A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,97 KB

 

6.- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)


Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega.

Carballo Calero é autor da primeira novela de posguerra, A xente da Barreira


Principais autores da etapa:


1.

Álvaro Cunqueiro

. Mestura Realismo e fantasía: personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad) e xentes galegas. Predomina a oralidade no estilo: apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes. Nas novelas non hai unha estrutura clásica, máis ben son un conxunto de relatos sucesivos. Destaca Merlín e familia: recreación da materia de Bretaña desde unha perspectiva galega. Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.

2.

Ánxel Fole

. Libros de contos: Á lus do candil, Terra Brava. Están ambientados nas montañas luguesas e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, que se contaban antes “á luz do candil” entre varias persoas. Temas: lobos, aparecidos, a morte, lendas populares.

3.Eduardo Blanco Amor. Acción ambientada en Ourense (Auria) a principios de século


-

A esmorga

. Temática renovada: protagonismo compartido, das clases populares; forma renovada: só escoitamos a voz do protagonista. É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela e que acabará coa morte de todos. Unha das grandes novelas galegas do século.

-

Xente ao lonxe

. Radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa.

4.

Xosé Neira Vilas

: Retrata a Galicia interior, campesiña, oprimida e pobre.
Memorias dun neno labrego
é o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Ten unha estrutura sinxela, trata dun neno que non se conforma coa súa vida e ten que emigrar. Historias de emigrantes: a emigración forzosa, a morriña da terra, o illamento.

A partir dos 50 un grupo de mozos incorpora á narrativa novos motivos e novas técnicas, son os integrantes da Nova Narrativa Galega (estudada noutro tema): intención innovadora e desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. O máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín
. Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares(Vento ferido, Cambio en tres), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica.

As Letras Galegas de 2017 están dedicadas a Carlos Casares



Entradas relacionadas: