O Rexurdimento do Galego: Irmandades, Xeración Nós e o Estatuto (1900-1936)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,05 KB
O Galego a Comezos do Século XX
O galego fora desenvolvido como lingua literaria polos primeiros ilustrados que reivindicaron o seu uso, pero este seguía a non ser utilizado no ámbito público, o científico ou a correspondencia privada. Os intelectuais e o pobo afástanse a nivel literario e lingüístico, e a lingua é usada como mostra da identidade dun pobo. Con todo, non se reivindica como única lingua de uso en todos os aspectos da vida.
O Salto Cualitativo: As Irmandades da Fala (1916)
O salto cualitativo no uso da lingua dáse a comezos do século XX coa redención de foros e a conciencia do campesiñado, o cal dará paso ao rexionalismo e ao nacionalismo, aos cales está unido o idioma e determinará a identidade colectiva e o seu uso público, levado polas Irmandades da Fala.
Coas Irmandades da Fala, acábase a diglosia a nivel cultural e as súas manifestacións. O seu obxectivo é defender e dignificar o uso do idioma. A primeira fúndase na Coruña en 1916, á que lle seguen outras moitas en varias cidades galegas. Tamén dan vida ao decenario A Nosa Terra.
Da Lingua á Política: A I Asemblea Nacionalista Galega
As Irmandades da Fala, constituídas por importantes personaxes como:
- Castelao
- Ramón Cabanillas
- Antón Viqueira
- Vicente Risco
En 1918, levan a cabo a I Asemblea Nacionalista Galega, co que pasan do plano lingüístico, sen abandonalo, ao político, co obxectivo de recuperar política, social e economicamente a Galiza. Nas eleccións de 1918-1920 tiveron un gran fracaso, e comezou unha crise que separaba os que eran partidarios da opción política e da cultural. En 1922, as Irmandades da Fala desfanse grazas á cabeza culturalista de Risco e á prohibición da práctica política na Ditadura de Primo de Rivera.
A Xeración Nós e a Universalización da Cultura Galega
En 1920 créase a revista Nós, integrada por Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Blanco-Amor, Castelao e outros, que ten como obxectivo a difusión e a posta ao día da cultura galega. Para actualizar e universalizar o galego, os homes de Nós acollen a autores estranxeiros, fan traducións, publican noticias doutras literaturas, expoñen a creación de novos literatos e preocúpanse por todos os campos da ciencia e as letras.
Coa demostración da validez do galego en calquera ámbito da realidade, Nós serviu de fouce coa que abrir o camiño que leva á conquista de ámbitos literarios practicamente vedados ata o de agora, como o ensaio ou o tratado científico.
O Seminario de Estudos Galegos (SEG): Investigación e Ensino
No terreo de amplificación e potenciación do uso do galego na prosa científica e técnica, xurdiu en 1923 o Seminario de Estudos Galegos (SEG), levado a cabo por mozos universitarios (Carvalho Calero, Bouza-Brey, Fraguas, etc.) que desenvolveron toda a súa actividade na lingua galega, e aos que se lles uniron membros de Nós. É preciso saber a historia, a xeografía, a literatura, etc., que dese aos galegos a conciencia da súa personalidade e se fixese uso do galego no ensino.
O Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía de 1936
Coa República de 1931, o galeguismo cobra importancia e créase o Partido Galeguista (PG) en Pontevedra, formado por xente nova (Alexandre Bóveda, Paz Andrade, etc.) e xente de Nós. O PG pretendía a autodeterminación de Galiza co Estatuto de Autonomía aprobado en 1936.
O idioma galego era empregado polo PG en todo ámbito, pero os outros eran hostís a el, polo que se engadiu un artigo no Estatuto no que se admitía o uso bilingüe na Administración e o ensino, centrándose no galego en niveis superiores. A oficialidade viña de camiño. Foi aprobado en 1936, pero o levantamento militar que provocou a Guerra Civil Española impediría a súa posta en práctica.