Politica indecisa de Francia y gran bretaña

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,2 KB

 

O detonante:


despois de  ter ocupada Checoslovaquia, Hitler plantea a Polonia a reanexión de Danzing. Diante desta nova ameaza, Gran Bretaña e Francia maniféstanse garantes das fronteiras polacas e tentan, sen éxito, logra-lo apoio da URSS.
Pola contra, Stalin asina con Hitler un pacto de non agresión válido para dez anos.  O pacto interésalles ós dous: a Alemaña por razóns tácticas –evita ter un inimigo ás súas costas- e á Unión Soviética para ter mans libres no seu expansionismo.
O 1 de setembro, Hitler ordena invadir Polonia. Gran Bretaña e Francia lanzan un ultimato esixindo a retirada, ó non producirse, o 3 de setembro declaran a guerra.

Fases e escenarios da guerra:


•    Ofensivas e vitorias do Eixo


(1940-41)
Tras a capitulación de Polonia e o seu reparto entre soviéticos e alemáns, as operacións militares paralizáronse ata a primavera do ano seguinte. Entonces Alemaña toma a iniciativa e comeza as ofensivas servíndose dunha nova táctica militar, a blizkrieg ou guerra lóstrego, consistente no emprego conxunto de carros blindados e infantería motorizada que con apoio da aviación atacan puntos concretos das liñas inimigas e avanzan a gran velocidade. Así ocupan Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, Francia, Grecia. Soamente escapa Gran Bretaña e Hitler decide rendela mediante bombardeos continuos.
•    Mundialización do conflito (1941)
Dende mediados de 1941 a guerra esténdese a novos escenarios, especialmente a África e os Balcans. Pero o máis significativo foron o ataque contra a URSS por parte de Hitler, o que propiciou a entrada deste país no conflito, feito que será moi negativo para Alemaña, e a guerra no Pacífico, cando Xapón decide atacar a base norteamericana de Perl Harbour, entrando nese momento os EEUU en guerra contra os países do Eixo 
•    O equilibrio de forzas (1942-43)
Comeza o refluxo da expansión xermano-italiana en África e Europa, así como a xaponesa no Pacifico. Nos distintos frontes  os exércitos do Eixo son detidos.
En Europa o territorio alemán sofre bombardeos masivos para baixa-la súa moral e destruír a súa capacidade industrial. Tampouco logrou impoñerse no mar fronte á Armada británica a pesar das fortes perdas causadas polos submarinos na Batalla do Atlántico.
A estes fracasos hai que engadi-las dificultades que Hitler está a ter nos territorios ocupados cos grupos de partisanos que realizan continuos actos de sabotaxe. Temendo unha derrota Hitler ordena a Solución Final
•    Afundimento das potencias do Eixo e triunfo aliado (1943-45)
A guerra muda de signo e os alemáns deben seguir unha estratexia para a que non se prepararan: frea-lo avance do adversario. Así a partir do 44 as tropas aliadas con mando unificado lanzáronse ó asalto definitivo por medio de distintas ofensivas: 
Incapaces de dete-lo avance soviético dende o leste e o dos restantes países aliados desde o Oeste, Berlín caeu o 2 de maio do 45, pouco despois de que Hitler se suicidase no seu búnker. Inmediatamente tivo lugar a rendición das tropas alemanas, a ocupación do norte de Italia e a capitulación sen condicións.
Pero no Pacífico a guerra proseguía con gran dureza, Xapón chegou a utilizar pilotos suicidas (camicaces). Para forzar a rendición os norteamericanos decidiron empregar unha arma nova e terrible: a bomba atómica. En Agosto lanzáronse dúas bombas atómicas con tres días de separación, unha sobre Hiroshima e outra sobre Nagasaki. Diante desta situación Xapón capitula en setembro de 1945.

Consecuencias na guerra:


Cando comezaba a intuírse que a caída de Alemaña estaba preto, as principais potencias aliadas (Francia, Gran Bretaña, EEUU e URSS) reuníronse nunha serie de conferencias, das cales, a derradeira e máis importante foi a de Postdam.  Nelas tentarán deseña-las liñas organizativas para a época da paz. 
Certamente a guerra tivo consecuencias negativas en moitos aspectos:

1)   

Demográficas

O número de mortos cífrase nuns 50 millóns de persoas, a maior parte civís. Entre elas, 6 millóns eran xudeus, vítimas das operacións antisemitas (solución final). O movemento de refuxiados e deportados, provocado pola guerra e polas modificacións das fronteiras, afectou  a case 4 millóns de polacos, 8 millóns de alemáns, así como un bo número de italianos e xudeus. 

2)  Económicas


Os máis afectados foron Alemaña e a Unión Soviética, pero, en xeral, debido ás batallas e bombardeos, os campos e as cidades de Europa quedaron destrozados. Ó finalizar a guerra os problemas de abastecemento de materias primas foron enormes e a produtividade industrial baixou un 15%, perdendo Europa o seu papel líder na economía mundial. Para paliar estes problemas os norteamericanos concederán as axudas do Plan Marshall e os europeos crearán a CECA (Comunidade do Carbón e do Aceiro) e o Mercado Común Europeo.

3)    Territoriais


 A URSS recuperou territorios o mesmo que Polonia. Italia, Bulgaria, Rumanía e Hungría cederon territorios ós seus veciños. Alemaña quedou dividida en catro zonas de ocupación (o mesmo que a súa capital, Berlín), que máis tarde darán lugar a dous países: a RFA e a RDA (comunista). Xapón quedou baixo o mandato temporal dos EEUU.

4)    Políticas


Europa perdeu definitivamente o seu papel hexemónico no mundo, substituída polos EEUU. O punto máis importante será a nova política nacida da Conferencia de Potsdam (1945). Nela, os EEUU, Gran Bretaña e a URSS pactaron a división temporal de Alemaña e concedeuse á Unión Soviética un amplo poder de actuación nos territorios. Desta forma configurase unha política mundial de bloques: o bloque capitalista  liderado polos EEUU, e o bloque comunista  liderado pola URSS. 
Tamén en 1945 creouse a ONU.

5)    Tecnolóxicas


Ó longo do conflito grandes aportes científicos permitiron a creación de novas armas. Coa chegada da paz, todos estes avances tecnolóxicos darán lugar ó desenvolvemento da aviación civil, o radar, os sistemas dirixidos, as telecomunicacións, a enerxía atómica...

6)    Sociais

Sobre as mulleres recaeu , ó reemplazar ós homes chamados a filas. Traballaron nos estaleiros, e fábricas, conduciron ambulancias durante os bombardeos aéreos. Isto serviu para que adquirisen maior seguridade en si mesmas e para desligarse das súas responsabilidades tradicionais. Unha vez finalizada a guerra, moitas de estas mulleres non abandonarán a actividade laboral e outras seguiran este mesmo camiño.


Entradas relacionadas: