La unión soviética salió de la segunda Guerra Mundial destrozada en el aspecto material

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 34,63 KB

 

1. A formación de bloques antagónicos (1945-1947)

1.1 A consolidación dos bloques

As Conferencias de Ialta e Postdam dividirán Europa en dúas zonas de influencia e os estadounidenses e soviéticos estaban decididos e mantérenas e a impediren que o seu rival puidese gañar novas posicións.

Pero as discrepancias eran fundamentalmente de tipo ideolóxico, xa que ambos representaban dous modelos antagónicos de organización política, social e económica:
O capitalismo liberal (EUA) e o socialismo comunista (URSS).

EE.UU obrigou a expulsar os comunistas dos gobernos de coalición que se formaron nalgúns países da súa área de influencia.

A URSS propiciou que nos países baixo a súa influencia o partido comunista respectivo conseguise o control exclusivo do poder e se instaurasen sistemas comunistas inspirados no soviético.

1.2 A ruptura: O Pano de Aceiro

A ruptura definitiva tivo lugar en 1947, cando o presidente estadounidense expuxo a Doutrina Truman.
Nela denunciaba a creación de réximes comunistas nos países ocupados polo exército soviético e propoñía a intervención americana para frear a ameaza comunista en Europa. Aumentouse  o número de soldados e bases estadounidense en Europa e propúxose o Plan Marshall, unha axuda económica para impulsar a reconstrución de Europa.

A maioría dos países occidentais aceptaron a axuda norteamericana,que foi rexeitada pola Unión Soviética e os países do Leste.

A URSS propuxo o Informe Jdanov, que denunciaba a actuación de EE.UU como unha vía de dominio de Europa. A URSS manifestou a súa decisión de axudar os países que non se quixesen someter á influencia estadounidense e potenciou a creación do Kominform, unha organización que reunía os países comunistas.

O mundo dividírase en dous bloques  por unha fonda brecha que Winston Churchill denominou Pano de Aceiro.
Para afirmar a cohesión dos bloques, cada potencia organizou unha alianza militar de países afíns.Os aliados de EE.UU. Crearon a OTAN e, en 1955, a Unión Soviética  e os seus aliados formaron o Pacto de Varsovia.

1.3 A partición de Alemaña

O primeiro escenario de enfrontamento tivo lugar en Alemaña.Este país quedara dividido en catro zonas ocupadas por británicos, franceses, estadounidenses e soviéticos.

No 1848, os tres aliados occidentais decidiron unificar os seus territorios e crear un Estado federal alemán.

A URSS ordenou o bloqueo da cidade de Berlín, dividida en catro zonas e colocada na zona soviética.Ordenouse o cerre de fronteiras e illouse o sector occidental da cidade.EE.UU. Respondeu co establecemento dunha ponte aérea para abastecer a cidade, que se prolongou durante un ano.

A crise acelerou a división de Alemaña en dous Estados: a República Federal de Alemaña, que se encadrou dentro do bloque occidental, e a República Democrática de Alemaña, baixo a influencia soviética.Berlín quedou dividida en dúas zonas entre as que se levantou un muro no ano 1961.

2.1 Que é a Guerra Fría?

A Guerra Fría consistiu nun modelo de relacións internacionais que se desenvolveu despois da II Guerra
Mundial baseado nun permanente antagonismo entre os bloques, liderados por EEUU e URSS.Foi un enfrontamento moi tenso sen chegar a unha confrontación bélica directa entre as dúas potencias, estas desenvolveron unha gran carreira de armamentos e adoptaron unha actitude moi belixerante.A tensión entre os bloques implicou tamén o emprego do xogo sucio, da propaganda hostil contra o inimigo e da espionaxe.

2.3 Coexistencia pacífica e distensión entre os bloques

A finais da década de 1950, o clima de tensión entre os bloques deu paso a unha nova coexistencia pacífica.Unha nova xeración de dirixentes (Jruschov na URSS e Kennedy en EUA) amosáronse cunha actitude máis tolerante cara ás discrepancias ideolóxicas do bloque rival.Aínda que os conflitos estaban abertos, a evidencia de que ambos os dous posuían armamento nuclear que os podía levar á destrución masiva, e a conciencia de que estaban aparecendo novos protagonistas na escena internacional (Terceiro Mundo) cuxos problemas e conflitos ían máis alá dos intereses dos bloques, levaron a intentar solucionar pola vía pacífica algúns conflitos.Establecéronse relacións directas entre os primeiros mandatarios (teléfono roxo) e negociáronse crise como a de Cuba.Ambos amosáronse proclives ao establecemento de acordos para frear a carreira de armamentos (Acordos SALT).EUA no 1972, estableceu relacións coa China comunista e as dúas Alemañas iniciaron conversas que as levaron a recoñecérense oficialmente.

3. A descolonización



3.1 As causa da descolonización

O desexo de independencia da maioría da poboación das colonias fronte a unha metrópole que impuxera as súas formas de vida e cultura, gobernaba de forma despótica e desarticulara a súa economía. A puxanza dos movementos nacionalistas inspirados en diferentes ideoloxías, se viron con forzas para enfrontárense aos colonizadores.A diminución do prestixio das potencias coloniais , que durante o conflito mundial foron derrotadas polo Eixe e boa parte das súas colonias asiáticas resultaron ocupadas por Xapón.Esta derrota púxolle fin á lenda da superioridade da raza branca e da imbatibilidade das potencias europeas.A expansión dunha opinión internacional contraria á colonización, que se manifestou a través da Carta do Altlántico, a Declaración da ONU e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que proclamaron o dereito dos pobos a dispoñeren de si mesmos.O apoio á descolonización das dúas grandes potencias que non posuían imperios coloniais e tiñan interese en debilitar as vellas potencias europeas.

3.3 O xurdimento do Terceiro Mundo

A independencia política dos países colonizados non foi acompañada dunha independencia económica, xa que na maioría se mantiveron moitos dos intereses económicos das antigas metrópoles.
Neocolonialismo, unha nova forma de dominio que implica unha dependencia económica e cultural de moitas das antigas colonias respecto da súa antiga metrópole.Estes países xurdidos da descolonización manifestaron a súa vontade de non seren simples peóns da política internacional das grandes potencias e expresaron o seu dereito a decidir o seu destino e a afrontar o problema da pobreza.Con estes obxectivos, reuniuse a Conferencia de Bandung, que acolleu os representantes  de 29 países africanos e asiáticos recentemente descolonizados e na que destacaron as intervencións de líderes como Sukarno,Nehru e Nasser.En Bandung acordouse unha serie de principios: condena do colonialismo, soberanía e igualdade de todas as nacións, rexeitamento a toda intervención estranxeira nos asuntos internos dos Estados, arranxo dos conflitos por vía pacífica e creación de plans de axuda ao desenvolvemento económico e cultural dos países afroasiáticos.Outro obxectivo foi o establecemento dunha alianza de Estados independentes e a instauración dunha corrente neutralista e de non aliñamento coa política internacional das dúas grandes potencias.Na Conferencia de Belgrado (1961) estableceuse o Movemento de Países Non Aliñados que integrou a 25 países.


4.1 A afirmación da potencia estadounidense


A 2GM implicou a hexemonía estadounidense sobre o mundo capitalista.O predominio apoiábase na súa superioridade tecnolóxica e económica:
Dispoñía de 2/3 das reservas de ouro e concentraba case o 50% de toda a riqueza do planeta. Gozaba de prestixio político polo seu papel decisivo na derrota do nazismo e do fascismo, e posuía unha enorme política militar.
A actuación de EUA centrouse en dous obxectivos primordiais: manter a súa primacía sobre o mundo capitalista e frear a expansión comunista.E.U.A desenvolveu un intenso programa de axuda á reconstrución posbélica cunha serie de medidas: garantir a estabilidade das moedas, fixando o dólar como moeda de intercambio (Acordos de Bretton Woods), crear organismos para asegurar a reconstrución (FMI e BIRD)
E desenvolver un gran programa de axuda a Europa (Plan Marshall)
.

4.2 A evolución política e social


En EUA, os dous grandes partidos políticos do país, demócratas e republicanos, continuáronse relevando no poder. Os primeiros,tiveron a presidencia na posguerra (Truman) os republicanos tomaron o poder no 1953 con Eisenhower accederon o poder.Na presidencia de Truman desenvolveuse unha política fortemente anticomunista (caza de bruxas).En 1960, o demócrata Jonh F.Kennedy conseguiu gañar as eleccións, cun programa que pretendía relanzar a economía e a tecnoloxía (carreira espacial) e facerlle fronte ás desigualdades sociais e raciais.O asasinato do presidente 1963, foi un duro golpe, aínda que o seu programa continuou vixente durante a presidencia do seu sucesor Lyndon B.Jonhson.EUA amosoulle ó mundo un modelo de vida baseado na abundancia e no consumo.
Pero a sociedade tiña un lado escuro. Amplos sectores sociais (parados,xubilados,asalariados agrícolas) quedaban excluídos da opulencia.
Ademais, a poboación negra sufría unha gran discriminación racial, sobre todo nos Estados escravistas do Sur.A finais da década dos 60 este modelo social comezou a ser contestado.
As organizacións e os líderes que defendían os dereitos da poboación negra radicalizáronse  (Black Panthers,Malcom X) e a xuventude rebelouse (movemento hippie) contra os valores imperantes. Estados Unidos tamén viu contestada a súa hexemonía no ámbito internacional.
O coñecemento das masacres en Vietnam e a simpatía por movementos revolucionarios sensibilizaron a opinión mundial e estendeuse un certo sentimento antiestadounidense.

4.3 Europa: crecemento económico e democracia


Tras a 2GM, os países europeos estaban arruinadas pola contenda.O Plan Marshall foi o motor da reconstrución, 13000 millóns de dólares a través de préstamos e doazóns.A aceptación do Plan implicaban un certo control sobre a economía dos países beneficiados e a súa contribución á loita contra o consumismo.Na década 1950, Europa occidental iniciou un longo período de crecemento económico.
As taxas anuais de crecemento do PNB superaron o 5%.Experimentouse unha mellora da renda por habitante, unha suba dos salarios, uns baixos índices de paro, unha modernización do seu aparato produtivo e un gran crecemento de novas industrias (química,automóbil,electrónica e informática).Así mesmo, orixinouse unha progresiva terciarización da poboación activa ao aumentaren as actividades de servizos (lecer e turismo, ensinanza, sanidade e transporte).O crecemento económico viuse acompañado en Europa occidental pola consolidación de sistemas políticos demócratas.

4.4 Xapón, o capitalismo asiático


Xapón foi ocupado polas forzas estadounidenses, que estableceron neste país un sistema político inspirado nas democracias occidentais.
E.U.A viu en Xapón o seu mellor aliado asiático.
Os estadounidenses decidiron fomentar a súa rápida recuperación económica e devolverlle a soberanía perdida.En menos de vinte anos, Xapón converteuse na segunda potencia económica mundial.
Unha serie de factores explican as causas deste “milagre económico”: a axuda de Estados Unidos, a non existencia de gastos militares, un grande esforzo de innovación tecnolóxica, a superabundancia de man de obra e a escasa cobertura social.Xapón soubo combinar a presenza de grandes grupos industriais e financeiros, que controlaban os sectores básicos da economía, con pequenas industrias de tipo tradicional.

5. A Unión Soviética e o bloque socialista

5.1 A reconstrución económica


A U.Soviética saíu da 2GM esnaquizada no aspecto material, pero enormemente reforzada no seu papel de líder dos comunistas do mundo.Nos catro anos seguintes reconstruíu a súa economía e acadou o nivel anterior á guerra.Este grande esforzo realizouse mediante unha extraordinaria mobilización social, con imensos recursos dedicados ao progreso técnico e científico, co desenvolvemento de amplas rexións da zona asiática e coa incorporación das mulleres ao mundo laboral.Na reconstrución déuselle prioridade á industria pesada, á de armamento e ás comunicacións. O obxectivo era converterse na gran potencia industrial alternativa a Estados Unidos.O crecemento económico orixinou un modelo profundamente desequilibrado.
A excesiva importancia da industria pesada produciu unha  debilidade  na industria de consumo e deu lugar á escaseza de produtos, polo que se mantivo o racionamento de alimentos.

5.2 A sociedade soviética


Presentaba dous grandes grupos sociais:
Unha maioritario constituídos por asalariados e campesiños, e outro formado por intelectuais e profesionais (militares,funcionarios,artistas..)que gozaban dalgún privilexio pero que, ao non existir propiedade privada dos medios de produción non constituían unha clase dominante.O conxunto da poboación, aínda que tiña acceso a bens de consumo moi reducido, asistiu paulatinamente a unha certa mellora do nivel de vida, sobre todo a partir de 1956. Garantiuse para todos os cidadáns o traballo, as pensións, as vacacións pagas, a vivenda, a educación e a sanidade.A clase dominante na URSS formábana aqueles grupos que exercían o poder político, vinculados esencialmente no partido Comunista (PCUS). O poder outorgáballes riqueza ou cargos públicos e o acceso a determinados produtos de consumo (automóbiles).

5.3 A desestalinización da URSS


Stalin, xefe do Partido Comunista e do goberno converteuse no dirixente que conducira á URSS á vitoria.Fomentouse un auténtico culto a súa persoa e perseguiuse sistematicamente a todo disidente, promovendo un verdadeiro terror de Estado. Pero a súa morte, abriu un período  de cambios na URSS. O XX Congreso de PCUS significou o inicio da desestalinización, o recoñecemento dos graves erros do período anterior.A chegada de Jruschov ó poder impuxo  un programa de reformas  para mellorar o nivel de vida e outorgar maior liberdade de expresión e tolerancia. En política exterior, abriuse o camiño á coexistencia pacífica entre os bloques pero, as reformas tomadas por Jruschov foron paralizadas en 1964 e este foi destituído. Unha nova dirección encabezada por Breznev volveu a impoñer un férreo control ideolóxico e político (inmobilismo)
, e continuaron sen solucionarse os desequilibrios económicos.

5.4 As democracias populares de Europa do Lesta

Os Estados de Europa oriental, conformaron a partir de 1945 gobernos de fronte nacional, con presenza de diversos partidos políticos, e desenvolveron programas de reconstrución mediante una fórmula intermedia entre o capitalismo e o socialismo.Procedeuse a unha repartición das grandes propiedades agrícolas entre os campesiños, sen chegar á colectivización.Se nacionalizaron as grandes empresas e a banca, iniciouse a posta en marcha da industria pesada. Pero a Guerra Fría fixo que os países do Leste evolucionasen cara un aliñamento  coa Unión Soviética.
A presión de EE.UU exercida en Europa mediante O Plan Marshall, inquietou a URSS que forzou os comunistas das democracias populares a facérense co poder, impoñer a vía socialista e aliñarse coa política exterior soviética.
Os países controlados pola URSS tiveron que integrarse no COMECON unha especie de mercado común da área soviética. Igualmente, o Pacto de Varsovia integrou os diversos exércitos baixo un mando único soviético.Este dominio da URSS sobre os Estados do Leste foi contestado polas súas poboacións en diversos países. En Hungría, produciuse un levantamento contra a presenza soviética. A URSS interveu militarmente e os principais dirixentes (Nagy) foron fusilados.En Checoslovaquia, o Partido Comunista, dirixido por Alexander Dubcek, tratou de poñer en marcha unha experiencia propia de socialismo (Primavera de Praga) pero, igualmente, a intervención das forzas do Pacto de Varsovia acabou co intento.


2.2 Os conflitos da Guerra Fría

A rivalidade  entre as superpotencias manifestouse tamén en conflitos bélicos afastados do seu territorio, nos que o enfrontamento se producía indirectamente a través de aliados periféricos.

A Guerra de Corea


O Norte da península coreana foi ocupado polas tropas rusas, e o Sur, polos estadounidenses.Corea dividiuse en dous Estados.Corea do Norte invadiu Corea do Sur co apoio soviético, e as tropas estadounidenses, apoiadas pola ONU, interviñeron en defensa dos surcoreanos.O conflito rematou, en 1953, coa Paz de Panmunjon, que consolidou a división das dúas Coreas.

A Guerra de Vietnam:


as forzas comunistas do Vietminh proclamaron a independencia en 1945.Francia non a aceptou e iniciouse unha guerra entre a guerrilla comunista.E o exército colonial francés.A guerra finalizou en 1954, coa derrota dos franceses e consolidou a división entre Vietnam do Norte ( dirixido por un goberno comunista), e Vietnam do Sur (cun réxime pro-occidental).Tras a retirada dos franceses,EE.UU. Enviou un continxente militar en apoio de Vietnam do Sur para evitar a reunificación dos dous Vietnam baixo un réxime comunista.Iniciouse unha guerra que rematou en 1973 coa perda de EE.UU e no ano 1975 unificouse instaurando o comunismo.

A crise dos misiles:


en 1959 instaláronse en Cuba un réxime revolucionario dirixido por Fidel Castro, que nunca foi aceptado por EE.UU.Para afogar ó réxime castrista, o goberno estadounidense declarou o boicot económico á illa, pero axiña Cuba recibiu o apoio da URSS e se foi aliñando co bloque comunista.Os soviéticos ían instalar misiles nucleares  na illa,EE.UU ordenou o bloqueo marítimo.
Os soviéticos retiráronse co compromiso de desmontar as bases militares  e EUA levantou o bloqueo.

3.2 O proceso descolonizador

- A primeira etapa iniciouse en Oriente Próximo e Asia durante a 2GM.En Oriente próximo accederon a independencia o Líbano, Siria e Xordania.
Acabouse o mandato británico sobre Palestina e pasou a formar Israel.

- En Asia o R.Unido aceptou a independencia da India, e Indonesia converteuse nun Estado independente.

- A segunda etapa afectou ó Norte de África e iniciouse en 1951, cando Libia aceptou a soberanía.Francia recoñeceu a independencia de Marrocos e Tunisia, pero intentou manterse en Alxeria feito que implicou unha guerra.

- A terceira fase produciuse en África subsahariana  e espallouse entre os anos 1955 e 1965, a maioría das colonias británicas, francesas e belgas.

- A última fase tivo como escenario o Cono Sur africano e foi bastante serodia. Os portugueses fixeron afectiva a descolonización( Ángola, Mozambique)
E Namibia.

- Por último, en África do Sur, cuxa independencia fora declarada polos colonos branco en 1961, o réxime do apartheid mantívose ata 1993.



4.1 A afirmación da potencia estadounidense


A 2GM implicou a hexemonía estadounidense sobre o mundo capitalista.O predominio apoiábase na súa superioridade tecnolóxica e económica:
Dispoñía de 2/3 das reservas de ouro e concentraba case o 50% de toda a riqueza do planeta. Gozaba de prestixio político polo seu papel decisivo na derrota do nazismo e do fascismo, e posuía unha enorme política militar.
A actuación de EUA centrouse en dous obxectivos primordiais: manter a súa primacía sobre o mundo capitalista e frear a expansión comunista.E.U.A desenvolveu un intenso programa de axuda á reconstrución posbélica cunha serie de medidas: garantir a estabilidade das moedas, fixando o dólar como moeda de intercambio (Acordos de Bretton Woods), crear organismos para asegurar a reconstrución (FMI e BIRD)
E desenvolver un gran programa de axuda a Europa (Plan Marshall)
.

4.2 A evolución política e social


En EUA, os dous grandes partidos políticos do país, demócratas e republicanos, continuáronse relevando no poder. Os primeiros,tiveron a presidencia na posguerra (Truman) os republicanos tomaron o poder no 1953 con Eisenhower accederon o poder.Na presidencia de Truman desenvolveuse unha política fortemente anticomunista (caza de bruxas).En 1960, o demócrata Jonh F.Kennedy conseguiu gañar as eleccións, cun programa que pretendía relanzar a economía e a tecnoloxía (carreira espacial) e facerlle fronte ás desigualdades sociais e raciais.O asasinato do presidente 1963, foi un duro golpe, aínda que o seu programa continuou vixente durante a presidencia do seu sucesor Lyndon B.Jonhson.EUA amosoulle ó mundo un modelo de vida baseado na abundancia e no consumo.
Pero a sociedade tiña un lado escuro. Amplos sectores sociais (parados,xubilados,asalariados agrícolas) quedaban excluídos da opulencia.
Ademais, a poboación negra sufría unha gran discriminación racial, sobre todo nos Estados escravistas do Sur.A finais da década dos 60 este modelo social comezou a ser contestado.
As organizacións e os líderes que defendían os dereitos da poboación negra radicalizáronse  (Black Panthers,Malcom X) e a xuventude rebelouse (movemento hippie) contra os valores imperantes. Estados Unidos tamén viu contestada a súa hexemonía no ámbito internacional.
O coñecemento das masacres en Vietnam e a simpatía por movementos revolucionarios sensibilizaron a opinión mundial e estendeuse un certo sentimento antiestadounidense.

4.3 Europa: crecemento económico e democracia


Tras a 2GM, os países europeos estaban arruinadas pola contenda.O Plan Marshall foi o motor da reconstrución, 13000 millóns de dólares a través de préstamos e doazóns.A aceptación do Plan implicaban un certo control sobre a economía dos países beneficiados e a súa contribución á loita contra o consumismo.Na década 1950, Europa occidental iniciou un longo período de crecemento económico.
As taxas anuais de crecemento do PNB superaron o 5%.Experimentouse unha mellora da renda por habitante, unha suba dos salarios, uns baixos índices de paro, unha modernización do seu aparato produtivo e un gran crecemento de novas industrias (química,automóbil,electrónica e informática).Así mesmo, orixinouse unha progresiva terciarización da poboación activa ao aumentaren as actividades de servizos (lecer e turismo, ensinanza, sanidade e transporte).O crecemento económico viuse acompañado en Europa occidental pola consolidación de sistemas políticos demócratas.

4.4 Xapón, o capitalismo asiático


Xapón foi ocupado polas forzas estadounidenses, que estableceron neste país un sistema político inspirado nas democracias occidentais.
E.U.A viu en Xapón o seu mellor aliado asiático.
Os estadounidenses decidiron fomentar a súa rápida recuperación económica e devolverlle a soberanía perdida.En menos de vinte anos, Xapón converteuse na segunda potencia económica mundial.
Unha serie de factores explican as causas deste “milagre económico”: a axuda de Estados Unidos, a non existencia de gastos militares, un grande esforzo de innovación tecnolóxica, a superabundancia de man de obra e a escasa cobertura social.Xapón soubo combinar a presenza de grandes grupos industriais e financeiros, que controlaban os sectores básicos da economía, con pequenas industrias de tipo tradicional.


5. A Unión Soviética e o bloque socialista

5.1 A reconstrución económica


A U.Soviética saíu da 2GM esnaquizada no aspecto material, pero enormemente reforzada no seu papel de líder dos comunistas do mundo.Nos catro anos seguintes reconstruíu a súa economía e acadou o nivel anterior á guerra.Este grande esforzo realizouse mediante unha extraordinaria mobilización social, con imensos recursos dedicados ao progreso técnico e científico, co desenvolvemento de amplas rexións da zona asiática e coa incorporación das mulleres ao mundo laboral.Na reconstrución déuselle prioridade á industria pesada, á de armamento e ás comunicacións. O obxectivo era converterse na gran potencia industrial alternativa a Estados Unidos.O crecemento económico orixinou un modelo profundamente desequilibrado.
A excesiva importancia da industria pesada produciu unha  debilidade  na industria de consumo e deu lugar á escaseza de produtos, polo que se mantivo o racionamento de alimentos.

5.2 A sociedade soviética


Presentaba dous grandes grupos sociais:
Unha maioritario constituídos por asalariados e campesiños, e outro formado por intelectuais e profesionais (militares,funcionarios,artistas..)que gozaban dalgún privilexio pero que, ao non existir propiedade privada dos medios de produción non constituían unha clase dominante.O conxunto da poboación, aínda que tiña acceso a bens de consumo moi reducido, asistiu paulatinamente a unha certa mellora do nivel de vida, sobre todo a partir de 1956. Garantiuse para todos os cidadáns o traballo, as pensións, as vacacións pagas, a vivenda, a educación e a sanidade.A clase dominante na URSS formábana aqueles grupos que exercían o poder político, vinculados esencialmente no partido Comunista (PCUS). O poder outorgáballes riqueza ou cargos públicos e o acceso a determinados produtos de consumo (automóbiles).

5.3 A desestalinización da URSS


Stalin, xefe do Partido Comunista e do goberno converteuse no dirixente que conducira á URSS á vitoria.Fomentouse un auténtico culto a súa persoa e perseguiuse sistematicamente a todo disidente, promovendo un verdadeiro terror de Estado. Pero a súa morte, abriu un período  de cambios na URSS. O XX Congreso de PCUS significou o inicio da desestalinización, o recoñecemento dos graves erros do período anterior.A chegada de Jruschov ó poder impuxo  un programa de reformas  para mellorar o nivel de vida e outorgar maior liberdade de expresión e tolerancia. En política exterior, abriuse o camiño á coexistencia pacífica entre os bloques pero, as reformas tomadas por Jruschov foron paralizadas en 1964 e este foi destituído. Unha nova dirección encabezada por Breznev volveu a impoñer un férreo control ideolóxico e político (inmobilismo)
, e continuaron sen solucionarse os desequilibrios económicos.

5.4 As democracias populares de Europa do Lesta

Os Estados de Europa oriental, conformaron a partir de 1945 gobernos de fronte nacional, con presenza de diversos partidos políticos, e desenvolveron programas de reconstrución mediante una fórmula intermedia entre o capitalismo e o socialismo.Procedeuse a unha repartición das grandes propiedades agrícolas entre os campesiños, sen chegar á colectivización.Se nacionalizaron as grandes empresas e a banca, iniciouse a posta en marcha da industria pesada. Pero a Guerra Fría fixo que os países do Leste evolucionasen cara un aliñamento  coa Unión Soviética.
A presión de EE.UU exercida en Europa mediante O Plan Marshall, inquietou a URSS que forzou os comunistas das democracias populares a facérense co poder, impoñer a vía socialista e aliñarse coa política exterior soviética.
Os países controlados pola URSS tiveron que integrarse no COMECON unha especie de mercado común da área soviética. Igualmente, o Pacto de Varsovia integrou os diversos exércitos baixo un mando único soviético.Este dominio da URSS sobre os Estados do Leste foi contestado polas súas poboacións en diversos países. En Hungría, produciuse un levantamento contra a presenza soviética. A URSS interveu militarmente e os principais dirixentes (Nagy) foron fusilados.En Checoslovaquia, o Partido Comunista, dirixido por Alexander Dubcek, tratou de poñer en marcha unha experiencia propia de socialismo (Primavera de Praga) pero, igualmente, a intervención das forzas do Pacto de Varsovia acabou co intento.


6. A volta á tensión entre os bloques (1975-1985)

6.1 A expansión á influencia soviética

O modelo soviético resultou atractivo para numerosos países descolonizados, ou con grandes desigualdades sociais, como os de América Latina. Eran países sen tradición democrática, con graves problemas económicos e sociais, nos que xorden movementos revolucionarios de mercado carácter nacionalista e socialista.En América Latina, o triunfo da Revolución cubana en 1959, impulsou a creación de guerrillas comunistas e antimperialistas por todo o continente. En 1979 triunfou a revolución sandinista en Nicaragua, feito que alentou o avance guerrilleiro no Salvador e Guatemala.En Asia, a influencia comunista estendeuse despois da revolución na China e do triunfo comunista en Vietnam. En Oriente Próximo, Siria e Exipto achegáronse á URSS da que recibiron axuda militar.En África algúns Estados da Magreb adoptaran réximes socializantes, a influencia soviética estendíase en Etiopía e a África subsahariana.
A URSS deulle o seu apoio a Guinea, Malí e Benin e xunto a tropas cubanas sustentaron os movementos comunistas de Angola, Namibia e Mozambique.

6.2 Estados Unidos: a loita por manter a hexemonía

EE.UU tamén establecera a súa influencia en numerosos países do Terceiro Mundo.
Mantiña unha forte presenza en América Latina, onde apoiaba diversas ditaduras e no Norte de África. Tiña relacións amigables cos réximes de Irán, Paquistán ou Israel que asemade se atopaban enfrontados a potencia protexidas pola Unión Soviética.Na década de 1970 foi unha época difícil para os intereses do mundo capitalista.En 1973, unha grave crise económica (crise do petróleo) provocou unha gran depresión económica e o afundimento do comercio.A derrota de EUA en Vietnam, a extensión das guerrillas en Latinoamérica, a caída do réxime proamericano do sha en Irán, para dar lugar a unha república islámica fortemente integrista e antiamericana, e a invasión de Afganistán  polos soviéticos, semellaban facer perigar a posición de EUA no mundo.Como resposta en 1981, o novo presidente estadounidense, Ronald Reagan, abandonou a política de distensión, anunciou o rearmamento norteamericano e reafirmou unha política exterior intervencionista:
Instalación de mísiles nucleares en Europa, intervencións militares en América Latina , apoio a guerrillas contrarrevolucionarias en numerosos países asiáticos e africanos etc.EUA apostou por apoiar aos sectores disidentes dos países socialistas, para contribuír á crise do poder soviético e proporcionoulles axuda económica e política a todos os movementos de oposición da Europa do Leste.

6.3 Un novo tipo de conflitos

No derradeiro terzo do século XX, malia os esforzos das grandes potencias por continuaren mantendo o seu poder no mundo bipolar, algúns dos conflitos e os problemas comezan a ir máis alá  da simple lóxica da política de bloques, da loita entre EUA e a URSS.Logo da revolución de Jomeini en Irán, maniféstase un emerxente mundo islámico, tan arredado de EUA como da URSS, que ha de orixinar graves conflitos nos anos posteriores.Os problemas da pobreza e as disputas de tipo étnico-relixioso en continentes como África, abrirán multitude de pequenos conflitos locais, dificilmente gobernables polas grandes potencias.
China convertérase nun xigante, pola súa poboación e produción, e establecerá a súa política exterior como máis conveña, moi apartada dos intereses dos bloques.

Entradas relacionadas: