A sucesión de Franco 1947

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,95 KB

 

A partir do remate da Guerra Civil, as chamadas Leis fundamentais, promulgábanse segundo as necesidades e a evolución do réxime:

A Lei sobre a Unidade Sindical (1940) e a Lei de Constitución de Sindicatos, déronlle forma á Organización Sindical Española (OSE). A OSE tiña unha estrutura territorial de alcance nacional, outra sectorial que agrupaba a todos os produtores e finalmente a dedicada a obras sindicais de carácter asistencial. Todos os traballadores tiñan a obrigación de afiliarse a este sindicato.

A Lei Constitutiva das Cortes (1942) dotaba aos españois dunha institución de carácter “representativo”, en teoría. Non eran unhas Cortes soberanas, senón un órgano consultivo sen poder, ao servizo de Franco. Os procuradores representaban a élite do réxime: membros do consello nacional da Falange, dos sindicatos, alcaldes de cidades importantes, ministros, membros de organizacións patronais, xerarquía eclesiástica, reitores de universidades e persoas elexidas directamente polo xefe do Estado. Este sistema foi denominado      DEMOCRACIA ORGÁNICA para distinguila dos sistemas democráticos baseados nos partidos políticos e nos dereitos individuais.

O Fuero dos Españois (1945) recollía os dereitos dos españois, limitados á obediencia dos principios do réxime, e establecía a confesionalidade católica do Estado.

A Lei de Sucesión (1947) definía a España como un reino, suxeito aos principios do “Movemento Nacional do 18 de Xullo”.

A Lei de Principios do Movemento Nacional (1958) establecía que as ideas falanxistas eran asumidas polo Movemento, a Falange perdía cotas de poder. A pesar das súas diferenzas internas, Franco tivo a habilidade de controlalas en beneficio propio e do sistema, son as chamadas familias (grupos de poder que Franco os mantiña coas súas forzas en equilibrio). Foi sempre fiel a Franco, quen se serviu del para garantir a orde; ademais, os tribunais militares tiveron xurisdición sobre delitos políticos. De feito, o estado de guerra mantívose ata Abril de 1948. Pero non todo foron afinidades, algúns bispos denunciaron os abusos e inxustizas do réxime, e organizacións ligadas á Acción Católica defenderon moi pronto os problemas dos traballadores. O  Concilio Vaticano II (1962/ 65) marcou o inicio da separación entre a Igrexa e o réxime. O seu gran poder inicial foi diminuíndo tras 1945 e pouco a pouco reducido á esfera da organización sindical e do Consello Nacional do Movemento. Os primeiros non supuxeron problemas graves, pero os segundos defenderon o restablecemento da monarquía que representaba don Juan de Borbón, fillo de Alfonso XIII. As tensas relacións de don Juan de Borbón e Franco agraváronse co manifesto de Lausana (1945) en que o herdeiro esixía a restauración da monarquía constitucional.

A Lei de Sucesión na Xefatura do Estado (1947) foi denunciada por don Juan como ilegal, porque abría a porta a unha futura sucesión de don Juan Carlos, o fillo de don Juan, convenientemente educado en España baixo os principi

Entradas relacionadas: