A Prosa Galega na Posguerra (1950-1980): Unha Rexurda Literaria
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,26 KB
Lingua galega. Tema 13
A Prosa Galega na Posguerra (1950-1980)
Contexto Histórico
Desde a Guerra Civil ata 1980, a prosa galega sufriu unha parálise debido a diversos factores: a falta de público lector, a desaparición dunha industria editorial galeguista (como Nós), o centralismo político, a ditadura, a censura e a persecución lingüística. Este contexto truncou o camiño iniciado pola Xeración Nós. Porén, a partir dos anos 50, comezou unha lenta e progresiva recuperación da escrita en galego, grazas ao labor dos homes vinculados ao proxecto Galaxia, especialmente coa fundación da editorial homónima.
A Narrativa entre 1950 e 1980
Na produción narrativa entre 1950 e 1980, destacan:
Escritores precedentes da etapa anterior, como Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero.
Un grupo de narradores caracterizados pola súa individualidade:
Ánxel Fole: Recreador dunha Galicia rural e misteriosa, recuperando a tradición do conto popular.
Álvaro Cunqueiro: Desde un discurso realista, pon ao lector en contacto cun mundo que combina realidade e fantasía.
Eduardo Blanco Amor: Escritor de carácter social e realista.
Xosé Neira Vilas: Autor máis novo, pintor do mundo rural galego e da emigración, en moitos casos desde a ollada inocente dun neno.
A Nova Narrativa Galega: Movemento innovador que incorpora novas técnicas e temas á prosa de ficción.
Un grupo de autores que centran a súa obra, de carácter autobiográfico, en temas relativos á resistencia ou á represión durante a Guerra Civil e a posguerra.
Ánxel Fole (1903-1986)
Vida
Ánxel Fole, un dos grandes mestres da narrativa breve en galego, naceu en Lugo en 1903. De ascendencia fidalga, pasou a súa infancia e adolescencia en Lugo e cursou estudos de Filosofía e Letras. Dedicouse ao xornalismo e á política en forzas republicanas e galeguistas. Despois da Guerra Civil, tivo dificultades económicas e retirouse ás terras do Courel. Estes anos no rural foron moi produtivos literariamente. En 1953, reiniciou a súa actividade cultural e xornalística, colaborando coa editorial Galaxia nos anos 50.
Obra Narrativa
A súa faceta como narrador é a que o fai destacar na literatura galega. Os contos das súas principais obras baséanse en fontes diversas (tradición oral, acontecementos vividos) e son de variada tipoloxía. Os elementos temáticos máis salientables son a paisaxe e o humor. Destacan dúas obras:
Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955): Constan de 14 historias cada unha, que se desenvolven en terras do Courel e do Incio.
Lingua e Estilo
A súa intención é retratar unha Galicia misteriosa e máxica a través de experiencias paranormais. O desexo de ser fiel á realidade lévao a empregar unha prosa sinxela e enxebre. A lingua da súa obra narrativa é a propia das zonas de Lugo polas que transcorren as súas historias.
Ánxel Fole na Literatura Galega
Foi un autor extraordinario e singular que creou o seu propio universo narrativo partindo do substrato popular. A combinación de realidade, imaxinación e fantasía, así como o feito de ser un dos primeiros en publicar narrativa na posguerra, fan que sexa moi importante na evolución da literatura galega.
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Álvaro Cunqueiro estudou en Santiago e colaborou en varios xornais, como Faro de Vigo, do que chegou a ser director, ou La Noche. A mediados dos anos 50, iniciou a súa frutífera carreira como narrador en lingua galega. Nos anos 60, recibiu diversos recoñecementos públicos e premios literarios. Nos últimos anos da súa vida, non abandonou a escrita e continuou a recibir homenaxes, a última pouco antes de morrer ao ser nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Obra Narrativa
A súa narrativa adoita clasificarse en dúas liñas:
Narrativa longa: Merlín e familia, As crónicas de Sochantre, Si o vello Sinbad volvése as illas. Adoitan aparecer personaxes míticos e as accións transcorren en terras afastadas.
Libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes. Os protagonistas, ambientes e espazos son totalmente galegos. A combinación do enxebre co exótico convértese nunha das características da súa prosa. A súa obra está cargada de humor, lirismo, ironía, parodia e humanización de personaxes míticos. O eixe central adoita ser unha Galicia rural, tradicional e máxica.
Obras destacadas:
Merlín e familia (1955): Unha sucesión de historias relacionadas pola presenza do mago Merlín.
As crónicas do Sochantre (1956): Ambientada na Bretaña francesa durante a Revolución Francesa, con o Sochantre de Pontivy como protagonista. O final inclúe unha representación teatral de Romeo e Xulieta.
Si o vello Sinbad volvése ás illas (1961): Protagonizada polo mítico personaxe d'As mil e unha noites, un vello soñador e dominado pola morriña.
Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960).
Lingua e Estilo
O uso do galego é fundamental na súa obra e constitúe un factor importante na súa recuperación despois da Guerra Civil.
Álvaro Cunqueiro na Literatura Galega
Cunqueiro é un renovador da narrativa galega de posguerra. Supuxo un avance ao liberar a literatura galega do carácter doutrinario derivado do compromiso galeguista.
Eduardo Blanco Amor (1897-1979)
Eduardo Blanco Amor foi narrador, poeta, xornalista e dramaturgo. As súas novelas Xente ao lonxe e A esmorga convertérono nun dos mestres da narrativa galega. Emigra a Arxentina en 1919, onde se fai xornalista e contribúe a espallar o galeguismo. Durante a Guerra Civil, defende a causa republicana desde América. A mediados dos anos 60, regresa a Galicia e comeza a colaborar en diversos xornais, sen deixar de escribir.
Obra Narrativa
Destacan tres obras:
A esmorga (1959): Narrada por o Castizo, relata os acontecementos vividos con dous compañeiros, "O Bocas" e "O Milhomes".
Os biosbardos (1962): Contada por sete rapaces, presenta a Ourense de principios do século XX.
Xente ao lonxe (1972): Baseada en feitos históricos, ofrece unha visión da sociedade ourensá e un alegato social.
Lingua e Estilo
O galego que emprega na súa obra narrativa parte da fala popular e adáptaa ás necesidades expresivas mediante un proceso de recreación e estilización.
Blanco Amor na Literatura Galega
É un dos grandes escritores galegos por cultivar todos os xéneros e pola súa preocupación por elevar o galego a lingua literaria. Incorporou novas técnicas novelísticas.
Xosé Neira Vilas (1928-)
Xosé Neira Vilas, de familia labrega, compaxina os estudos cos labores no campo. En 1949, emigra a Bos Aires, onde se relaciona con outros galegos preocupados pola situación de Galicia. En 1961, múdase a Cuba, onde desempeña diversos cargos na Administración e participa activamente no mundo cultural.
Obra
As súas obras caracterízanse pola presenza do mundo rural galego de posguerra e a miseria. Destacan:
Memorias dun neno labrego (1961): Manifesta as inquedanzas e frustacións de Balbino.
Cartas a Lelo (1971).
Aqueles anos do Moncho (1977): Un narrador en terceira persoa relata a historia de Moncho.
Lingua e Estilo
Neira Vilas adapta a linguaxe e o estilo ás mensaxes que quere transmitir. O léxico é rico, con matices e formas enxebres, pero sinxelo.
Neira Vilas na Literatura Galega
A súa prosa é innovadora e recolle influencias das literaturas europea e americana.