Turismo e Transporte en Galicia: Análise e Evolución
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 12,02 KB
O Transporte Aéreo
O transporte aéreo experimentou un rápido desenvolvemento debido ao crecemento da renda, o aumento da demanda turística e o abaratamento dos prezos. As súas características son:
- a) As competencias sobre os aeroportos están repartidas entre o Estado e as comunidades autónomas.
- b) A rede aeroportuaria ten moitos aeroportos, xa que se segue a política de que todas as cidades de certo tamaño contasen con un.
- c) O tráfico de pasaxeiros é moi competitivo, mentres que o de mercadorías é moi escaso (*).
- d) Existen desequilibrios territoriais.
- e) As actuacións ambientais céntranse en retirar os avións máis contaminantes e ruidosos. As aerolíneas e os aeroportos teñen sistemas de xestión ambiental.
- f) O Plan de Infraestruturas de Transporte pretende unha especialización dos aeroportos en función das súas vantaxes comparativas (*).
- g) A integración aérea coa UE realízase mediante o proxecto “Ceo Único Europeo”, que harmoniza a xestión do tráfico aéreo para evitar a conxestión aeroportuaria.
As Comunicacións
Desde o século XIX, as comunicacións foron perfeccionándose. Os avances da informática e das telecomunicacións permiten acceder a unha ampla información a través das autoestradas da información. Estes avances foron vitais para a economía e para o proceso de globalización. A rede de telecomunicacións española experimentou un gran crecemento, aínda que é inferior a outros países do seu contorno e presenta desequilibrios territoriais.
O Sistema de Transporte Galego
As Comunicacións por Estrada
O relevo de Galicia foi un obstáculo para o desenvolvemento das comunicacións terrestres, pero estes foron solucionados coa aplicación de distintos plans: Plan de Estradas 1991-2000, Plan Director de Infraestruturas 2000-2007 e Plan Director de Estradas 2009-2020. A estrutura radial das infraestruturas está sendo superada grazas ao intercambio entre as dúas metrópoles galegas e as súas áreas de influencia, e á dinámica territorial. En conxunto, a rede de estradas actuais organízase en torno a tres eixes: Eixe Norte, Eixe Sur, Eixe Atlántico e Rede transversal de estradas de segundo nivel.
A Rede Ferroviaria
As principais liñas son as que comunican Galicia co resto de España e a liña de vía estreita (FEVE), ademais do trazado A Coruña-Vigo. Este medio de transporte ten graves deficiencias que tratan de solucionarse.
O Transporte Marítimo e o Tráfico Aéreo
Os portos de mercadorías e de viaxeiros de Galicia sempre tiveron un tráfico importante. Ten gran importancia tamén o tráfico pesqueiro, xa que conta co 40% da flota española. Dos tres aeroportos galegos, o máis importante é o de Lavacolla (Santiago).
Os Espazos Turísticos
O turismo é o conxunto de actividades desenvolvidas polas persoas nas viaxes e estancias realizadas fóra do seu contorno habitual por motivos de ocio, negocio ou outros, e durante un período inferior a un ano. O turismo inclúe tres modalidades: o receptor, o interno e o emisor.
Os Recursos Turísticos de España
España ten un gran desenvolvemento turístico e é a segunda potencia turística do mundo. Isto débese aos bos e amplos recursos naturais e culturais.
Evolución do Turismo e os seus Factores
O Modelo Turístico Tradicional
O modelo turístico implantado nos anos 60 foi o de “sol e praia”, que se caracterizaba por unha ampla e barata oferta turística dirixida a unha demanda homoxénea e masiva, cun poder adquisitivo medio ou baixo, concentrada no verán e nos lugares de sol e praia. Os factores que consolidaron este modelo foron externos e internos:
- a) Os factores externos foron o desenvolvemento económico de Europa occidental e setentrional e o progreso do transporte.
- b) Os factores internos foron a proximidade xeográfica de España á clientela europea, os excelentes recursos naturais e culturais, o baixo custo, a existencia de infraestruturas e servizos axeitados á demanda e a política estatal.
A Crise do Modelo Turístico Tradicional
Entre 1973 e 1985, o turismo español pasou por unha etapa de crise. Esta debeuse nun principio a causas conxunturais, como a crise económica mundial, e logo a causas de fondo, como os problemas da oferta turística española e a aparición de novos destinos competidores.
A Reconversión cara a un Novo Modelo Turístico
A partir de 1985, o turismo volve a ter unhas boas cifras. As causas deste novo auxe foron o ingreso de España na UE, o crecemento do turismo interno e o inicio cara a un novo modelo turístico, baseado na calidade e na sostibilidade. O novo modelo turístico caracterízase por unha oferta turística de calidade dirixida a unha demanda diferenciada e menos numerosa, con máis poder adquisitivo e mellor repartida no tempo e no espazo, como resultado dunha maior diversificación das modalidades de turismo. O novo modelo proponse reducir a dependencia exterior na comercialización do turismo e conseguir a sostibilidade ambiental desta actividade. Os factores deste novo modelo turístico son: a calidade e a diversificación da oferta, a promoción do turismo e a sostibilidade ambiental.
Características do Turismo Español
A Oferta Turística
A oferta turística é o conxunto de servizos a disposición do turista. Entre os máis destacados están:
- Os vendedores do produto: son as institucións que fan a promoción do turismo e as axencias de viaxes.
- As instalacións turísticas: a oferta de aloxamento, de manutención e a de recreo.
A Demanda Turística
A demanda turística é o colectivo que solicita os servizos turísticos.
- a) A demanda estranxeira: procede de Europa occidental e do norte. É un turismo estival que se concentra nas zonas de sol e praia de Cataluña, Baleares, Canarias, Andalucía e Valencia.
- b) A demanda nacional: procede de Madrid, Cataluña, Andalucía e Valencia. Repártese ao longo do ano. Viaxa sen reserva ou contrata directamente os servizos turísticos e alóxase en establecementos extrahoteleiros.
- c) A excesiva estacionalidade da demanda é un dos problemas do turismo español. A concentración da demanda nuns poucos meses provoca un exceso de utilización estacional das infraestruturas coa conseguinte saturación, perda de calidade e problemas ambientais. En cambio, o seu escaso uso durante o resto do ano dificulta a amortización do capital investido. Nos últimos anos pódese apreciar certa suavización da estacionalidade debido á tendencia a repartir as vacacións durante o ano, o desenvolvemento do turismo interno de inverno e do social, etc.
Os Tipos de Turismo
Ademais do turismo de sol e praia, teñen importancia outro tipo de turismo:
- O turismo de bordo de auga ten como modalidade maioritaria o turismo costeiro de sol e praia, aínda que existen outras ligadas a ríos, lagos e encoros. Está a cobrar importancia o turismo termal ou de balneario.
- O turismo de montaña é un turismo de neve ligado ao deporte de esquí, así como a outra práctica de actividades.
- O turismo ecolóxico céntrase na visita de espazos naturais protexidos nos que se combina a protección ambiental co uso recreativo.
- O turismo rural: aloxamento e estancia no mundo rural.
- O turismo urbano: é un turismo cultural dirixido ás cidades con patrimonio histórico, artístico e cultural. Está a cobrar auxe o turismo urbano de negocios.
As Áreas Turísticas
Os espazos turísticos inclúen áreas e puntos turísticos. As áreas turísticas son espazos amplos que contan cunha elevada densidade de turistas, estranxeiros ou nacionais. Os puntos turísticos son focos turísticos illados, ligados a atractivos concretos, como as estacións de esquí, os centros de turismo rural e as cidades históricas monumentais de interior peninsular. De acordo co seu uso, todos estes espazos poden ser de tempada ou especialmente turístico.
As Áreas Turísticas de Alta Densidade
..-As áreas turísticas de sol e praia son as illas Baleares e Canarias e a costa mediterránea peninsular. Presentan diferenzas notables en 3 aspectos: a accesibilidade, o modelo de ocupación do espazo e o tipo de aloxamento.-Madrid: a penas ten estacionalidade turística e alberga unha gran oferta hoteleira destinada ao turismo cultural e de negocios. As áreas turísticas de media e baixa densidade e os puntos turísticos.Estas están relacionadas coa difusión do turismo de sol e praia cara a espazos litorais ou prelitorais próximos e co crecemento doutras modalidades turísticas diferentes.-Certos tramos do litoral e prelitoral mediterráneo e suratlántico incorporáronse ao turismo de sol e praia.-O litoral galego e cantábrico ofrece áreas costeiras e interiores non masificades e destacadas paisaxes rurais e naturais.-Os puntos turísticos máis destacados son as estacións de esquí, os centros de turismo rural e as cidades históricas e artísticas. As repercusións espaciais do turismo.Repercusións demográficas:-Nas áreas litorais: o turismo incrementa os efectivos de poboación (adultos novos que buscan traballo ou xubilados que se establecen de forma permanente).-En certas áreas rurais e de montaña e nalgunhas cidades históricas en declive, o turismo freou o despoboamento e estimulou a revitalización da artesanía e das tradicións.Repercusións no poboamento:-No litoral: estende o poboamento urbano e favorece a formación de conurbacións e a alta densidade de construción e especulación do solo.-Nalgúns espazos rurais, de montaña e urbanos o turismo axudou a rehabilitación do patrimonio edificado.Repercusións económicas:-O turismo xera máis do 12% do emprego: servizos turísticos, mixtos, para turistas ou non turistas, pero soe ser estacional.-Exerce un efecto multiplicador sobre outras actividades económicas.-Achega riqueza ao país: é un dos piares básicos da prosperidade económica española.-Compensa a balanza comercial, freando o endebedamento externo.-Inflúe na política de transportes, que se orientou a dotar de boa accesibilidade os núcleos turísticos.Repercusións políticas, culturais e sociolóxicas:-O turismo fomenta o achegamento entre os pobos e o contacto entre culturas.-O turismo incide sobre a sociedade local, positivamente: cambio e modernización social; negativamente: perda de costumes e sinais de identidade propios.Repercusións na ordenación do territorio:a) Nas áreas litorais máis turísticas, o turismo ordena os espazos próximos en función das súas necesidades converténdoos en superficies recreativas ou en periferias de servizos. As consecuencias deste feito son:alteración no medio e na paisaxe, transformacións económicas e conflitos polo uso do solo e dos recursos.b) Nas áreas de turismo rural e de montaña, o turismo crea conflitos coas actividades agrarias ou fomenta o seu abandono.c) Nas cidades históricas, os cascos antigos especialízanse en actividades ao servizo do turista e as súas periferias instalan segundas residencias ou hoteis para satisfacer a demanda.Repercusións ambientais:Debido o forte desenvolvemento do turismo en pouco tempo nun espazo reducido e nun tempo no que aínda non había moita conciencia ambiental produciuse o levantamento de hoteis e apartamentos preto das praias, urbanización incontrolada, contaminación atmosférica, das augas, etc.