Reformas no campo lei xurados mixtos e decreto de termos municipais goberno provisional 1931

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,84 KB

 

PRIMEIRAS DÉCADAS REINADO

Desastre 98 significou final conciencia que se tiña en España de ser unha das grandes potencias de Europa, o que xera sentimento crise nacional e necesidade de rexeneración do país. Neste ambiente iníciase reinado Afonso XIII en 1902, que herdaba réxime liberal parlamentario da Restauración e toda problemática. Este réxime se baseaba en dous partidos, liberal e conservador, que se alternaban no goberno a través eleccións manipuladas polos caciques. Destacan xefes de goberno como
Canalejas e Maura.
Industrialización recibe considerable pulo en Cataluña, País Vasco e Madrid, o que provoca auxe burguesía e crecemento proletariado urbano. Problemas dos gobernos:
- Sentimentos nacionalistas de Cataluña, encamiñados chegando a acordos con autonomista Lliga Catalá de Francesc Cambó.
- Exército moi sensible ás críticas tras fracaso 1898 e necesitado misión que devolvese prestixio.
- Problema de Marrocos. Na Conferencia Alxeciras 1906 asignóuselle a España protectorado no norte Marrocos, o que provoca rebelión de parte da poboación contra dominio español.
- Movemento obreiro e unha oposición de esquerda non encaixaban no sistema caciquil.
- Terrorismo anarquista que actúa contra políticos e contra empresariado de Barcelona, o cal responde formando escuadras armadas contra terroristas.
Principais crises que afronta o goberno foron sucesos Semana Tráxica de Barcelona 1909. Primeira Guerra Mundial, onde España estivo neutral, producindo beneficios económicos para o país, xa que vendeu armas e uniformes ós aliados. Incrementáronse reservas de ouro. Remata o conflito e tamén posición vantaxosa. 1917 prodúcese crise que amosa fraxilidade sistema Restauración con manifestacións que foron:
- Exército peninsular adopta posicións reivindicativas formando Xuntas de Defensa como protesta por rápidos ascensos guerra obtidos por oficiais que servían en Marrocos.
- Asemblea de Parlamentarios: catalanistas, liderados por Cambó, reunen en Barcelona asamblea parlamentarios na que se solicita convocatoria eleccións a Cortes constituíntes que modificasen sistema político vixente e concesión autonomía para Cataluña.
- Ten lugar folga xeral revolucionaria que lles afecta a Asturias, Cataluña e País Vasco.
Guerra de Marrocos termina sendo decisiva para caída sistema constitucional herdado da Restauración:
- 1921 culminan fracasos exército español para someter os rebeldes marroquís co Desastre Annual, no que morren máis de 9000 soldados. Españois.
- 1923 realízase investigación parlamentaria para establecer responsabilidades do desastre. Rumoréase que o rei podía estar implicado nel.
- Conflitos sociais, descontento político e desgaste militar provocado por Guerra de Marrocos levan o xeneral Primo de Rivera a dar Golpe de Estado e implantar ditadura militar que é recibida con alivio por moita poboación como solución ós problemas.

DITADURA Primo de Rivera

Tras golpe Estado, Afonso XIII autoriza xeneral Primo de Rivera formar goberno e disolvéronse Cortes. Así remata sistema constitucional Restauración e España súmase a países de Europa que adoptaban formas de goberno ditatoriais. Acontecementos:
- Fin Guerra Marrocos tras vitorioso desembarco de Alhucemas en 1925, no que destaca a actuación da Lexión na cal sobresae Franco.
- Inspirándose no modelo italiano de Mussolini, Primo de Rivera ordena realización obras públicas, entre as que destacan mellora de estradas. Tamén se reproduce sistema corporativo italiano para tratar de acabar coas folgas e cos enfrontamentos entre patróns e obreiros.
- Lograse certo desenvolvemento económico baseado intervención do Estado na economía e creación de grandes empresas monopolísticas estatais como CAMPSA e Telefónica.
- En Cataluña chegase a unha situación extrema conflitividade social que ser resolveu restrinxido as liberdades políticas e empregando a fondo os recursos militares e policiais dispoñibles para acabar co terrorismo anarquista.
1929 tiveron lugar Exposición Universal de Barcelona e Exposición Iberoamericana de Sevilla, que non poden ocultar declive réxime de Primo de Rivera e inicio da depresión económica España. Oposición á ditadura aumenta cando xeneral pretende perpetuar o seu goberno. Para iso crea partido político e consegue apoio diversos sectores sociais. Caída Primo de Rivera 1930 foi propiciada por arbitrariedade do goberno, perda apoio do rei e Exército, e descontento intelectuais e sociedade española.

CAÍDA MONARQUÍA

1930, Afonso XIII intenta restablecer sistema constitucional da Restauración, pero monarquía estaba moi desprestixiada e grupos republicanos comezan a unirse para derrocar o rei.
A eles sumáronse algúns intelectuais. Grupos políticos partidarios da república asinan Pacto de Donostia no que se comprometían a implantar república en España.
Abril 1931 celébranse eleccións municipais en toda España e triunfou coalición republicano-socialista. Rei abandona país e 14 de Abril proclámase II República. Este feito supón grande oportunidade: posibilidade establecer auténtico sistema goberno democrático en España. Algunhas circunstancias fundamentais que veñen canda implantación novo réxime son as seguintes:
- Vitoria electoral candidatos republicanos prodúcese nas cidades, da que a poboación estaba á marxe da influencia caciques. Estes sofren derrota e sistema que mantiñan comeza a quebrarse, pese ó control que teñen sobre o medio rural.
- Por primeira vez eleccións vense acompañadas de gran mobilización de masas urbanas, o que se traduce en politización vida cotiá.
- O revés sufrido por forzas políticas tradicionais provoca euforia dos grupos republicanos máis radicais, que emprenden campaña de queima de templos e conventos.

II REPÚBLICA (REFORMISTA)


Tras proclamación II República formase goberno provisional que incluía numerosos intelectuais, e do que obxectivo seguía sendo rexeneración país, pero esta vez mediante modernización e instauración democracia. Para proporcionarlle á República Constitución convocáronse eleccións a Cortes constituíntes en xuño 1931 nas que triunfaron republicanos e socialistas.
Promúlgase Constitución 1931 que definía España como república de traballadores de todas clases. Á fronte desta atopábase presidente elixido por 6 anos. Cortes estarían asinadas por unha cámara elixida mediante sufraxio universal. Establecíase separación entre Igrexa e Estado. Primeiro presidente República foi Niceto Alcalá Zamora. Fórmase goberno de esquerdas presidido Manuel Azaña. Reformas:
- Concesión autonomía a Cataluña. Dende finais século XIX existía crecente sentimento rexionalista que rematou sendo desbordado por conciencia nacionalista contraria ó modelo de Estado centralista liberal español.
República dota a Cataluña institucións propias de autogoberno, dentro do conxunto de España, mediante concesión Estatuto Autonomía 1932. Nacionalistas de Esquerra Republicana controlan Generalitat.
- Reforma militar. Exército español contaba cun número excesivo oficiais dende derrota 1898. Isto induce a establecer xuramento de fidelidade á República para militares e posibilidade de acceder a xubilación anticipada para aqueles que non quixesen prestar xuramento debido á ideoloxía monárquica. Así reduciuse exceso de mandos militares. Tamén se ordena pechar Academia Militar Zaragoza, co director Franco agraviado.
- Reforma relixiosa. Goberno republicano continúa política liberal século XIX co obxectivo de reducir poder Igrexa. Prohibíuselles exercer ensinanza ás ordes relixiosas e retiráronselles contribucións económicas do Estado. Tamén foi disolta Compañía de Xesús. Esta decisión obedeceu ó interese Goberno por fomentar laicismo no sistema educativo, no cal xesuítas tiñan grande influencia.
- Reforma agraria. Campo español arrastraba serie de problemas respecto propiedade de terra:
· Minifundismo en zonas do norte onde o reducido tamaño propiedades as facía insuficientes para garantir subsistencia dos seus donos.
· Latifundismo na metade sur península o que significaba que terras estaban nas mans de grandes propietarios e que a maioría da poboación rural atopábase constituída por xornaleiros sen terra, que traballaban uns meses ó ano percibindo salarios baixos. Caciquismo estaba arraigado e moitos terratenentes eran absentistas.
· Subarrendo de terras por parte intermediarios, que especulaban arrendando terras a baio prezo e llelas volvían arrendar a prezo maior ós campesiños.
Para mellorar situación tomáronse medidas como reforma agraria, que establece expropiación latifundios e outras terras para repartilas entre campesiños, que así deixarían de seren xornaleiros para convertérense en pequenos propietarios.
- Reforma educativa. Influencia intelectuais primeiros gobernos republicanos explica importancia medidas tomadas en materia educativa:
· Apostouse por ensinanza laica, libre de influencia Igrexa, que adopta como modelo a Institución Libre de Ensinanza.
· Créanse novos colexios e institutos.
· Dignificouse situación do profesorado mellorando os salarios.
· Desenvolvéronse centros e formación profesorado e potenciase Xunta para a Ampliación de Estudos.
· Levase a cultura ó medio rural a través das chamadas misións pedagóxicas nas que destacou Federico García Lorca.
Todas as medidas amosaban a ambición reformista da II República española, pero ó seren tan profundas, realizadas en pouco tempo e de forma simultánea, novo réxime creouse moitos inimigos que viron ameazados os intereses. Esta situación debilitaron o Goberno que perdeu eleccións 1933.

Entradas relacionadas: