Teatro GALEGo NA ACTUALIDADE

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,5 KB

 

LITERATURA – 1º TRIMESTRE


Tema 10


A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI


TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90


Na POESÍA GALEGA, prodúcese na metade dos anos 70, coincidindo co comezo do período democrático, unha nova etapa marcada polos cambios políticos, económicos e socioculturais que se van dar nesta altura. Dáse como pauta do cambio a publicación de tres obras:
Con pólvora e magnolias, de X.L. Estas obras representan a superación da poesía social que triunfara nos 60, no contexto político de oposición á ditadura, e que se ve agora como excesivamente monótona e coloquial. Prodúcese así a apertura temática e estilística dunha poesía que busca ser ante todo creación artística, entroncando coa tradición e buscando ser á vez universal.

Así viviremos nesta etapa ata os nosos días a consagración de poetas que comezaran nos 50 e nos 60:
É o caso de M. Ferrín (Estirpe, Era na selva de Esm, Contra Maquieiro)
Pero tamén de Darío Xohán Cabana (Vinte cadernos)
, de Bernardino Graña, de Manuel María ou de Luz Pozo Garza. Tamén viviremos a época de plenitude do xa falecido Avilés de Taramancos ou de Xohana Torres; a aparición de novas voces poéticas nos 80 e nos 90 e a aparición na década do 2000 a hoxe dun bo número de voces poéticas, moitas delas femininas.

Malia que as direccións emprendidas polos diferentes autores difiran notablemente, pódense trazar unha serie de apartados comúns que caracterizan as últimas décadas:

A reflexión sobre a propia linguaxe poética, con especial atención cara aos seus procesos formais. Rexístrase especialmente na década dos oitenta.

A apertura temática que incidirá, primeiro, nunha certa actitude cosmopolita (con inclinacións cara ao culturalismo e a apertura ás influencias da literatura universal) e un certo regreso a temáticas sociais, xa na década dos noventa e comezos do século XXI.

A plena incorporación ao contorno poético de elementos procedentes das artes musicais e mais das plásticas (arquitectura, pintura, cine...).

Estes serían , a grandes trazos, os elementos máis caracterizadores desta poesía de fin de século e principios do presente. Falemos un pouco máis polo miúdo do que foron a década dos oitenta, os noventa e os inicios do século XXI. Estes poetas son grandes lectores, en especial da literatura portuguesa, inglesa e americana e, por suposto, da propia tradición, con especial atracción polas cantigas medievais, a poesía de Manuel Antonio e Cunqueiro, sobre todo en

Herba aquí e acolá, procurando unha síntese entre tradición e modernidade. Comeza a ser frecuente a constitución de grupos poéticos e a publicación colectiva para dárense a coñecer (Cravo Fondo, Ronseltz...). Mantense nestes novos poetas a variedade temática e estilística dos 80 pero presentan unha maior sinxeleza expresiva, resultado da depuración, apegándose á experiencia cotiá e biográfica, sendo máis directos na expresión, máis impulsivos, máis sentimentais ca cerebrais. O poema achégase ao vivencial e á expresión apaixonada e núa, mesmo con certa actitude de compromiso na denuncia dos abusos do capitalismo, da globalización, da guerra e do imperialismo, do machismo, da contaminación... Recorrendo moitas veces á escrita colectiva para facérense oír. Un exemplo é o libro colectivo Negra Sombra. No movemento cidadán que xurdiu daquela participaron os artistas a través das Redes Escarlata. A violencia contra as mulleres será tamén tema de denuncia no volume colectivo Polifonías.
algunhas recollidas no colectivo Isto é un poema e hai xente detrás, libro de poesía editado pola Xunta e Espiral Maior cos mellores clasificados no certame GZcrea do 2008.

Unha editorial dedicada maioritariamente á poesía (Espiral Maior) e coleccións específicas noutras (Ablativo Absoluto de Xerais, Di-versos de Positivas, Dombate de Galaxia...), certames poéticos consolidados (Esquío, Xohán Carballeira, Martín Códax...), o recurso á autoedición e a utilización da rede como sistema rápido de comunicación co lector desde páxinas colectivas (andar21.Poesíagalega, poesiagalega.Com) ou desde blogs de escritores (Cidade virtual, de Salvador García-Bodaño) animan á publicación e á difusión dunha poesía que se fai cada vez máis multidisciplinar, mesturándose coa fotografía, coa música, coa pintura e co



TEATRO DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI


TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90


DRAMATURGOS, TENDENCIAS E COMPAÑÍAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES


O teatro galego experimentou unha gran evolución nos últimos anos. Neste proceso tivo moito que ver o labor dos grupos de teatro independente e dos autores que participaron nas mostras de obras dramáticas da década de 1970.

Na década dos oitenta, o teatro logrou algún apoio institucional (o Estatuto de Autonomía apróbase en 1981 e favorece a creación do Centro Dramático Galego en 1984) e a promoción comezou a dar os seus froitos na tarefa marcada de consolidar unha dramaturxia galega.

Por outra banda, a década dos noventa diversificou os subxéneros e experimentou (e segue a fecelo) novas liñas estéticas.


O teatro independente galego, que xa se viña manifestando dende os anos 60, propúñase achegar o xénero dramático ao pobo. As compañías tiñan carácter itinerante e percorrían Galicia con certo afán galeguizador. Este feito propiciou o diálogo entre autores, actores, directores e público, e favoreceu que o teatro feito en Galicia se decidise polo uso do galego. Co teatro independente conseguiuse chegar a todo o territorio do país polo seu carácter itinerante, normalizar o galego nos escenarios e crear unha dramaturxia propia, comprometida e actualizada.

Esta actividade dos grupos independentes vese reforzada pola aparición en 1984 do Centro Dramático Galego, dependente da Consellería de Cultura e máis tarde, no 1989, do IGAEM, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, que nace para a promoción conxunta dunha industria galega do teatro, a danza e a música. Nesta altura mantéñense as compañías profesionais que traballan en Vigo e na Coruña: Antroido, Artello, Caritel, Luis Seoane e Mari-Gaila e que hoxe en día desapareceron fundíndose noutras de posterior creación ( Sarabela Teatro, Ollomol Tranvía, Uvegá Teatro, Teatro do Morcego, Chévere...) ou simplemente deixando que os seus actores se instalasen na televisión ou no cine procurando un medio de vida máis estable (Mabel Rivera, Luis Tosar, Morris). Aparecen tamén salas independentes de teatro (Luís Seoane na Coruña, hoxe desaparecida, Sala Nasa e Sala Galán en Santiago, tamén desaparecidas).

O Grupo Abrente , formado entre outros por Manuel Lourenzo, Euloxio R.Ruibal e os xa falecidos Roberto Vidal Bolaño e Francisco Taxes, será o encargado de organizar aquelas primeiras Mostras de Teatro dos anos 70. Ademais de autores teatrais foron tamén actores, directores e son hoxe figuras recoñecidas dentro e fóra da nosa xeografía. Manuel Lourenzo recibiu en 1998 o “Premio Nacional de Literatura Dramática”, ao que concorren textos en todas as linguas do estado español, pola súa obra Veladas indecentes.
Caracterízanse as súas obras polo presenza do cultismo, a densidade lírica e o contido simbólico, utilizando con frecuencia a ironía, o humor e a parodia, cunha forte tendencia ao anonimato dos personaxes. Fernán-Vello, Joao Guisam Seijas (Teatro pra ser comido)
, Xesús Pisón (Venenos)
. Podemos citar tamén algunha contribución ao teatro doutros escritores que non pertencen ao mundo teatral como Suso de Toro (

Unha rosa é unha rosa)
Ou Manuel Rivas (O heroe)
. Aumenta tamén o desexo de crear unha nova dramaturxia, un teatro divertido, paródico ou irónico, a través do cal o autor pode reflexionar sobre a vida ou os comportamentos sociais (Fobias, da compañía “Lagarta, Lagarta”), espectáculos lúdicos que atraian un público cada vez máis variado e numeroso. A posta en escena cobra cada vez máis importancia, mesturándose costumismo e teatro do absurdo e volvéndose máis experimental e menos tradicional. Contamos con máis de 40 compañías teatrais independentes (Teatro do Morcego, Teatro do Noroeste, Sarabela Teatro, Lagarta, Lagarta, Teatro de Aquí...) e unha institucional, o Centro Dramático Galego, CDG, que representan obras clásicas e contemporáneas, galegas e universais e tamén adaptacións de novelas como A esmorga ou O lapis do carpinteiro (levadas ao teatro pola compañía Sarabela Teatro, de Ourense) existindo grande variedade de temas, formas e experimentos teatrais. Os premios literarios (María Casares, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro) serven como incentivo, garantindo a publicación da obra e a súa representación nun momento en que é escasa a edición de libros de teatro.

Queda sen dúbida un longo camiño por percorrer que precisa sobre todo de público e que ten que pasar por achegar a nenos e adolescentes ao mundo do teatro, crear escolas municipais e locais, consolidar unha Escola Superior de Arte Dramáti


Entradas relacionadas: