Rexime señorial

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,34 KB

 
5. ECONOMÍA E SOCIEDADE NO S. XVIII 5.1Evolución demográfica Crecemento demográfico considerable durante o S. XVIII. Tanto os primeiros censos de poboación (Campoflorido)
coma os censos parroquiais apoian este feito (3 millóns de habitantes máis). Non obstante o crecemento foi desigual: máis intenso na periferia peninsular e lixeiramente menor no interior. Os factores que provocaron ese feito foron diversos: descenso das mortalidades catastróficas (peste e crises de subsistencias), aumento da natalidade, mellora económica, avances hixiénicos e sanitarios, menor número de guerras... Aínda así a demografía española presentaba trazos antigos coma a natalidade alta, elevada taxa de mortalidade infantil, mortalidade elevada.. (crecemento natural baixo). Destaca o crecemento nas cidades, especialmente as da periferia (Madrid e Barcelona). 5.2Actividades Económicas Agricultura Os rendementos agrícolas seguían sendo moi baixos e o rendemento era irregular debido tanto ás incidencias meteorolóxicas coma ao escaso desenvolvemento tecnolóxico. O aumento da produción lográbase mediante o aumento de superficie cultivada, orixinando así dous problemas: - Gran parte da superficie cultivada estaba amortizada, o cal dificultaba a posibilidade de cambiar e modernizas as técnicas ou os sistemas de cultivo. - As terras dispoñibles adoitaban ser de mala calidade. Este panorama xeraba unha situación moi inestable que xerou numerosas crises de subsistencia ao longo do século, que nin as melloras dos transportes e a liberalización do comercio lograron deter. A maior parte dos cultivos se dedicaba a cereais, máis apareceron novos cultivos. Para mellorar a situación do campo a monarquía aplicou unha serie de melloras lexislativas e tecnolóxicas, que non conseguiron transformar o capo español. Produción manufactureira A escasa produción industrial estaba orientada aos mercados locais, e destacaban os obradoiros artesanais baixo a regulación gremial. Tamén existía a industria rural.
Nalgunhas zonas xeráronse as bases para a industria moderna (protoindustria) pero non sempre ocorreu así. A política económica de tipo mercantilista pretendía lograr un maior nivel de autoconsumo industrial. Para fomentar o desenvolvemento manufactureiro estableceron diversas estratexias: - Aplicación de medidas proteccionistas para fomentar as manufacturas nacionais e evitar a saída de capitais ao exterior. - A creación por parte do Estado de manufacturas públicas, as denominadas Reais Fábricas. Tratábase de grandes obradoiros dedicados a producir bens de luxo que tiñan na corte o seu principal cliente (porcelana, cristal...). Tamén destaca a subministración a equipos militares. No reinado de Carlos III impúxose unha política económica con trazos liberalistas, que concedía o papel principal á iniciativa privada e buscaba colaborar entre a industria e a agricultura, para mellorar a variedade de produtos. Soamente en Cataluña xeráronse dinámicas industrializadoras, onde a agricultura e a industria especializadas na vide e na produción de augardente, xunto a unha industria rural dedicada á
produción de la, proporcionaron as bases humanas e a acumulación de capital para unha posterior industrialización (algodón). O comercio Durante o século XVIII as actividades comerciais medraron considerablemente grazas ao crecemento económico, ao aumento demográfico e á política mercantilista. COMERCIO INTERIOR - Infraestruturas de transporte deficientes, polo que o mercado interior atopábase escasamente integrado. - Obras públicas: mellora de camiños, estradas.. Entre a Meseta e o cantábrico, mellora de portos, ríos coma navegación... - Supresión das aduanas e peaxes (Coroa de Aragón e de Castela), menos en Navarra e Provincias Vascas. - Liberalización coa Real Pragmática de 1765. COMERCIO EXTERIOR - Fundamentalmente coas colonias americanas e con Europa. - Con Europa o comercio era deficitario (importaban manufacturas a exportaban materias primas). - Revitalizar o comercio americano mediante un novo sistema de relacións coas colonias. Para solucionar  o monopolio do comercio nun só porto (Cádiz) e o antigo sistema de frotas, os Borbóns pretenderon reformar esta vella organización comercial e para logralo adoptaron unha serie de medidas: - Supresión do sistema de frotas (1735), que permitía a saída de barcos do porto de Cádiz en calquera momento. - Creación de compañías comerciais ás que se lles concedían determinados privilexios de explotación nun territorio ou o monopolio do comercio dalgún produto (compañía Guipuscoana de Caracas). Este sistema fracasou , que induciu á adopción dunha política de liberalización do comercio americano, polo que en 1765 autorizouse o comercio con América a numerosos portos españois e algunhas illas americanas, creando así unha zona de libre comercio. No comercio con América, España exportaba manufacturas, mentres que importaba, sobre todo, metais preciosos e produtos alimenticios. 5.3A continuidade social
España seguía inmersa no Antigo
Réxime, dividindo a sociedade en tres estamentos. Esta división social baseábase na existencia de privilexios e distinguíase polas rendas e posesións da poboación. Deste xeito, a nobreza e o clero eran os privilexiados, mentres que os non privilexiados debían pagar impostos, desenvolver actividades produtivas... Por todo, España seguía sendo un país rural cun campesiñado numeroso e moi diverso. Podemos distinguir dúas zonas en función do predominio dun tipo ou doutro campesiñado: - Norte: xornaleiros non chegaban ao terzo da poboación rural, predominando os labregos propietarios - Sur: xornaleiros abundantes e escasos propietarios. A estrutura social campesiña era moi variada debido aos contratos diversos dos arrendatarios. Este panorama variou co ascenso da burguesía impulsada polo desenvolvemento comercial e o manufactureiro. Este grupo social foi medrando en poder económico e en preparación intelectual (aínda que era un grupo minoritario formado por comerciais, profesionais e labregos ricos). Non foi unha clase predominante, mais conseguiron unha serie de medidas legais favorables. 

Entradas relacionadas: