Rochas organoxenas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,94 KB

 

A enerxia q impulsa os cambios na terra procede da:

-Calor interna:

Fai que os materiais do manto se poñan brandos e se movan lentamente e empurren a codia terrestre.

-Gravidade:

Devido á masa da Terra, esta exerce unha forza q atrae ao seu centro obxectos e fai q as cousas caian, as augas flúan, etc.

-O Sol:

Esta enerxia envía a Terra enerxia en forma de calor e luz q quenta a superficie, como a Terra é esférica e ten o eixe de rotacion inclinado, os raios solares inciden en distintas zonas do planeta con distintos ángulos:
1)En zonas ecuatoriais chegan verticais q quentan +
2) En zonas polares chegan oblicuos e quentan -
3)Nas latitudes medias chegan verticais no verán e oblicuos no inverno, isto forman as estacións.

A enerxía e os procesos xeolóxicos modifican a superficie do planeta polas enerxías anteriores:


1. A enerxía interna é a responsable de cambios na superficie da terra, como os volcáns, terremotos.., estes cambios chámanse procesos xeolóxicos endoxenos ou internos.


2. A gravidade e a enerxía solar impulsan as dinámicas da atmosfera e hidrosfera e cambian a superficie da terra pola accion do vento, da auga e do xeo, chámanse procesos xeolóxicos esóxenos ou externos.
A

A atmosfera é a capa de aire que rodea a terra, nos primeiros 12km de altitude está a maior parte dese aire chamada a troposfera, aí o aire está sempre en circulación.

A circulación do aire


Débese á enerxía solar, provoca 3 procesos;

 O aire quece 
 O aire expándese e quece e
O desprazamento da masa de aire, isto causan os ventos.

-O aire quece por contacto coa superficie da terra q foi quentada polo Sol.

-O aire expándese e ascende e logo vólvese menos denso e ascende cara as capas altas e frías.

-As masas de aire desprázanse: Isto quere decir que o aire quente ao ascender despraza cara os laterais o aire frío, este ten afundirse cara á superficie e a encher o baleiro q quedou na zona na q estaba o aire quente.(Isto son os ventos)

A presión atmosférica é o peso da masa de aire q hai enriba da superficie e mídese en mb. Diminúe coa altitude xq a masa de aire q hai sobre a superficie é menor cando descende. O aire modifica a presión atmosférica cas borrascas e os anticiclóns.

-Borrascas

Son zonas de baixas presións, fórmanse nas zonas nas q as masas de aire quente e menos denso ascenden.

-Anticiclóns

Son zonas de altas presións, fórmanse donde as masas de aire frío e denso das capas altas descenden.

O ciclo da auga na hidrosfera:


1) A auga evapórase


Ao quentar a Terra, a enerxía solar produce a evaporacion da auga q pasa á atmosfera como vapor. Isto defínese como a humidade do aire q é a cantidade de vapor de auga q contén o aire.

2) O vapor ascende: Este vapor adoita ascender cara ás capas altas da troposfera

3) O vapor de auga arrefría:


O aire quente e húmido cando chega a troposfera, arrefría e non pode conter máis vapor asiq condensa en gotas de auga líquida sobre a atmosfera se a tº é baixa fórmase cristais de xeo.

4) Fórmanse as nubes:


A formación das nubes é o conxunto  das gotas de auga e cristais de xeo que se forma na anterior etapa, as nubes poden viaxar e se están a rente o chan chámanse néboas.

5) Prodúcense precipitacións:


As gotas de auga e os cristais de xeo reúnense no interior da nube en forma de chuvia ou neve, caen xq non poden manterse no aire pola gravidade.

6) A auga circula pola codia terrestre:



1) As augas do escorremento superficial é a parte da auga das precipitacións q escorrega por pendentes do terreo ata os océanos.
2) As augas subterráneas fóirmanse coa parte da auga das precipitacións, infiltrase baixo a superficie terrestre e poden permanecer aí ou fluír ata o océano lentamente.

O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado

A meteoroloxía  é a ciencia q mide as variables do tempo atmosférico para facer predicións sobre a forma en q cambiará

Un mapa do tempo é unha representación gráfica do tempo atmosférico nunha rexión

Nos mapas do tempo sinóppticos ou de isóbaras, as variables atmosféricas represéntanse con elementos gráficos como:

-As isóbaras: Liñas q unen puntos co mesmo valor para a presión atmosférica, sitúan os anticiclóns e as borrascas.

O clima é o comportamento anual e característico do tempo atmosférico nela.

Os compoñentes básicos da codia terrestre son os minerais, que se forman das rochas.

Os minerais son substancias con 3 características:

- Son sólidos, inorgánicos e teñen composicións químicas definidas q se expresan por fórmulas e son homoxéneos.

-A súa orixe é natural, q se forma mediante procesos q interviu o ser humano.

-Teñen estructura cristalina.

A súa formación é a través da cristalización e ocorre de varias formas:

- Por arrefriamento e solidificación dun magma

- Por precipitación química de substancias na auga

- Por recristalización, transformando o cristal anterior por altas presións

Tipos de minerais:

-Hai mais de 3.500 diferente, caracterízanse xq cada un ten unhas propiedades diferentes q permiten identificalo, para identificalo pódese considerar a forma, cor e brillo, cor cando pulveriza, a dureza, a súa densidade, etc..

As rochas:
Son as mesturas de minerais q constitúen a codia terrestre.

Poden clasificarse en 3 grupos de rochas:

-MAGMÁTICAS: Fórmase a partir de magmas q ascenden á superficie a través da codia e logo arrefrían. Ao arrefriar un magma, solidifica e transfórmase nunha masa de rochas sólidas. Hai 2 tipos destas rochas:

1) Rochas plutónicas


Fórmase cando o magma arrefría lentamente e solidifica no interior da codia, isto fai q os minerais formen cristais. EJ: granito, sienita.

2) Rochas volcánicas


Fórmanse cando o magma sea polos volcáns como lava, arrefría e solidifica no exterior, este arrefriamento fai cristais microscópicos. EJ: pumita, obsidiana.

-METAMÓRFICAS: Fórmanse por un proceso de transformación de rochas q existen chamado metamorfismo e son sometidas a tº altas na codia.Hai 2 tipos destas rochas:

1) Rochas de metamorfismo térmico:


Proceden de rochas q estan en contacto con masas de magma e ascenden a través delas, a calor fai q os minerais sufran unha recristalización.

2) Rochas de metamorismo dinamotérmico


Proceden de rochas q sufren un aumento de tº, estes minerais sofren tamén recristalización, debido a intensa presión póñense en láminas esmagadas.

-SEDIMENTARIAS: Fórmanse pola acción de procesos xeolóxicos esóxenos, por isto se chaman rochas esóxenas. A súa formación prodúcese en 2 etapas:

1) A sedimentación


É  a acumulación de partículas minerais chamadas sedimentos, q están no fondo dunha conca sedimentaria. Os sedimentos que estean nesas concas, teñen 2 procedencias importantes:
A) Poden ser fragmentos doutras rochas q foron arrancados pola acción da atmosfera/hidrosfera sobre o relevo e transportanse polo vento, ríos ou a ondada ata as concas.
B) Poden ser substancias químicas q estaban disoltas na auga q cubrían a conca e q deixaron de estalo e precipitaron.

Os sedimentos acumúlanse na conca en capas horizontais chamadas estratos, cada estrato está composto por sedimentos dun mesmo tipo e van cambiando ao longo dos millons de anos, ao depositarse os dun tipo con outros vanse formando estratos diferentes.

2) A diaxénese:


É o conxunto de procesos q transforma os sedimentos en rochas sedimentarias. Consta de 2 tipos:

A)

A compactación

Prodúcese nas capas de sedimentos q van sendo enterradas por outras q se depositan enriba.
B)

A cementación:

Prodúcese tras a compactación. Consiste na precipitación de diversas substancias disoltas en auga dos poros do sedimento, estas substancias chámanse cementos q enchen os espacios entre paartículas e úneas entre si.

Os Fósiles:


Son restos de seres vivos antigos q aparecen, petrificados, formando moitas rochas sedimentarias. Formanse xq eses seres vivos foron enterrados polos sedimentos nunha conca e sufriron fosilación

Tipos de rochas sedimentarias:

-Rochas sedimentarias detríticas

Orixínanse a partir de sedimentos q son fragmentos doutras rochas, chámanse clastos.
OS CLASTOS depende do seu tamaño, hai 3 tipos:

1- Conglomerados Os seus clastos, q son as gravas teñen un diámetro maior de 2mm

2- Arenitas Os seus clastos, q son as areas teñen un diámetro entre 0,06mm e 2mm

3- Arxilas Os seus clastos, q son os lodos ou limos teñen un diámetro inferior a 0,06mm, son microscópicos

-Rochas sedimentarias NON detríticas

Orixínanse a partir de sedimentos q son substancias q precipitaron nas concas sedimentarias. Según da composición química dos sedimentos q as formaron distínguense varios tipos de rochas NON detríticas

1- As rochas carbonatadas Compostas por carbonatos. As abundantes son as calcarias

2- As rochas salinas ou evaporitas


Compóñense da sales disoltos q precipitaron nas concas sedimentarias cando a auga se evaporou. EJ: Xeso, halita

Os combustibles fósiles son materiais ricos en carbono, poden arder e proceden da transformación de restos de seres vivos.

O carbón


É un material sólido e oscuro,  procedente da transformación de restos vexetais q quedaron enterrados entre as capas de sedimentos de concas.

O petróleo:


É un líquido aceitoso, de cor marrón escura, que procede da transformación de restos mariños q quedaron enterrados entre sedimentos.

O gas natural


É unha mestura dos gases q se producen durante a transformación do petróleo.

Entradas relacionadas: