A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 13,24 KB

A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)
.


Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega.

Os anos inmediatos de posguerra conforman un ermo creativo e editorial que son os tímidos intentos dos anos 50 pretenden solventar. A situación política únense problemas derivados da escasez de publico, da falta de infraestrutura literaria e cultural e a ruptura na incipiente tradición prosistica, comezada pola xeración Nos.

Nos fins dos anos 50 asistimos a unha lenta e progresiva recuperación de ámbitos de escrita en prosa.

Principais autores da etapa:

1.Álvaro Cunqueiro. Mestura Realismo e fantasía: personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad) e xentes galegas. Predomina a oralidade no estilo: apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes. As novelas son un conxunto de relatos sucesivos
. Destaca Merlín e familia: recreación da materia de Bretaña desde unha perspectiva galega. Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.

Outras obras coñecidas: As crónicas do sochantre ambientada na Bretaña francesa. Se o vello Sinbad volvese as illas, Xentes de aquí e de acola e a súa derradeira obra: o poemario Herba aquí ou acolá.

2.Ánxel Fole. Libros de contos: Á lus do candil, Terra Brava, Contos da néboa. Ambientados nas montañas luguesas e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, que se contaban antes “á luz do candil” entre varias persoas. Temas: lobos, aparecidos, a morte, lendas populares.

4.Xosé Neira Vilas: Retrata a Galicia interior, campesiña, oprimida e pobre. Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Ten unha estrutura sinxela, trata dun neno que non se conforma coa súa vida e ten que emigrar. Historias de emigrantes: a emigración forzosa, a morriña da terra, o illamento.

Outras obras famosas son: Remuíño de sombras e Camiño bretemoso.

3.Eduardo Blanco Amor. Autor de dous textos fundamentais para a historia das nosas letras: a esmorga e xente ao lonxe. Acción ambientada en Ourense (Auria) a principios de século.

-A esmorga. Temática renovada
: protagonismo compartido, das clases populares;
forma
renovada: só escoitamos a voz do protagonista. É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela e que acabará coa morte de todos. Unha das grandes novelas galegas do século.

-

Xente ao lonxe

. Relátanse as tensións sociais na cidade de Auria a principios do século XX. Radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa.

Blanco Amor tamén e autor de relatos breves como Os biosbardos
.

A partir dos 50 un grupo de mozos incorpora á narrativa novos motivos e novas técnicas, son os integrantes da Nova Narrativa Galega,conxunto de textos cuxa cronoloxía poder estar situada entre 1954 e 1969. O máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín autor de Percival e outras historias e o crepúsculo e as formigas. Outros autores que comezaron coa Nova Narrativa Galega foron:

  • María Xosé Queizán autora de A orella no buraco.

  • Gonzalo R. Mourullo que e autor de dous volumes de relatos, Nasce un arbore e Memorias de Tains, caracterizadas pola superposición de planos e pola introspección do subconsciente.

  • Camilo Gonsar deu ao prelo títulos como Lonxe de nos e dentro, Como calquera outra día e A noite da aurora. En 1980 publica Cara a Times Square titulo que ven concluír en boa medida os logros da Nova Narrativa.

  • Carlos Casares(Vento ferido, Cambio en tres), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica.

Entradas relacionadas: