Teatro actual galego

Enviado por airamotcefrep y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,32 KB

LITERATURA GALEGA DE 1975 ATA A ACTUALIDADE. TEATRO

A recuperación do teatro a partir de 1970 viuse fortalecida nas seguintes décadas. Ademais da consolidación de autores con Manuel Lourenzo, aparecen outros como Cándido Pazó, Raúl Dans, etc.

Aparece unha diversidade de grupos que comezan a principios dos 80 xunto con outras compañías xa existentes. O Centro Dramático Galego desempeña dende 1984 un labor como centro artístico posibilitando o desenvolvemento da actividade. Aínda que se fale de dúas xeracións, os escritores seguen a mesma temática e estilística

A XERACIÓN DOS 80

A finais dos 70 xorde o teatro profesional e as compañías teatrais estables.

A xeración dos 80 é moi variada e de heteroxeneidade temática xa que o teatro non ten carácter belixerante. Os textos son líricos e simbólicos. Características da xeración: Recurso do metateatro (reflexión sobre o discurso teatral) / Teatro culturista / Presenza do humor relacionado co absurdo, ironía e parodia / Anonimia dos personaxes

AUTORES

-Miguel Anxo Fernán-Vello:

Presenta unha liña culturista revelada no simbolismo decadente de ‘A casa dos afogados’

-Xesús Pisón Villapol

Conságrase cun texto cargado de fantasía á par de crítica social: ‘Ei, Feldmühle’, para despois servirse doutros textos que mostren unha amarga visión do ser humano. As últimas obras mostran a incomunicación.

-Joao Guisán Seijas:

En ‘Um cenário chamado Frederico’ é o protagonista. Nel retoma recursos


do teatro de máscaras

A XERACIÓN DOS 90

A creación do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) fomentou o teatro, xa que estableceu convenios anuais con distintas compañías, o que supuxo a estabilidade.

-Aumenta o número de compañías: Teatro da Lúa, Teatro do Aquí, etc. / Amplíase o mundo teatral para nenos / Aumenta a convocatoria de premios e concursos / O texto dramático convértese nun produto literario con valor propio / Adaptáronse textos teatrais clásicos galegos / Hai unha maior especialización / As tendencias son heteroxéneas

1. Teatro existencialista 2. Teatro do absurdo 3. Teatro experimental 4. Teatro híbrido 5. Teatro histórico 6. Comedia

AUTORES

-Cándido Pazó González:

Constrúe as súas pezas partindo de obras e personaxes clásicos ‘Nano’

-Miguel Anxo Murado

‘A grande noite de Fiz’ (parte dun texto de Maquiavelo

-Raúl Dans:

Dúas traxedias ‘Matalobos’ e ‘Estrema’, abren a liña neorruralista.

-Lino Braxe Mandiá

‘A promesa’, ‘A actriz’

-Inma Antonio Souto:

Tema do mundo feminino con reflexións sobre o amor, a soidade e o desencanto ‘Era nova e sabía a malvaísco

O NOVO MILENIO. CARACTERÍSTICAS


O número de escritores aumentou e consolidouse. Moitos están sendo traducidos e estreados fóra. Aumento da produción de obras e adaptacións de textos non teatrais (‘O lapis do carpinteiro’)
Desexo dunha nova dramaturxia que faga o teatro diferente do castelán. Nisto traballan


compañías como Mofa ou Ollomoltranvía

1. Fan un teatro divertido, paródico e irónico, ‘Pesadelo dunha noite de verán’ 2. Perde forza o teatro de protesta ou a crítica social. Os autores proporcionan espectáculos lúdicos válidos para un público cada vez máis heteroxéneo 3. Un teatro capaz de mesturar o costumismo co teatro do absurdo. 4. Emprega técnicas mesturadas como o clown e a improvisación. No clown o actor traballa cara ao público partindo da espontaneidade. Négase así o texto dramático anterior ao espectáculo.

-Hoxe en día contamos cunha nómina de máis de 40 compañías: Ollomoltranvía, Teatro de Aquí, etc. As representacións apuntan a:

1. Escenificación de autores galegos fundamentais 2. Incorporación de clásicos universais 3. Representación de dramaturgos galegos contemporáneos 4. Grande heteroxeneidade de temas e formas teatrais

-Actores galegos están tendo recoñecido prestixio fóra de Galicia, como Teté Delgado ou Luís Tosar

-Ampliación dos espazos teatrais

-Os premios literarios serven como incentivo

Entradas relacionadas: