Rebordos montañosos de la meseta

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,46 KB

 

1.Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares

O relevo actual da Península Ibérica é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos que ven condicionada pola posición da península entre Europa e África. Polo sur Gondwana, polo norte Paleoeuropa, e entre ambos o mar de Tetis.

Durante os tempos xeolóxicos producense fases oroxénicas con outras de nas que predominan a erosión e a sedimentación, e que van a cambiar os rasgos xeográficos.

1.1. Era arcaica


Etapa máis longa. Nesta etapa a Península Ibérica estaba ocupada polo Mar de Tetis. Sobre este mar emerxeu (un arco) con dirección Noroeste. Sufrirá posiblemente movementos oroxénicos que darán lugar a cordilleiras que se erosionan e mais tarde cubriranse polos mares paleozoicos. Os materiais son a pizarra e os gneis. A parte precámbrica estenderase por Galicia e puntos aislados do Sistema central e Montes de Toledo.Ao final do período o mar cubre o escudo precámbrico.

1.2 Era primaria:


Varios procesos oroxénicos. O primeiro, Caledoniano sigueu baixo o Mar de Tetis. (actual Mediterráneo). A oroxéneses Herciniana, pléganse os materiais depositados no mar de Tetis facendo xurdir do fondo mariño as cordilleiras Hercinianas . Ao leste elevouse o Macizo Hespérico, a actual Galicia, á Meseta e Estremadura. Este macizo foi arrasado, pola erosión e converténdose nunha penichaira inclinada cara ó mar de Tetis. Ao noroeste apareceron os macizos Catalano- Balear e do Ebro. Ó sureste, surgeu o Macizo Bético-Rifeño.

1.3 Era secundaria:


Período de calma e actuación de procesos erosivos e sedimentario, teñen diversas fases: 1 proceso de arrasamento da cordilleira herciniana.Máis tarde,a inclinación da Meseta cara ao Mediterráneo, o mar deposita sobre o borde oriental unha capa de materiais sedimentarios calcáreos. As fosas mariñas existentes entre os macizos emerxidos se irán acumulando enormes masas de sedimentos.


1.4 Era terciaria:


Período de desarrollo da oroxéneses alpina formación de cordilleiras, depresións e efectos sobre a Meseta.

A formación de grandes cordilleiras Pirineos e Béticas causa está no pregamento dos sedimentos (materiais depositados en fases anteriores). Formación das depresións (Ebro y Guadalquivir) Os efectos da oroxénesis sobre Meseta : Inclínase cara ó Atlántico,frmanse os rebordos montañosos: parte oriental da cordilleira Cantábrica, sistema Ibérico e no bordo sur debido aos empuxes dos sistemas Béticos, fórmase Serra Morena.

Prodúcese un efecto especial no interior da Meseta: Fracturas e fallas no zócalo da Meseta. As fallas presentan unha estrutura xermánica con bloques xóvenes levantados (horst) e bloques afundidos graben. Por último, prodúcese a aparición de relevos vinculados á actividade Volcánica, ao fallarse o terreo.

1.5 Era cuarternaria:


A principal característica glaciarismo e a formación das terrazas fluviais. O glaciarismo ten dúas manifestacións típicas: os glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo localízanse sobre a cabeceira dun val (circo). Vanse rompendo as rochas do circo. Máis tarde amplíase o circo e escápanse súas formas. No fondo do circo se excava. Candoo xeo fúndese, aparecen lagos.Os glaciares de Val localízanse sobre en un val. Cando o xeo desborda a área do circo unha língua glaciar esténdese polas zonas inferiores.

As illas Canarias pertencen á placa africana. Están formadas por rocas maioritariamente volcánicas, aínda que tamén existen rochas sedimentarias. Os volcáns máis modernos das illas emiten lavas básicas.

2. Tipos de unidades morfoestructurais:


Na península encóntranse presentes as grandes unidades morfoestructurais do relevo continental:

2.1 Zócalos


Son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou Paleozoico como resultado do arrasamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses desta mesma era. Formados por rochas silíceas, encontrase na metade occidental da Península.

2.2 Macizos antigos:


Son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque dun zócalo, como consecuencia dos movementos oroxénicos alpinos. Os seus materiais son paleozoicos, e o relevo presenta formas redondeadas, aplanadas e suaves.

2.3 Cordilleiras de pregamento:


grandes elevacións montañosas que xurden na oroxéneses da era terciaria, polo plegamento de materiais calizos. Hai 2 tipos cordilleira intermedia nos rebordos dos zócalos sistema ibérico e parte da Cordilleira Cantábrica , e cordilleira alpina, por plegamento de materiais, Pirineos e a Bética.

2.4 Cuncas sedimentarias:


Son zonas afundidas formadas na era terciaria e recheas con sedimentos, principalmente de caliza, arxila, arenisca ou margas. Tamén chamadas depresións.

Entradas relacionadas: