Pobos do centro e do leste peninsular. Reciben menores influencias dos
Colonizadores e neles detéctanse influencias de pobos orixinarios de Europa, como os
Celtas. Foron denominados polas fontes romanas como celtas ou celtíberos. Os pobos
máis próximos a área ibérica (para ser máis concretos no alto Duero e no Sistema
Ibérico)son os propiamente celtíberos (arévacos, lusones, pelendones, etc.) Ademais de
Celtíberos atopamos lusitanos, vacceos...
Nuns predominaba a actividade agrícola, noutros a gandería. Atopamos pouco
Desenvolvemento da artesanía e o comercio. Dominaban a metalurxia do ferro, e ene
Ocasións, atopamos núcleos de poboación fortificados (Numancia).
.........
3. CONQUISTA E ROMANIZACIÓN
A Hispania romana
A presenza romana na Península Ibérica prolongouse desde finais do século
III a. C.,
Momento no que se iniciou a conquista, ata principios do século V d. C., cando o
Desmembramento do Imperio favoreceu o asentamento en Hispania dalgúns grupos de
Pobos xermánicos. Durante este tempo a Península foi un territorio máis dentro dun
Imperio que abarcaba a totalidade das terras que baña o Mediterráneo.
Etapas da conquista:218 a. C. (desembarco de Escipión en Ampurias)-19 a. C.
(Augusto somete a cántabros e astures)
A conquista de Hispania por parte dos romanos foi un proceso de longa duración, que
Comezou a finais do III a. C. E non concluíu ata uns douscentos anos despois, a finais
Do século I a. C. Os romanos non tiñan un plan determinado de conquista. O seu
Interese inicial debeuse a necesidade de contrarrestar aos cartaxineses
• 1ª Fase: Conquista da zona mediterránea no contexto do enfrontamento con
Cartago (Guerras Púnicas). No 218 a. C. Chegan a Península, no 209 a. C. Conquistan
Cartago Nova e no 206 a. C. Gades. Ao comprobar as riquezas da península deciden
Instalarse, conquistando rapidamente as zonas do leste o sur, os pobos que máis
Contacto tiveran cos pobos colonizadores (fenicios e gregos).
• 2ª Fase: conquista do centro, o Occidente e máis tarde o noroeste da Península.
Nestas zonas atoparon forte resistencia dos nativos producíndose longas e custosas
Guerras: guerras lusitanas (154-137 a. C.) e guerras celtibéricas (154-133 a. C.). Viriato
(un caudillo lusitano) e Numancia simbolizan esta resistencia.
• 3ª Fase: en tempos de Augusto (29-19 a. C.) produciuse o sometemento dos
Pobos do norte (guerras cántabras), cántabros e astures.
O proceso de romanización
Chamamos proceso de romanización á introdución en Hispania (por vía pacífica ou
Pola forza) dos elementos da súa organización, política e cultural. Estes elementos entran
En relación coas sociedades indíxenas, aínda que impoñéndose os elementos romanos.
Este proceso é máis intenso no leste e no sur, e é débil no norte montañoso, sobre todo,
País Vasco e Navarra.
Os vehículos de romanización foron:
A división administrativa
Hispania foi o nome co que os romanos designaron ao conxunto da Península Ibérica.
Nun primeiro momento foi dividida en dúas provincias: a Citerior (a zona mediterránea
Ata a actual Cartaxena) e a Ulterior (o sur). No século I, en tempos de Augusto foi
Dividida en tres provincias: Tarraconense, Bética e Lusitania con capitais en Tarraco,
Cúrdoba e Emérita Augusta.
En tempos de Diocleciano (finais do século III d.C.) quedou dividida en seis provincias:
Gallaecia, Tarraconense, Bética, Lusitania, Cartaxinense e Mauritania Tingitana (norte de
África). Xa no século IV engadiuse a provincia Baleárica.
As provincias, administradas por un gobernador, eran a súa vez divididas en conventos
E estes en civitas. As civitas estaban formadas por un núcleo urbano e un territorio
Circundante, eran gobernadas por unha curia ou consello e uns maxistrados.
O legado cultural
O principal legado cultural é, xunto coas obras públicas, a lingua, o dereito e a relixión.
3
O latín impúxose e desprazou as linguas prerromanas. Impúxose coma lingua oficial e
Privada. O latín deu orixe ás principais linguas da España actual, como o castelán, o
Catalán e o galego.
O dereito romano é aínda a base substancial da nosa lexislación. Regulaba a
Convivencia nunha sociedade máis complexa que as indíxenas.
Un dos legados principais de Roma foi a construción de obras públicas. Son
Construcións urbanas para satisfacer as necesidades dos habitantes das cidades. As
Máis importantes foron: as murallas de Lugo, acuedutos como o de Segovia, pontes
Coma o de Alcántara, arcos conmemorativos, templos como o de Diana en Mérida e
Anfiteatros coma o de Mérida.
........................
6. RECONQUISTA E REPOBOACIÓN (ETAPAS DA RECONQUISTA,
MODELOS DE REPOBOACIÓN).
O termo reconquista refírese a actividade militar que levan a cabo os cristiáns nos
Século VIII ao XV sobre o territorio ocupado polos musulmáns na Península. Esta loita ten
Un dobre sentido: un sentido relixioso como cruzada contra os infieis musulmáns.
Un sentido político, pois lexitima aos reinos cristiáns como continuadores do reino
Visigodo.
ETAPAS DA RECONQUISTA.
Primeira etapa (séculos VIII-X). Dende as primeiras escaramuzas de importancia,
Como a vitoria cristiá en Covadonga (722) ábrese un período no que os núcleos cristiáns
Do norte consolidan o seu territorio e avanzan timidamente cara ao sur. O reino asturiano
Alcanzou a liña do Duero no ano 910. Isto fai que se traslade a capital de Oviedo a León.
A partir de entón comézase a falar do reino astur-leonés, e despois de reino de León.
Dentro de este reino na parte oriental, mais exposta a ataques musulmáns, construíronse
Moitos castelos e así foi denominada Castela, os seus condes, co paso do tempo
Alcanzaron certa independencia de León.
Na zona dos Pireneo, unha serie de territorios dependentes dos francos (Marca
Hispánica) foron independizándose pouco a pouco: o reino de Pamplona, o reino de
Aragón e os condados cataláns.
Segunda etapa (séculos XI e primeira metade do XII) Conquista dos vales do Ebro e
Do Tajo.
Aproveitando a debilidade musulmá tras disgregación do Califato en reinos Taifas, León
E Castela pasan o Sistema Central e ocupan a conca do Tajo. Toledo conquístase en
1085. Esta cidade tiña un importante valor simbólico, xa que fora a capital visigoda.
Tras o paro imposto á reconquista pola invasión almorábide, reactivouse o avance cara
Ao sur nos reinos orientais coa toma de Zaragoza, Tortosa e Lleida. Neste tempo Portugal
Conquista Lisboa.
Terceira etapa (fins do século XII e principios XIII)
Tras a interrupción do avance coa chegada dos almohades pouco a pouco Castela e
León dominou o val do Guadiana e os pasos de Serra Morena. Este proceso culminou
Coa vitoria cristiá sobre os almohades na batalla de Las Navas de Tolosa (1212), que
Abriu definitivamente o avance cristiá ara o val do Guadalquivir e Valencia.
Cuarta etapa (seculo XIII-1492)
Rápida ocupación do val do Guadalquivir por Castela-León e de Valencia e Baleares. A
Metade do século XIII so queda o reduto do reino nasrí de Granada ata 1492.
MODELOS DE REPOBOACIÓN
Paralelamente á conquista de terras aos musulmáns, produciuse a súa repoboación ou
Ocupación efectiva polas forzas cristiás para habitalas e explotalas. Estas formas de
Ocupación do territorio durante a reconquista marcaron durante séculos a estrutura da
Propiedade en España e Portugal.
Presura ou aprisio. Aplicouse a territorios despoboados e sen explotar (Val do Duero e
Plana de Vic). O rei autorizaba a establecerse nun determinado territorio, que pasaba a
Ser propiedade de quen ocupase e cultivase as terras. Houbo dúas modalidades, a o
Oficial, desenvolvida polo rei, e a privada, efectuada por nobres ou por familias de
campesiños libres.
Cartas de poboamento e as cartas forais. Supoñían a creación ou ocupación de vilas
E cidades en zonas despoboadas ou conquistadas aos musulmáns. Estas cartas
Concedían privilexios forais (liberaban de pagar certos impostos, permitían crear feiras e
3
Mercados...) a quen se establecese neses lugares. Este sistema permitiu a creación e
Crecemento de numerosas vilas e cidades nos vales do Douro e Ebro.
Repoboación mediante ordes militares. Nos séculos XI e XII, ante os ataques de
Almorábides e almohades, os reis concederon grandes dominios ás Ordes Militares.
Os repartimentos. Eran as concesións de lotes de terras para os repoboadores de
Acordo coa categoría social e militar. Os lotes de maior tamaño eran para os nobres, as
Institucións eclesiásticas e as Ordes Militares.
.................
7. O RÉXIME FEUDAL E A SOCIEDADE ESTAMENTAL.
A sociedade dos novos reinos cristiáns atravesa un proceso de feudalización que
Culmina entre os séculos XI e XIII. Este é un proceso de transformación social que
Arranca tras a caída do Imperio Romano. Unha sociedade feudal era aquela na que
Existen relacións xeneralizaras de dependencia entre campesiños e señores laicos ou
Eclesiásticos. Realizaban acto de vasalaxe que implicaba un xuramento de fidelidade
Do vasalo cara o señor e este o compensaba con terras (beneficium). Esta estrutura
Xerárquica estendíase, de forma que os campesiños eran vasalos do abade dun mosteiro,
Dun bispo ou dun nobre, pero a súa vez estes podían selo doutro señor de maior rango.
No cumio estaba o rei.
Este tipo de monarquía denomínase monarquía feudal. O reino considerábase
Propiedade do rei que o recibía e o transmitía por herdanza e que podía dividilo entre os
Seus herdeiros. Desde o s. XIII considerouse patrimonio inalienable que debía ser
Transmitido íntegro Non había un exército real polo que o monarca dependía das
Mesnadas nobiliares (dos homes armados de cada señor). No caso da Reconquista a
Proximidade da fronteira deulle un poder extraordinario a duques e conde encargados de
Gardar as fronteiras do reino. Aí está o caso dos condes de Castela que acabarán
Conformando un reino propio ou o caso do conde de Portugal. A relación de vasalaxe era
Máis intensa na Coroa de Aragón que na de Castela. Os condes aragoneses e cataláns
Estaban localizados na Marca Hispánica carolinxia polo que rendían vasalaxe ao rei
Francés, se ben, co tempo acabaron por independizarse desta tutela.
Como en toda Europa feudal, a sociedade estaba constituída por tres estamentos:
Os que guerreaban, os que oraban e os que traballaban.
A nobreza, o clero e o campesiñado.
Os primeiros eran os nobres, grupo minoritario, pero de carácter privilexiado. Dentro
Da nobreza había diversos graos. No cumio achábanse os chamados ricos homes, en
Castela, e baróns na Coroa de Aragón e Navarra. A baixa nobreza integrábana os
Cabaleiros e fidalgos. A alta nobreza rematou por controlar amplos dominios territoriais,
Nos que, ademais das rendas que percibían, gozaban de poder xurisdicional. Eran os
Señoríos, que na Baixa Idade Media, grazas á institución do morgado, pasaban íntegros
Ao herdeiro. Os devanditos señoríos perviviron ata o século XIX, en que foron suprimidos.
Os eclesiásticos eran outro grupo privilexiado. Había clero secular e clero regular,
Que era o que vivía sometido a unha regra monástica. A Igrexa contaba con importantes
Señoríos. Socialmente distinguíase o alto clero, xeralmente recrutado nas filas da
Nobreza, e o baixo clero, máis próximo ao pobo.
Os campesiños, traballaban a terra, carecían de privilexios. Moitos traballaban terras
Alleas, estando suxeitos a unha importante dependencia respecto aos propietarios da
4
Terra (nobreza e clero), aínda que tamén había algúns sectores de campesiños
Facendados.
Deste entramado só escapaba a poboación urbana, os burgueses, que foron
Aumentando en número a partir da recuperación das cidades a partir do s. XII.
......................
8. AS CRISES BAIXOMEDIEVAIS (CRISES DEMOGRÁFICAS,
PROBLEMAS SOCIAIS, O CASO GALEGO: AS REVOLTAS IRMANDIÑAS
DO SÉCULO XV).
O século XIV e XV son anos caracterizados por un retroceso demográfico e unha
Forte crise económica, política e social.
Crise demográfica e económica
A partir de comezos do século XIV produciuse en todos os reinos europeos un forte
Descenso da poboación debido ás mortalidades catastróficas provocadas polas fames e
As epidemias. Unha sucesión de malas colleitas pola abundancia de choivas e períodos
Fríos. Esta serie de anos de pobres resultados agrícolas facilitou a expansión da Peste
Negra (a mediados de século XIV) que provocou unha gran catástrofe demográfica. Esta
Enfermidade chegou aos portos cataláns transportada polas naves xenovesa e
Estendeuse con gran rapidez polos lugares mellor comunicados naquel momento (cidades
Portuarias, camiño de Santiago...) Moitos pobos quedaron sen habitantes e moitas
Cidades viron reducida drasticamente a súa poboación.
Crise política
A crise non só afectou aos máis pobres, senón que supuxo para os señores (nobreza
E clero) unha diminución de rendas e vasalos. A reacción señorial centrouse en recuperar
As súas perdas a costa dos campesiños con novos impostos (malos usos).
Esta situación afectou tamén a estabilidade dos reinos que se viron sumidos en
Enfrontamentos políticos e guerras civís. Entre elas a Guerra Civil entre Pedro I e Enrique
II en Castela (1366-1369) que trouxo a entronización da casa dos Trastámara. No século
Seguinte temos a Guerra de sucesión de Castela (1475-1479) que enfronta a Isabel irmá
Do rei falecido Enrique IV, contra a súa filla Juana alcumada a Beltranexa acusada de
Bastarda.
Problemas sociais.
O malestar social provocou numerosos levantamentos campesiños contra a nobreza
E o endurecemento do réxime señorial. En Cataluña, os campesiños de remensa
(campesiños adscritos á terra) esixían a súa liberación, poder abandonar a terra na que
Vivían, e reducir as taxas que pagaban aos señores. A expresión remensa alude a
Redención que tiñan que pagar para liberarse da súa vinculación á terra.
En Galicia a tensión social estoupa nas revoltas irmandiñas. Foron revoltas
Antiseñoriais, reciben este nome porque os sublevados organizáronse en irmandades
Para defenderse mellor da presión da nobreza. Estas irmandades agrupaban a membros
Da baixa nobreza xunto con campesiños e habitantes das cidades.
...................