Presocráticos, O problema da Natureza

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,35 KB

 

I. INTRODUCCIÓN: DO MITO AO LOGOS

A filosofía aparece como unha crítica da sabedoría popular, baseada nos mitos homéricos; é unha crítica en todos os frontes da realidade, pois así como o mito era entendido como unha especie de enciclopedia da que extraíanse as ensinanzas non so relixiosas ou cosmolóxicas, senón tamén sociais, xeográficas, etc.; así tamén a actitude filosófica intentará dar conta de todo o que o ser humano quere saber.    

////

O mito é un conxunto de narracións e doutrinas tradicionais dos poetas (especialmente Homero e Hesíodo) acerca do mundo, os humanos e os deuses. O esquema mental que subxace a estas explicacións podémolo resumir en dous aspectos:

**

As forzas naturais (lume, vento...) son personificadas e divinizadas. Transcendencia: explícase a realidade recurrindo ó sobrenatural.

**

Os fenómenos do universo dependen da vontade arbitraria dos deuses. Logo, non hai regularidade, os fenómenos naturais son imprevisibles.

////

A explicación racional (logos,) comeza en canto a noción de arbitrariedade é suplantada pola idea de necesidade (orde), é dicir, cando imponse a convicción de que as cousas suceden cando e como han de suceder. Esta afirmación de necesidade na Natureza posibilita a existencia da ciencia, entendendo esta como búsqueda das leis ou regularidades que rexen na Natureza.

////

De acordó coa idea de necesidade, os gregos preocupáronse na orde ontolóxica de separar, por unha parte as peculiaridades, a maneira de ser propia de cada individuo (as apariencias, o que as cousas parecen ser), e por outra parte, a esencia ou maneira de ser constante e permanente, común a todos os membros dunha especie (o que as cousas verdadeiramente son). A esencia é o fundamento da
unidade das cousas fronte á multiplicidade dos seus estados e apariencias cambiantes, así como fronte á multiplicidade dos individuos que a comparten.
Na o orde gnoseolóxica, a esta distinción entre ser (esencia) e apariencia correspóndelle a distinción entre sentidos (que nos amosan as apariencias) e razón mediante a que, mercé a un esforzó intelectual (o que agora denominaríamos abstracción ou formación de conceptos) achégase a esencia das cousas. O exemplo para os gregos de cofiecemento racional estaría representado polas matemáticas.

II. PROBLEMA DA NATUREZA: É O FUNDAMENTAL PARA OS 1º FILÓSOFOS


Significados de Natureza (ou físis): ARKHÉ,: principio primordial, elemento ou materia orixinaria da que todo procede e do que están compostas todas as cousas. Permanece sempre idéntico e estable a pesar das diversas modificacións con que aparentemente se manifesta. As cousas orixínanse, están compostas e transfórmanse polo arkhé. A estrutura de cada cousa, o principio de organización interna de cada realidade, o que cada cousa é (esencia) e fai que cada cousa se comporte de determinada forma. Xénese ou nacemento, o aparecer de algo; indica unha forza interna que impulsa a medrar e desenvolverse ////
A totalidade do que existe non creado polo ser humano (acepcion posterior a partir de Aristóteles).

////

A pregunta fundamental dos primeiros filósofos é polo arkhé, no seu triplo sentido de orixe (aquilo do que todo procede), substrato (o que permanece sempre a través dos cambios) e causa (aquilo que fai que as cousas sexan o que son, a forza que explica as súas mutacións características); é dícir, a esencia en canto explica a apariencia. ##ARKHÉ Orixe: déla todo xorde e a ela todo volta ó corromperse ##Razón: Causa: ordea tódalas cousas: provoca as transformacións específicas ##Fundamento: componente das cousas; permanece estable a pesar do cambio nas cousas

Os presocráticos tentan resolver:

?
O problema da Natureza ou Arkhé : atopar a orixe e fundamento da multiplicidade dascousas sensibles; este arkhé é únicamente accesible pola razón humana. Clasificaremos as respostas segundo o número de elementos que componen o arkhé: monistas e pluralistas ?O problema do movemento ou cambio: ¿é real? ¿a que é debido? Tipos de movemento: Substancial (xeración ou corrupción)--Local/ Cuantitativo/ Cualitativo ?O problema da relación entre o un (o arkhé) e o múltiple (os seres). Isto leva apreguntarnos ¿como xorde o múltiple?. Trátase de atopar a verdade, entendida como desenvolvemento, como presenza do ser fundamental

 

Solucións a estes problemas


Monismo: un único principio constitutivo último de as cousas, que é o verdadeiramente existente. A partir de el xorde a pluralidade por procesos físicos (menos en Parménides) Os primeiros filósofos son os milesios (da cidade de Mileto, na beiramar de Turquía): son os
||FILOSOFOS|| -----------||ARKHÉ||------------- || CAUSA DO MOVEMENTO
||Tales|| -------------------||Auga||--------------- || Hilozoismo
||Anaximandro|| ----------||Ápeiron||------------ || Sparacion de kntrarios; ekilibri
||entre eles rixido pola xustiza
||Anaximenes|| -------------||Aire||-------------- || Condensacion e rarefaccion
||Pitágoras|| --------------||numero||-------- || Oposicion entre o límite e o limitado
||Heráclito|| ----------- ||Lume/Logos||---------- || A realidade é movemento
||constante, nunha harmónica loita de contrarios
||Parménides|| ------------- ||Ser|| ---------------- || Non Hai movemento
Heráclito indica que o devir da realidade é maior que o captado polos sentidos: estes non chegan a indicarnos a auténtica realidade: precisamos da razón para achegarnos a auténtica realidade. //// Para Heráclito a realidade é una unidade dinámica, accesible pola Logos = Razón, identifícase co lume; rexida por Contrarios

Parménides


Ten como bases:

##

O Principio de Identidade
##
O Principio de Non Contradición ##
Identificación entre realidade - pensamento/linguaxe: o pensamento e a expresión deben en calquera caso ter un obxecto, e este obxecto é o Ser. Parménides determina con perfecta claridade o criterio fundamental de a validez do coñecemento que ha de dominar a filosofía prearistotélica: o valor de verdade depende de a realidade do obxecto.

##

Características do Ser: Único; Eterno (inxénito e imperecedero); Simple (non ten partes); Inmóbil (non cambia)

Pluralismo Bases:


Eternidade e inmutabilidade (características do ser de Parménides) //// Multiplicidade e movemento (evidente ós sentidos) //// Pluralidade orixinaria: Arkhé múltiple (elementos pasivos) //// Explicación movemento: Forzas: Corpóreas, pero Activas

++FILOSOFOS ** ARKHÉ ^^CAUSAS DO MOVEMENTO


++Empédocles


** 4 raíces ou elementos clásicos ^^Amor e Odio: forzas cósmicas, altérnanse cíclicamente no gobernó
++Anaxágoras*
* Sementes: infinitas numéricamente e (case) específicamente: de tantas clases como cousas diferentes existen [ex: nutrición] ^^Nous (mente) principio racional Teleoloxismo)
++Atomistas*
*Átomos: (in-divisibles) Homoxéneos: distintos
entre sí pola forma, tamaño, orde e posición[ex: pezas do lego] ^^ Movemento: orixinario, no baleiro // Por azar // Por necesidade: as condicións actuáis determinan as posibilidades futuras // Non hai forzas // Non hai propósitos: Mecanicismo

Características en común:


Consideración do mundo como unha orden (Cosmos, debido a logos, harmonía, nous)
: o mundo é algo ordenado e belo. O conxunto de todas as cousas aparece ordenado por unha serie de leis que explican a constancia e a necesidade dos fenómenos que nel ocorren (desta constancia serán "responsables" as distintas esencias: Inmanencia: A natureza de cada cousa fai que exista unha regularidade, formulable en leis constantes que expresan a necesidade da Natureza). A actividade filosófica terá como fin desentrañar esas leis inmanentes á Natureza, para explicar a realidade. Eternidade da fisis (non hai creación): "Da nada, nada procede" //// Carácter circular do tempo. Ciclos. Como os hindús, pensaban que existían "anos cósmicos" ou períodos nos que despois dunha gran catástrofe so quedaba o arkhé, e deste volvía a xurdir outra vez a multiplicidade das cousas.
Materialismo: non hai distinción entre material e inmaterial, todo é concibido como corpóreo e extenso: incluso os números e a alma que sería, simplemente, materia máis sutil.

Entradas relacionadas: