O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,98 KB

 
Descartes
T1: O problema do mé todo e o proxecto cartesiano
1/ O proxecto cartesiano
A época na que vive Descartes ten unha conciencia clara da necesidade de superar o modelo de ciencia da idade media e o renacemento.
Por unha banda, xa non poden confiar nas “autoridades” como se facía na época medieval. As argumentacións baseadas en Aristóteles, Santo Tomás e a Biblia non tiñan xa caracter demostrativo.
Por outra banda, a ciencia que se desenvolve no século XVI constitúe unha paisaxe caótica na que convive o Naturalismo, as doutrinas exotéricas, o humanismo e unha nacente ciencia físico matemática aplicada á astronomía e á dinámica.
O “proxecto cartesiano” consiste no intento de unificación de todas as ciencias nunha soa. Iso é posible, xa que, segundo Descartes:
a) Todas as ciencias non son senón a sabedoría humana, que permanece sempre unha e a mesma, por máis que sexan diferentes os obxectos aos que se aplica
b) Existe un método universal, único para todas as ciencias. Ao afirmar isto, Descartes oponse radicalmente á filosofía aristotélica. Aristóteles afirmaba, que a xeometría e a aritmética eran ciencias distintas e que, polo tanto, os métodos aritméticos non podían valer en xeometría.
c) Aínda que existen ciencias distintas, todas elas forman unha unidade orgánica: Toda a filosofía é como unha árbore, cuxas raíces son a metafísica, o tronco a física, e as pólas que saen deste tronco son todas as demais ciencias.
Descartes considera que, se debe levar a cabo o seu proxecto, este debe seguir dúas fases:
1) a formulación dun método xeral para todas as ciencias;
2) o desenvolvemento das diversas ciencias, comezando pola metafísica que contén os principios do coñecemento, seguindo pola física, na que se examina como está composto o Universo no seu conxunto, e concluíndo coas demais ciencias.

2/ Crí tica ao modelo dedutivo siloxí stico e a introdució n do modelo matemá tico


Descartes considera inválido o método siloxístico que usaban Aristóteles e a escolástica.
O modelo dedutivo que a Descartes lle ensinaron no colexio Xesuíta de La Fléche era ese modelo siloxístico. Neste modelo pártese de unhas premisas das que se infire unha conclusión.
Todos os homes son mortais
Sócrates é un home
entón Sócrates é mortal
Tratábase dun modelo de dedución que se baseaba nunha concepción do mundo organizado en categorías, en clases de individuos (xéneros, especies) , e na que, basicamente se dicía que se os enunciados dos que partimos encaixan nese orde (Se é certo que a clase dos seres que son mortais inclúe á clase dos homes, e se o individuo “Sócrates” pertence á clase dos homes, entón o individuo “Sócrates” pertence á clase dos seres que son mortais) entón, tamén encaixará a conclusión. Isto, para Descartes era coma non dicir nada.
Descartes non pensaba que este modo de deducir uns enunciados de outros fose adecuado para a ciencia, posto que na conclusión non aparecía nunca nada que non estivera xa nas premisas. Servía máis para reorganizar e así poder ensinar os coñecementos que xa se tiñan que para descubrir coñecementos novos.
Por outra banda observaba que o modo en que os científicos realizaban deducións na súa época se baseaban en outro tipo de regras.

Cando un astrónomo quería deducir a posición dun planeta nun momento determinado o que facía era realizar cálculos matemáticos. Cando un filósofo natural tentaba deducir a posición dun corpo en caída ao cabo de determinado espazo de tempo facía o mesmo; aplicar determinados cálculos.
En concreto, Descartes vía que gran parte deses cálculos tiñan que ver con series numéricas. Por exemplo, cando Leonardo, ou Beckman ou Galileo tentaban describir o movemento de caída facíano establecendo a proporcionalidade a respecto dunha serie numérica. Galileo dirá, por exemplo, que as distancias recorridas polos corpos que caen en tempos iguais son proporcionais á serie dos números impares, 1, 3, 5, 7, 9…

3/ As “Regras para a dirección do enxeño” (1633)


A matemática como modelo do método



O primeiro modelo metodolóxico formulado por Descartes aparece nas “Regras para a dirección do enxeño” e está directamente inspirado na idea matemática das series.
Nesta obra formula unhas regras (21 en total) segundo as cales debe proceder toda investigación científica:
Nas regras V, VI e VII desta obra di máis ou menos o seguinte:
Hai que reducir as proposicións complicadas a outra máis simples e logo, partindo das máis simples seguir a serie, os eslavóns, que nos elevan ate as máis complexas. (R V).
“Todas as cousas poden ser distribuídas en determinadas series, non certamente en canto son referidas a algún xénero de ser, seguindo a división que deles fixeron os filósofos nas súas categorías (estase a referir ao mundo categorizado de Aristóteles), senón en canto poden ser coñecidas as unhas polas outras”.
Nesas series de cousas que poden ser coñecidas as unha polas outras, haberá unhas que son “absolutas” e outras relativas.
A comprensión de esas series ou encadeamentos debe partir dunha enumeración suficiente e ordenada.
O obxectivo é chegar á intuición do vínculo ou unión de cada un dos eslavóns cos que están máis cerca deles. Esta intuición permitiranos ver de xeito claro de qué modo está o último unido ao primeiro.
Descartes, cando formúla estas regras, está tomando o modelo das matemáticas, pero non está pensando tanto na xeometría coma na álxebra.
O modelo dedutivo aparece pois, nas “regras” claramente formulado xa non en torno á siloxística senón en torno ás matemáticas.

Entradas relacionadas: