Roscon

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música

Escrito el en español con un tamaño de 6,3 KB

 
O BARROCO MUSICAL

Música Barroca. Características

· Ten gran importancia a música profana e a instrumental.
· O ritmo é marcado e reiterativo.
· Contrastes de intensidade, velocidade e colorido instrumental.
· Melodía acompañada: dalle importancia a unha voz e as outras son de recheo.
· Baixo continuo: unha voz serve de alicerce harmonico.
· Os músicos son profesionais.


Música Vocal Profana Barroca: A ópera

A ópera é unha representación teatral que consta de unha obertura musical, arias, coros, interludios instrumentais, recitativos e a veces ballet.
Nace en Florencia a partir de Camerata Florentina: grupo de poetas e compositores que representaban texztos dramáticos con música.
Primeiro estendese en Italia e surgen as escolas de Venecia, Nápoles e Roma. Despois estendese por toda Europa.
Tipos de ópera:
· Ópera seria: os personaxes e os temas eran mitológicos. Utiliza coros e arias. Aparecen
os castrati que eran cantantes masculinos coa voz de contralto ou soprano, os que castraban antes de mudar a voz.
· Ópera bufa: os temas eran da vida cotiá e cómicos. As melodías eran populares con poucos cantantes e pequena orquestra.

Música Vocal Religiosa Barroca

Surxe no século XVII. Caracterízase por: a monodia e o baixo continuo. Ademáis da misa e o motete aparecen as seguintes formas:
· Oratorio: composición dramática de historias biblicas. Primeiro escribíronse en latín e logo na lingua de cada país.
· Cantata religiosa: cantabase o domingo. O texto estaba relacionado co Evanxeo de Luceto.
· Paixón: especie de oratorio cuio tema era a paixon de Cristo baseada nos textos dos catro evangelistas.













O RENACEMENTO

Capela de música

Eran un grupo de instrumentistas e cantores que tiñan as igrexas e os grandes señores para o seu servizo.

Ministrís

Eran instrumentistas a soldo que contrataban nas cidades para as celebracións.

Música Religiosa Renacentista. Características
· Interpretación a capella, só con voces humanas. Os instrumentos están nun segundo plano.
· Componse para catro voces: soprano, contralto, tenor e baixo. Cada voz ten unha línea melódica independente.
· Ritmo fluido e constante. O que importa é o pulso.
· O texto está en latín.
· As formas son a misa e o motete.

Caso a parte é o
do Coral en alemán que comeza sendo melodías monódicas.

Música Profana Renacentista. Clases

A expansión urbana favorece a música fóra da igrexa. Hai dous grupos a música vocal e a música instrumental.
·
Música Vocal. Características
· É polifónica: de 3 ou 4 liñas melódicas a cargo de voces humanas.
· Ritmo marcado
· Texto profano
· Textura homofónica.
As formas son: chansón en francés, frottola en italiano, lied en alemán, vilancico en castelán.

Vilancico vén de vilán. No seu orixe eran cancións populares e profanas con textos. Logo foi cultivado por poetas cultos. A finais do Renacemento o texto era religioso.
Caso a parte é o do
madrigal: eran textos profanos cun estilo polifónico do vilancico ou frottola. Era a 5 ou 6 voces. Aparece en Italia e logo estendese por Europa.

·
Música Instrumental. As súas formas
· Variacións sobre baixo ostinato: parten dunha mesma liña de baixo que se repite.
·
Danzas: na sociedade renacentista para ser un perfecto cortesán, había que coñecer as danzas máis habituais e bailalas nas festas e ceremonias. As danzas de corte se bailaban dando pasos a rentes do chan ou pequenos saltos; por iso lle chaman danzas baixas.
Hai danzas lentas (a allemanda), danzas rápidas (a gallarda), serie de danzas (suite).
Instrumentos Do Renacemento

· Corda Fretada (Cordófonos)

· Familia das violas:

· Violas da gamba: apoiábase nas pernas. Tiña de 6 a 7 cordas. No diapasón tiña traste. O seu timbre era doce e incisivo.
· Violas da braccio: apoiábase no ombreiro. Tiñan 4 cordas. Non tiñan trastes. Eran pequenas.

· Lira de Braccio: apoiábase no ombreiro. Tiña 5 cordas e 2 bordóns fóra do diapasón.

·
Corda Punteada (Cordófonos)

v Laúde: instrumento favorito do Renacemento e parte do Barroco. Tiña unha caixa de resonancia en forma de pera. Tiña 4 ou 5 cordas dobres e punteábase cos dedos.
· Vihuela: tiña 6 cordas dobres. Punteábase cos dedos. Tivo importancia en España con Luís de Milán e Luís de Narváez.
· Clavicémbalo (Clave): aparece no século XV e estendese por Europa no século XVI. Ten cordas paralelas ó teclado. Punteábase con pugas ou plumas de ave cando baixamos unha tecla.

·
Corda Percutida (Cordófonos)

v Clavicordio: as cordas son golpeadas por láminas metálicas cravadas ó final das teclas. Tiña pouco volume polo que no se utilizaba en grandes salóns.



Entradas relacionadas: