Teoria ontologica Aristóteles

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,33 KB

 
Moitos autores realistas consideraron que o universal fai tamén referencia a un “concepto”, a unha realidade mental que se corresponde con algún tipo de esencia. Estas posturas son “conceptualistas”. Como o concepto se elabora sempre a partir de un proceso de abstracción a partir dos entes individuais denomínanse “post rem” (posteriores á cousa) .

B) O nominalismo


As posturas realistas defenden a existencia real da referencia dos terminos universais (como Ideas, Ideas exemplares ou esencias). A estas opóñense as posturas antirrealistas, tamén chamadas nominalistas. Estas posturas defenden que non hai nada na realidade que se corresponda aos terminos universais; é dicir, que non existen nin as ideas platónicas nin as esencias aristotélicas.
Podemos atopar dúas posturas nominalistas:a) A de aqueles que pensan que os terminos universais non remiten a nada nin na realidade nen na mente. Consideran que podemos usar os terminos universais para referirnos directamente a un grupo de individuos, e isto podemos facelo a discreción, sen mediar un concepto, unha idea ou unha esencia. Roscelino é o representante de esta postura, a única que podemos denominar puramente “nominalista” (o universal é unicamente un nome).B) A de aqueles que aínda negando a referencia ás ideas ou as esencias admiten a remisión aos conceptos mentais. Trataríase dun nominalismo conceptualista e sería o tipo de nominalismo que defende Ockham.
Para Ockham o universal existe só na alma. En consecuencia, nega que exista un universal ante rem, tampouco existe o universal in re : todo o que existe é singular. Non hai esencias ou naturezas universais que sexan comúns a múltiples individuos
Ao acto mental polo que o entendemento se dirixe a unha pluralidade de individuos Ockham chámalle con frecuencia “concepto universal”, e este “concepto” é a única referencia que ten o universal.
Para Ockham temos que contemplar polo menos tres aspectos fundamentais na realidade:
a) O mundo, que está constituído por individuos (Deus crea entes individuais).
b) A mente (na que atopamos imaxes e conceptos).
c) A linguaxe, que remite a través de nomes a individuos ou a conceptos.
Ockham realiza nas súas obras de lóxica o estudo de cómo funcionan os signos na linguaxe. Elabora unha teoría do signo.
Existen tres clases de signos: Proferidos (palabras), Escritos e concibidos (palabras mentais, conceptos). As palabras, tanto faladas como escritas, son signos convencionais (establecidos por unha convención); “home” “man” “hombre” son signos convencionais que remiten a un mesmo concepto, o concepto de “home”, que para Ockham non é convencional senón natural (todos manexamos de xeito natural o mesmo concepto, independente do idioma que falemos).
Os nomes representan cousas, os medievais chaman a esta propiedade suppositio (supoñer a cousa, pasar pola cousa). Pero esta función so a cumpren se aparecen dentro das proposicións, e poden aparecer nelas de tres maneiras:
1/ “Este home corre”. “home” remite a un home concreto, este que está correndo. Chaman a ese modo de representar dos nomes “suppositio personalis”.
2/ “”home” é uha palabra”. O nome “home” refire á palabra home, á materialidade do signo (diriamos hoxe que ao “significante”). Por iso a denominan suppositio materialis.
2/ “Home é unha especie do xénero animal”. Este último modo de entender a referencia dos terminos é a chamada suppositio simplex. Nela o termino “home” non remite nen a un home concreto nin á palabra “home”. ¿A qué se refire?. A algo na mente, ao “concepto”.
O coñecemento so é posible a partir de proposicións deste último tipo. Ockham ten claro que a ciencia é cousa de universais, non podería ser de outro modo. O problema é explicar cómo se producen os conceptos que serven de base aos terminos universais.

C) O coñecemento

Ockham considera que o coñecemento empeza por un proceso que denomina intuición.
O entendemento coñece intuitivamente as realidades individuais. Supoñamos que estamos ante unha realidade individual (unha taza de café que estou tomando nun bar). Os nosos sentidos percíbena e o noso entendemento coñece intuitivamente que:a) Existe e está presente ante nós neste intre.B) Que ten determinadas propiedades que se presentan asociadas de xeito inmediato a ela (é branca e está quente).
c) Que mantén certas relacións con ouros obxectos que estamos percibindo nese intre (que está encima da mesa).
Ese tipo de coñecemento ten garantida a súa validez sen ningunha xustificación engadida.
O coñecemento intuitivo permítenos afirmar con certeza verdades que son continxentes (que poderían ser de outro xeito, pero que se da o caso de que neste intre son exactamente así).
Os enunciados que podemos formular sobre a intuición refírense sempre a entes singulares; “esta taza é branca, está quente e está sobre a mesa”.
Pero o coñecemento dos particulares non constitúe ciencia, o coñecemento de que “esta taza acaba de caer da mesa” non é un enunciado científico porque é o coñecemento de algo concreto e singular. En cambio o enunciado “Todos os corpos caen coa mesma aceleración” pode constituír (e de feito constitúe) un enunciado científico porque se refire a universais (Todos os corpos, non un corpo concreto).
A ciencia constrúese con enunciados que usan terminos universais. Iso é algo que dende Aristóteles está claro “so hai ciencia do universal”.
Pero resulta evidente que para obter un concepto universal (que se refire a un grupo de individuos) debemos realizar algún tipo de abstracción (abstracción de aqueles aspectos que diferencian aos individuos dunha clase para quedarse cos que lles son comúns).
¿Cómo se produce este proceso?.
Aristóteles e Sto. Tomás crían que todo o coñecemento entra a través dos sentidos, se fixa en imaxes na nosa imaxinación e na nosa memoria e que temos unha facultade que el chama “entendemento axente” que nos capacita para abstraer (extraer) as naturezas comúns dos obxectos particulares que atopamos representados nas imaxes e fixalos en “conceptos”.

Entradas relacionadas: