Resumen os dous de sempre castelao
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,24 KB
Tweet |
1. CONTEXTO. DO SILENCIO Á LENTA RECUPERACIÓN.
O franquismo desprezou a cultura canto expresión de liberdade e de tolerancia e exerceu a censura máis férrea
sobre todo tipo de producións e actos culturais. Intentou a eliminación sistemática das linguas. O resultado da
Guerra Civil española provocou un colapso no sistema literario galego que tivo como consecuencia un silencio
absoluto durante tres lustros (1936-1950).
A partir de finais dos anos 40, prodúcese un lento e traballoso proceso de restauración das canles de difusión da
literatura na nosa lingua.
Xurdiron revistas poéticas bilingües. Promovidas por membros da chamada
Promoción de Enlace.
Promoción de Enlace.
Cómpre subliñar a importancia do suplemento sabatino publicado entre outubro de 1949 e 1950 polo xornal
santiagués La Noche.
A colección Benito Soto representou a primeira tentativa de recuperación editorial da poesía galega no interior.
Foi creada en Pontevedra en 1949 por iniciativa de Sabino Torres e Emilio Negreira.
En 1949 aparecen as editoriais Monterrey (Vigo) e Bibliófilos Gallegos (Santiago).
En 1950 nace a decisiva Editorial Galaxia, que escolle tamén Cabanillas para a súa estrea, con Antífona da
Cantiga. Esta editora estaba impulsada por antigos membros do PG e destacaba pola promoción dos cadernos, a
revista homónima, etc.
Divulgou a obra de autores fundamentais como Castelao, Cunqueiro, Otero, etc. En 1957
Divulgou a obra de autores fundamentais como Castelao, Cunqueiro, Otero, etc. En 1957
abre a colección Illa Nova para facilitar a incorporación de autores novos ás letras galegas.
A colección política Xistral, de Ánxel Johán e Manuel María comeza a andar en Lugo en 1952.
Xa comezada a década dos 60 producirase a fundación de editoras que dan novo pulo á literatura galega (Ediciós
do Castro, 1963, Castrelos, 1963-1979) esta última xogou un papel decisivo na popularización do libro en galego
coas súas coleccións “Pombal” e “O Moucho”.
2. PRINCIPAIS TENDENCIAS DA POESÍA GALEGA DE POSGUERRA.
• Continuísmo coas liñas estéticas anteriores ao 36.
• Discursos poéticos intimistas, virados cara ao interior anímico, as lembranzas, etc. Autores como Luís
Pimentel, Díaz Castro, entre outros, encaixan nesta liña e anuncian as preocupacións existencialistas e a
angustia vital que han caracterizar os poemas da chamada Escola da Tebra.
• O clasicismo e o formalismo culturalista manifestase en autores como Cunqueiro.
• O sociorealismo triunfará por volta dos anos 60, da man do poemario de Manuel María Documentos
persoais (1958) e a emblemática obra de Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra (1962).
3. POEMAS DA XERACIÓN DO 25 QUE PUBLICAN NA POSGUERRA.
• Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Compostela,1990). Alén de pola súa actividade monumental
como estudoso da literatura galega, como primeiro catedrático de Lingua Galega da Universidade
compostelá (1972) destacou como poeta cunha ampla obra, que reuniu en dous libros compilatorios:
Pretérito imperfeito (1980) e Futuro condicional (1986). A obra poética de Carballo Calero caracterízase
polo clasicismo, a densidade de contido, o intelectualismo, etc.
• Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo,1911 – Vigo,1981). Foi unha das voces máis importantes da poesía
galega do s.XX. Antes da guerra publicou 3 libros, Mar do norde (1932), Poemas do si e non (1933) e
Cantiga nova que se chama Riveira (1933). O seu primeiro poemario de posguerra será Dona do corpo
delgado (1950). Herba de aquí ou acolá (1980) recolle a producción poética de Cunqueiro posterior a
1950. En 1991 este libro gozou dunha nova edición.
• Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, Abadín,1909 - Santiago,1961) Tras pasar polo Seminario
mindoniense, abrazar a militancia galeguista e dedicarse á docencia desde 1933 no Colexio León XIII de
Vilagarcía, deuse a coñecer antes da guerra cos libros Señardá (1930) e Corazón ao vento (1933). Como
poeta alcanza a súa plenitude a partir do libro Cómaros verdes (1947).
• María Mariño (Noia,1907 – Parada do Courel,1967). É autora de dous poemarios Palabra no tempo
(1963) e mais Verba que comenza, escrito entre 1966 e 1967. Mariño mantivo sempre un escaso contacto
co mundo cultural e cos propios membros da súa xeración pois viviu afastada durante anos nas montañas
do Courel. Foi Uxío Novoneyra, intimo amigo seu, que revindicou e divulgou a súa obra.
• Valentín Paz Andrade (Pontevedra,1899 – Vigo,1987). Destacado xornalista e político galeguista na
preguerra e biógrafo de Castelao, pertence á chamada Xeración do 25, mais deuse a coñecer como poeta
na posguerra con 2 volumes: Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979).