¿Proceden las celulas doutras celulas?

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 14,74 KB

 

Estrutura da membrana plasmática



Modelo de Singer e Nicholson ou modelo do mosaico fluido:



Na membrana plasmática, os lípidos se dispoñen formando unha bicapa:

os lípidos da membrana son, fundamentalmente fosfolípidos colesterol
. Nestes lípidos se distinguen 2 partes: parte hidrofílica e parte hidrofóbica, o que fai que as moléculas se dispoñan formando unha doble capa lipídica.


Os lípidos e as proteínas integrais se dispoñen formando un mosaico 
(estrutura formada por pequenas fraccións). As proteínas son diversas e realizan as funcións específicas da membrana.

As membranas son estruturas fluidas:

existen desprazamentos laterais.  

As membranas son estruturas asimétricas respecto a todos os seus compoñentes

Funcións da membrana plasmática


:

Delimita á célula e actúa como filtro selectivo. -Receptores de membrana: glicoproteínas que identifican a outras moléculas. -Identidade antixénica: existen unhas moléculas que serven para que o noso sistema

inmunnolóxico recoñeza as nosas células como propias e así non as ataque. -Polarización e despolarización: facultade mediante a cal é capaz de transmitir impulsos

nerviosos. -Transporte a través de membrana: como é unha barreira lipídica, impide a entrada de

moléculas disoltas en auga, e ten que desenrolar mecanismos de transporte específicos para solucionalo.


A PAREDE CELULAR VEXETAL


: É unha estrutura ríxida exclusiva de células vexetais e que se localiza por fora da membrana

plasmática.

Composición da parede celular


:


Presenta unha composición variada, dependendo dos organismos (os fungos presentan como polisacáridos a Quitina, as algas e plantas superiores presentan celulosa e hemicelulosa, etc).

Estrutura da parede celular


:



Lámina media

: capa máis externa (a 1a que se orixina). É como un cemento de unión entre células veciñas. O seu principal compoñente é a Pectina.


Parede primaria

: capa delgada e flexible, formada por celulosa, hemicelulosa e pectinas. Propia de células en crecemento.

-

Parede secundaria


: aparece cando cesa o crecemento. É a última en orixinarse. É grosa e ríxida e o seu principal compoñente será celulosa, pectina ou lignina.

Funcións da parede celular





- Constitúe un exoesqueleto que protexe e da forma á célula, sen impedir o seu crecemento. 

- Intervén no mantenemeto da presión osmótica.

Diferenciacións que presentan as paredes celulares


: debido ao illamento que proporciona a parede celular, a célula necesita mecanismos para intercambiar substancias co medio ou con outras células. Tipos:


Punteaduras

: son zonas de adelgazamento da parede celular que se corresponden con outras complementarias e ao mesmo nivel na célula adxacente.


Plasmodesmos

: son canais finos que atravesan totalmente as paredes celulares e establecen unha continuidade entre citoplasmas de células veciñas.


O CITOPLASMA: CITOSOL E ORGÁNULOS



CITOSOL OU HIALOPLASMA


:


É a parte soluble (líquida) do citoplasma da célula. Representa aproximadamente a metade do

volume celular.

Está composto por proteínas, ións, glícidos, ácidos nucleicos, nucleótidos, metabolitos, etc.

Contén gran cantidade de enzimas que catalizan un gran número de reaccións do metabolismo celular.


Ademáis, no citosol de moitas células se almacenan substancias de reserva en forma de gránulos, denominados inclusións citoplasmáticas, que non están rodeados por membrana.

O citosol contén unha gran variedade de filamentos proteicos que constitúe o citoesqueleto


ORGÁNULOS CITOPLASMÁTICOS:



Orgánulos citoplasmáticos sen membrana




Citoesqueleto

Estrutura formada por proteínas que determina a forma da célula, facilita a movilidade celular (constituindo cilios e flaxelos) e desempeña un importante papel na división celular. Nas células eucariotas, consta de microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos 


Microfilamentos:

compuestos por unha proteína contráctil denominada actina. A súa función é dar estabilidade e forma á celula.


Filamentos intermedios:

formados por proteínas fibrosas. A súa función principal é proporcionar rixidez á célula


Microtúbulos

: estruturas tubulares que interveñen en diversos procesos celulares como transporte intracelular de substancias, división celular (mitose e meiose) e constitúen a estrutura interna de cilios e flaxelos.

Os microtúbulos poden organizarse en forma de 9 tripletes circulares, constituíndo os centriolos .

Os centriolos son orgánulos con estrutura cilíndrica que se dispoñen perpendiculares entre sí. A súa función principal é participar na división celular, colaborando na separación dos cromosomas.

Os centriolos están rodeados dun material proteico denso chamado material pericentriolar e xunto con él forman o centrosoma ou COMT (centro organizador de microtúbulos)

Ribosomas


:


Son complexos macromoleculares, formados por ARN e proteínas (ribonucleoproteínas) de forma máis ou menos redondeada e carecen de mb. Están formados por 2 subunidades e a súa función é a síntese de proteínas.

Poden atoparse libres no citoplasma, adheridos ás mb do RER e á mb nuclear externa, ou na matriz mitocondrial e estroma do cloroplasto (teñen información xenética específica para formar prot determinadas do seu metabolismo específico).


Orgánulos citoplasmáticos con membrana sinxela


:


Retículo endoplasmático


:

Estrutura constituída por unha serie de condutos membranosos (túbulos e sáculos) que atravesan o citoplasma das células eucariotas. Estes condutos están interconectados e ademáis conectados coa mb nuclear e a mb plasmática. Hai 2 tipos de RE

RER


: constituído por sáculos aplanados e vesículas intercomunicadas. Presenta ribosomas adheridos . Está moi desenrolado nas células nas que a síntese de proteínas é moi elevada . As funcións do RER son:

 Síntese de proteínas (nos ribosomas da mb)  Almacenamento e transporte de proteínas  Glicosilación de proteínas (unión a glícidos)

REL


: son túbulos interconectados cuxas mb están conectadas co RER. Non presenta ribosomas. As súas funcións son:

 Biosíntese, transporte e almacenamento de fosfolípidos, colesterol e esteroides.  Metabolización de substancias tóxicas  Detoxificación (proceso de eliminación de substancias tóxicas.


Entradas relacionadas: