Vangardas europeas (Surrealismo,Dadaísmo,Futurismo e creacionismo)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,07 KB

 

Nas primeiras décadas do século XX, en Europa, un movemento de renovación estética revolucionou todos Os aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas.
Estas contan con diferentes correntes Estéticas que se denominan ismos. Algúns dos postulados que defendían as vangardas son: -a reivindicación da materia artística como algo autónomo -o espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas -a defensa da liberdade e modernidade creadora e da orixinalidade Algúns destes ismos (Futurismo, Cubismo, dadaísmo, Surrealismo, creacionismo.
..) producirán unha especial Influencia na literatura galega, tanto en aspectos temáticos como nos formais: En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e coñecidos como xeración de 1925, Xeración de vangarda ou do 22, vanse aproximar ás vangardas europeas, fomentando o enxebrismo da nosa arte e Da nosa literatura. Polo tanto, os ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade. Dentro deles Podemos falar de dúas tendencias; .A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia: hilozoísmo e neotrobadorismo ·A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e Surrealismo O hilozoísmo, tamén denominado imaxinismo, xorde da tradición literaria paisaxística cultivada por Rosalía, Noriega e Cabanillas, entre outros, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase polo Personificación da natureza; a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos; o predominio da cor Viva e rechamante e a métrica sinxela. O principal representante é Luís Amado Carballo coa obra titulada Proel (1927) O neotrobadorismo xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-
Portuguesa, máis en concreto Pola súa difusión a partir de 1928. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola Perfección formal, polo uso de procedementos estilísitcos das cantigas galego-portuguesas -paralelismo, refrán, ás Veces lexaprén-, pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX. Os autores máis Representativos son: Fermín Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933) e Álvaro Cunqueiro, coa obra Cantiga Nova que se chama riveira (1933). O creacionismo supón un fito illado na nosa literatura, ademais de ser o único movemento plenamente Vangardista, orixinal e universalista. Prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha realidade Autónoma. Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e da rima. Este movemento En Galicia foi exclusivo de Manuel Antonio do que destaca a súa única obra publicada en vida, obra fundamental E un dos cumes da poesía galega de todos os tempos: De catro a catro (1928). Esta obra supón o inicio da vangarda plena polo seu carácter innovador, audaz e rupturista, tanto no plano Da forma coma no do contido: innovadora disposición tipográfica, ausencia de ritmo e rima, inexistencia de lóxica Gramatical, metáforas inusuais, falta de espazo e de tempo. Todos estes elementos conformarán unha visión do mar Insólita no panorama literario galego. A poesía de Manuel Antonio supón unha decisiva ruptura coa tradición lírica galega e presenta unha tripla Orixinalidade: lingüística -tecnicismos, estranxeirismos e cultismos-, temática -o mar visto desde o propio mar-, e Formal -tratamento rupturista-. O Surrealismo nas nosas letras vén da man de Álvaro Cunqueiro coa súa obra Poemas do si e do non (1933), aínda que dun xeito inxenuo e sentimental. Tamén Manuel Luís Acuña coa súa obra Fírgoas (1933) Presenta algúns dos poemas máis singulares desta época, apoiándose na economía verbal e a eliminación do Elemento narrativo. Luís Pimentel do que destaca a súa obra póstuma Sombra do aire na herba (1959), móstranos un universo Poético constituído por seres e obxectos que convidan á intimidade e ao recollemento -nenos, hospitais, prazas Baleiras, xardíns,...-. A súa poesía está chea de musicalidade, pero tendendo ás veces ao Surrealismo.


A situación lingüística galega é complexa, trátase dunha comunidade na que conviven dúas linguas en situación desigual. O galego, lingua minorizada que a partir da década dos oitenta inicia un proceso de recuperación de ámbitos de uso e que acada o estatus de lingua oficial. Por outra banda, o castelán é a lingua de prestixio, a lingua que foi durante moitos anos a exclusiva da administración, da Igrexa e dos medios de comunicació; o que é o mesmo a variante lingüística dos usos formais. O conflito prodúcese no momento en que os galegofalantes inician o proceso de normalización dos seus usos e o castelán comeza a ver ameazados os seus ámbitos de uso. Se o proceso de normalización chega ao seu fin, e o galego convértese en lingua de uso en todos os ámbitos sociais, o castelán perdería o seu estatus de lingua formal e quedaría relegada a lingua de relación cos falantes ou entidades do resto do Estado. Así pois, nas comunidades con lingua propia diferente ao castelán esta última acadaría o estatus de lingua franca. Estaríamos pois diante do proceso lingüístico coñecido como inmersión lingüística. En Galicia a nosa língua está moi marcada pola existencia de estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que o galego non é válida para os usos formais. É o caso de prexuízos tales como: ‘o galego é unha língua propia do rural’, ‘é unha língua que non serve para as ciencias’, ‘non serve fóra de Galicia’, ‘é unha língua inventada que non se corresponde coa fala’ ou ‘é a lingua dos nacionalistas’. En caso de non completarse a normalización lingüística o galego corre o risco de converterse en lingua ritual e non en lingua viva de uso cotiá.


Entradas relacionadas: