Selectividad maioria de idade de Isabel II

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,05 KB

 
GUERRA DE INDEPENDENCIA:
Carlos IV decláralle a guerra a Francia (1793-95), España alíase con Napoleón no Tratado de Fontainebleau
(1807) grazas a Godoy e deixa cruzar ás tropas francesas para chegar a Portugal. No 1808 prodúcese o
Motín de Aranjuez que forzou a dimisión de Godoy e pasou a mandar Fernando VII (fillo de Carlos IV).
Napoleón fixo aceptar a seu irmán Xosé Bonaparte como novo rei de España (Xosé I). Isto provocou a
rebelión popular en Madrid e en outras cidades.
A partir do 1812 a guerra cambiou porque Napoleón tivo que mover as súas tropas. A axuda das tropas
británicas dirixidas por Wellington fixo que no 1813 se asinara o Tratado de Valençay, no que Fernando VII
recuperaba a Coroa.

AS CORTES EN CÁDIZ:
En 1810 a Xunta Central Suprema convocou unha reunión de Cortes en Cádiz. Formouse un grupo de
deputados liberais e outro de deputados absolutistas. Fixeron moitos decretos e leis que provocaron unha
reforma social e política:
-Foron abolidos os dereitos feudais, a Inquisición, a Mesta, os gremios e a tortura.
-Proclamouse a liberdade de pensamento e a liberdade de traballo.
-Igualdade de todos os españois fronte á lei e os impostos.

CONSTITUCIÓN DE 1812:
Aprobada o 19 de Marzo de 1812 o día de san Xosé (por iso leva o nome da Pepa), no que estaban os
principios básicos do liberalismo político (soberanía nacional, división de poderes, sufraxio universal
masculino e unha ampla declaración de dereitos).

REINADO DE Fernando VII (o desexado):
Chega a España no 1814 e publica un decreto no que se volve ao absolutismo. Etapas:
-Sexenio Absolutista: suprimiuse a constitución de 1812 e as Cortes de Cádiz, e fixéronse pronunciamentos
dos militares liberáis (Porlier).
-Trienio Liberal: Riego consegue que Fernando VII aceptase a Constitución de 1812 e para protexela crea a
Milicia Nacional. Pola contra, Fernando VII pide axuda e en Santa Alianza conseguiron que volvese de novo
o absolutismo.
-Década Ominosa: as medidas absolutistas se endureceron. Houbo problemas dinásticos xa que Fernando
VII non tivo fillos e non se sabía quen o ía suceder e isto provocou despois da súa morte as guerras carlistas.

INDEPENDENCIA DA AMÉRICA HISPANA:
-Causas:
·As ideas ilustradas, os principios de liberdade e igualdade estendéronse.
·Descontento da burguesía crioula.

·As Xuntas que se fixeron pola guerra de independencia de España actuaron a súa marxe.
-Destacan: Simón Bolivar en Venezuela e San Martín en Arxentina.

REINADO DE Isabel II (1833-1868): dende a morte de Fernando VII ata a Revolución Gloriosa que
espulsa de España ós Borbóns. Etapas:
-Rexencia de María Cristina: comeza coa rexencia de María Cristina (nai de Isabel porque era menor de
idade)
E os tres anos seguintes a do xeneral Espartero.
-Rexencia de Espartero: período liberal dirixido por Espartero no que se fixeron moitas reformas.
-Década moderada: últimos 12 anos do reinado de Isabel. Houbo alternancia entre o goberno dos moderados
e a Unión Liberal. Houbo varias guerras carlistas, naceu a lei de ferrocarís, fixéronse varias constitucións…

GUERRAS CARLISTAS: antes de morrer, Fernando VII anulou a lei Sálica que prohibía reinar a unha
muller para que a súa filla Isabel poidera gobernar.
Os absolutistas negáronse a recoñecer a Isabel, que tiña 3 anos de idade como raíña, e apostaron por Carlos
Mª Isidro e os liberáis apoiaron a Isabel. Comeza a primeira guerra carlista.
-Destacan:
·Carlistas: Cabrera, Maroto…
·Liberais: Espartero, Spoz…
A segunda guerra carlista foi en Cataluña e a terceira rematou no 1866.

SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874):
-Revolución de 1868: dirixida por Prim, Serrano e Topete, comezou en Cádiz e foise estendendo e
conseguiron que Isabel II se exiliase. Formouse un goberno provisional dirixido por Serrano coas seguintes
reformas:
·Sufraxio universal maculino: reformouse o ensino e os dereitos fundamentais (imprenta, reunión…).
·Aprobouse a constitución de 1869 de carácter democrático.
-Monarquía democrática: elixiuse a Amadeo de Saboia como representante da monarquía. Os moderados,
oscarlistas e a Igrexa sempre estiveron en contra de Amadeo. Con iso, coa 2ª guerra carlista e a insurreción
en Cuba, provocaron a renuncia de Amadeo I.
-1ª república:
Despois da abdicación do rei as cortes proclaman a República pero tivo pouco apoio. A
república tivo 4 presidentes (Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar). O Golpe de Estado de 1874 polo
xeneral Pavía disolveu as cortes e pasou a gobernar Serrano que fracasou intentando manter a república.

RESTAURACIÓN BORBÓNICA: en 1874 o xeneral Martínez Campos proclamou a Afonso de Borbón
como rei de España. Esta etapa coñecerase como restauración monárquica. Aquí destaca Cánobas del
Castillo que fixo un sistema parlamentario liberal. Había dous partidos, os dous defendían a monarquía, a
propiedade privada e a constitución.

-Partido consevador de Cánobas: defendía a igrexa a orde social e o inmobilismo político.
-Partido liberal de Sagasta: era máis reformistas, laico e social.
No 1876 nace unha nova constitución de carácter moderado, os conservadores e liberáis póñense de aocrdo
para alternarse no poder (quenda pacífica).

REFORMA AGRARIA LIBERAL: conxunto de reformas realizadas en España a partir de 1836.
-Obxectivos: acabar coa gran cantidade de terra amortizada, icrementar a poboación agrícola e consolidar a
propiedade privada.

INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA:
Non afetou todo o territorio por igual, os sectores máis importantes foron a industria textil algodoeira en
Cataluña e a siderurxia Vasca.
-Construción do ferrocarril: o Estado deulles facilidades ás empresas privadas para que emprenderan a
contrución de ferrocarrís pero fíxose tan rápido que a insdustrialización a través do ferrocarril limitouse.
Aínda así houbo unha mellora da rede española de transportes.

VOCABULARIO:
-Pronunciamento militar: alzamento militar para derrocar un goberno realizado polo xefe do exército ou
outro caudillo.
-Xunta: órgano de poder xurdido por iniciativa popular na Guerra de Independencia española por non
aceptar ao novo monarca.
-Lei Sálica: lei que prohíbe que unha muller goberné salvo que non existan fillos, irmáns ou sobriños do
monarca anterior.
-Morgado: institución que prohibía a venda do patrimonio familiar e obrigaba a deixalo intacto en herdanza
ao primoxénito.
-Pragmática Sanción: lei de ordenación xurídica feita por Fernando VII pola que se derrogaba a lei Sálica.
-Caciquismo: influencia sobre a poboación de determinadas familias influíndo no nomeamento de
candidatos e nos resultados electorais.
-Camarillismo: conxunto de persoas que inflúen secretamente nos asuntos de estado ou nas decisións
dalgunha autoridade superior.
-Cantonalismo: movemento durante a 1ª República española que quería dividir o Estado en territorios case
independentes

Entradas relacionadas: