O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,98 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976



A guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral ao exilio. Así, en Bos Aires vaise representar Os vellos non deben namorarse, de Castelao, e vaise desenvolver un programa estable de representacións teatrais da man de Varela Buxán, autor O ferreiro de Santán e A taberna do demo de temática rural, popular e cómica, que pretenden evocar no público a lembranza da súa terra. A partir da posguerra, en Galicia podemos establecer dúas xeracións que conviven cos autores anteriores ao 36: a Xeración dos 50 e a xeración das Mostras de Ribadavia.

A xeración dos 50

Nos anos 50 o treatro segue tres liñas:1.a costumista ou de comedia urbana desenvolvida antes da guerra por un sector das Irmandades da Fala.2. a que continúa a tendencia modernizadora do teatro de preguerra representada por Otero Pedrayo (Rosalía), Jenaro Marinhas (A serpe), Carballo Calero (A farsa das zocas) e Ánxel Fole (O pauto do demo), e autores como Blanco Amor e Álvaro cunqueiro con O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.3. a das pezas existencialistas que equivalen no teatro ao que na poesía recibiu o nome de Escola da Tebra, escrita por autores como Manuel María. Moitos dos autores da Xeración dos 50 dedicáronse ao xénero teatral nun contexto que facía prácticamente imposible a representación das súas pezas polo que se trata dun "teatro para ler". 

O grupo de Ribadavia

 Nos anos 60 e 70 van nacer numerosos grupos de Teatro independente e, ao mesmo tempo, a produción teatral adquire especial importancia coa segunda xeración do teatro de posguerra, a Xeración das Mostras de Robadavia. A través de iniciativas como a Mostra de Teatro de Ribadavia e os Certames Teatrais de Ribadavia, Ribadavia converteuse durante varios anos no punto de encontro de todos os interesados no mundo do teatro. Coñécese como Grupo Abrente ou Grupo de Ribadavia unha serie de dramaturgos, escritores, actores, directores que logrou renovar e consolidar o teatro galego nos anos 70 e comezos do 80 creando un teatro contemporáneo de calidade, comprometido coa realidade social e política do país. Forman o grupo, Manuel Lourenzo. que desenvolve o papel de enlace entre os autores de posguerra e os máis novos, é unha das figuras máis destacadas no panorama teatral galego. obras: Viaxe ao país de ningures, Erros e ferros de Pedro Madruga.. Euloxio R. Ruibal. dase a coñecer pola súa obra Zardigot, na que explora a historia da incidencia da Guerra Civil nunha familia galega. Roberto Vidal Bolaño. autor de Laudamuco, Señor de Ningures. Francisco Taxes Prego e Xosé Agrelo Hermo

Entradas relacionadas: