles pobos Asentáronse e integráronse en Europa, fundando comunidades Agrícolas e establecendo relacións comerciais que deron lugar a un Período de certa paz e tranquilidade. Tamén disminuíron as Violentas guerras entre señores grazas á consodilación de reinos e Intitucións feudais; o que proporcionou un ambiente adecuado para o Desenvolvemento da agricultura e o crecemento da poboación.



    1. Aumento da Producción agraria

Desde O ano 1000 produciuse unha mellora do clima, ao que se lle engadiu a Difusión por Europa Occidental dunha serie de innovacións agrarias Que permitiron o aumento da superficie cultivada e unha mellor Explotación das terras, este proceso inflíu positivamente no Aumento de poboación e da produtividade.


Ampliación Da superficie cultivada 1.2.1


Os Campesiños aumentaron as terras dedicadas ao cultivo, no que foi o Maior proceso de colonización agraria dende o Neolítico e que Transformou a paixsaxe, humanizándoa. Mesmo se lle gañaron terras ó Mar , e mmelorouse a condución da auga coa construcción de canles. Numerosas terras ata entón foron cubertas de cereais, vides, Oliveiras, leguminosas, hortalizas, árbores froiteiras e plantas de Uso industrial.


Novas Técnicas de explotación agraria


Aplicáronse Melloras na forma de traballar a terra, como a substitución da Rotación bienal pola rotación trienal.



Tamén Se desenvolveu a ganderia como complemento da agricultura. O boi foi Substituído polo cabalo grazas ás ferraduras e a coleira. O auxe da Gandaría permitiu o consumo de carne e o xurdimento dunha industria Derivada: lácteos, traballo de peles e coiro etc. Ademáis, a Gandaría serviu de complemento á agricultura, pois o esterco dos Animais empregouse como fertilizante da terra.

Entradas relacionadas: