Urbanismo e ordenación do territorio en España e Galicia

Enviado por Maria Jose y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,85 KB

 

URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO EN ESPAÑA E Galicia


As cidades son lugares onde se concentran a poboación e as súas actividades. Estas cidades desempeñan funcións básicas. Na cidade coinciden os intereses de moi diferentes axentes urbanos. A tarefa dos concellos é servir de marco para consensuar eses intereses diverxentes, mediante propostas sobre como solucionar os problemas actuais da cidade.OS AXENTES SOCIAIS: Os axentes sociais urbanos son todas aquelas persoas que interveñen dunha forma ou doutra na creación e na produción de espazo urbano.
Os principais axentes son: Os propietarios privados dos solo.
Cando os propietarios do solo optan por construír edificios  convértense en promotores inmobiliarios dispostos a vender ou alugar o solo e as edificacións. Habitualmente os propietarios do solo e os promotores inmobiliarios son persoas ou empresas moi ponderosas que buscan facer o maior negocio a través da compra-venda de terreos especulando con eles. Os beneficios que se obteñen no negocio inmobiliario amplíanse pola súa localización. Por iso os promotores exercen presión sobre os concellos para que modifiquen os plans urbanísticos. De feito, todas as persoas, pódense converter doadamente en pequenos especuladores xa que a ninguén lles gusta vender a súa vivenda a un prezo menor do que a comprou. Os empresarios industriais e de servizos son outro tipo de axentes dado que buscan a mellor localización para as súas instalacións. Crean postos de traballo e reclaman que a administración lles constrúa infraestruturas. Os empresarios industriais entran en conflito cos propietarios do solo xa que estes prefiren adicalo a usos residenciais, e coa cidadanía que sobre os inconvenientes da industria. Os cidadáns son uns axentes urbanos esenciais, que buscan satisfacer as súas necesidades básicas. Ademais queren maximizar o seu benestar e minimizar os aspectos negativos. Os cidadáns poden expresar as súas opinións a título individual pero poden chegar a ter máis forza cando se organizan en movementos sociais. Os poderes públicos son os concellos que xogan un papel moi especial no desenvolvemento urbano. Estes, deben ter un rol arbitral.A administración pública decide sobre o solo, pero tamén  sobre a estrutura e a morfoloxía urbana. Os poderes públicos teñen capacidade para lexislar e planificar, encárganse da organización social da cidade ao asegurar o benestar colectivo e ao actuar como árbitros nos conflitos de intereses entre diversos axentes. Entre os intereses dos diversos axentes urbanos existe un conflito latente. O conflito esencial estriba entre os que buscan incrementar o valor de cambio dos solos e  dos edificios e os que defenden o valor de uso.

PLANEAMIENTO URBANÍSTICO: O territorio urbano é unha realidade complexa sobre a que interveñen diferentes axentes con intereses e presións determinados, polo que teñen que establecer algunhas regras que sirvan para impor unha mínima orde. O urbanismo e a ordenación do territorio teñen por obxecto por lle orde ao desenvolvemento urbano dunha vila ou dunha cidade. Preténdese así corrixir os déficits existentes, ao mesmo tempo que planificar. Os plans urbanísticos son un documento técnico con unha dimensión política e legal xa que nel se concentran todas as disposicións e propostas relacionadas co crecemento e evolución da cidade.

Os plans teñen un carácter:

Condicionado. Hai una situación previa que non se pode ignorar. ·Correctivo Buscan emendar os déficits e os problemas existentes. ·Prospectivo. Ao planificar, trazan un plan de investimentos que debuxan un futuro posible para a cidade. ·Normativo. Trátase dunha lei de obrigado cumprimento para todos. Nos plans urbanísticos teñen moita importancia os transportes público e privado: hai que pensar por onde deben circular, as dimensións das rúas e as avenidas.Os plans urbanísticos precisan de plans parciais que permiten actuar más polo miúdo sobre zonas concretas da cidade, xa sexan barrios enteiros ou pequenas prazas. Un plan urbanístico debe ser firme pero a la vez flexible, xa que as circunstancias dunha cidade poden cambiar con relativa facilidade e o plan debe poder adaptarse. Aínda que en cada país e CC.AA estes plans poden chegar a recibir nomes diferentes, podemos distinguir; --PLANS TERRITORIAIS: Afectan a comarcas, rexións… adoitan marcar as grandes liñas do desenvolvemento e transformacións do territorio ou algunha parte do litoral xa que en España son os concellos os responsables máximos dos temas urbanísticos. -PLANS URBANÍSTICOS: O Plan
Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Eran elaborados por técnicos pero nas últimas décadas fóronse abrindo cada vez máis á participación cidadá. Os Plans Especiais ordenan aspectos específicos, como as áreas degradadas ou casco antigo. Cualificación do solo: É o establecemento dos usos e da edificabilidade do solo previamente clasificado. Aínda que con denominacións cambiantes en España os plans de urbanismo clasifican o solo en catro grandes categorías: -Solo urbano é o solo xa construído, xa urbanizado e que conta con rúas trazadas e con subministracións de auga.  -Solo urbanizable son os terreos que nun futuro poderán ser urbanizados e construídos ata conformaren solo urbano. -Solo non urbanizable trátase do solo que nunca poderá ser urbanizado xa sexa por que se trata de zonas protexidas ou ben porque son áreas que sofren riscos naturais.- Sistemas xerais: terreos destinados ó funcionamento xeral do municipio. Os Plans Especiais de Reforma Interior (PERI) ocúpanse da remodelación de barrios xa consolidados e que requiren un tratamento específico.

Entradas relacionadas: