Prosa primer tercio siglo xx

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,96 KB

 
3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós
(narrativa, ensaio e xornalismo).
Esta etapa –especialmente de 1916 e 1936- é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes
autores terán na cultura galega.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a
partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas,
cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos
Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes
europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.
1. A contribución de OTERO PEDRAYO foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa e xira
ao redor da Galiza contemporánea. Podemos clasificala en:
a) NOVELAS REALISTAS: Ambientadas na Galiza rural do s. XIX, narran o proceso de decadencia da
fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural. Destaca Os camiños da vida (1928).
b) NOVELAS CULTURALISTAS: narran a evolución da conciencia galeguista na súa época. Son novelas sen
acción, ideolóxicas, case máis próximas ao ensaio que á narrativa. A máis representativa é Arredor de si (1930), cuxo
protagonista, Adrián Solovio, é un trasunto do propio Otero e a súa incorporación ao galeguismo.
Apartadas da súa temática habitual están Fra Vernero e A romeiria de Xelmirez .
A xeito de conclusión podemos dicir que hai tres temas recorrentes na narrativa de Otero
* A tradición: sabedoría acumulada polas sucesivas xeracións ao longo de séculos, conforma a cultura
espiritual dun pobo,
* A fidalguía: Otero non lle perdoa a súa deserción da aldea e do galeguismo, mentres os comerciantes
foráneos se fan coa dirección da sociedade.

Inventa unha fidalguía ideal, irreal, consciente do seu papel na sociedade
galega.
* A paisaxe: dotada de vida, goberna a vida do home.
O seu estilo, persoal e barroco, levou a Carballo Calero a definilo como un cesto de cereixas.
2. CASTELAO foi unha personalidade polifacética, que cultivou múltiples campos sempre defendendo
Galiza e todos aqueles que sofren. A súa técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en
aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
A 1ª obra narrativa foi Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), visión sintética da realidade social,
na que sae particularmente maltratada a figura do cacique.
Cousas son relatos moi curtos que Alonso Montero considera un novo xénero narrativo, 45 relatos nos que
aparecen as constantes do autor: humor, denuncia dunha realidade inxusta e posicionamento ao lado dos máis
débiles.

Os dous de sempre (1934). Tanto o título como o debuxo da portada (un paxaro e un sapo) fan referencia
aos dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista. Narra as peripecias vitais e as ambicións de
Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez
Retrincos (1934) Cinco relatos sobre cinco momentos pseudoautobiográficos (O segredo, O inglés, O retrato,
Peito de Lobo e Sabela).
Risco cultivou tamén a narrativa (O porco de pé, feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística) pero
é fundamentalmente ensaísta.
3. RAFAEL DIESTE, pertencente á Xeración do 25 escribiu Dos arquivos do trasno (1926), colección de
contos de temática variada que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
Vinculados a Cousas porque neles se conta só o esencial, sen elementos superfluos, hai lirismo e humorismo, mais o
sentimento non é tan fondo como en Castelao.

Entradas relacionadas: