Poemas de Rosalía de Castro en galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,7 KB

 

Rosalía de Castro


Figura

Rosalía é a figura máis importante, representativa e universal da Literatura Galega xa que Era unha muller culta e con criterios propios. Rosalía foi precursora e Pioneira do pensamento social e político de plena actualidade:
feminismo, Anticapitalismo, nacionalismo progresista. Poren a súa obra é traducida e ten Moita atención.

Sobre ela teceuse Unha imaxe distorsionada, presentada como unha chorona ou santiña que escribía O que lle mandaba o marido.

Tivo sempre  enormes dificultades para publicar debido a Súa condición de muller e a súa condición económica. Como exemplo  Follas Novas que se publicou seis anos máis tarde, e grazas ós inmigrantes galegos De Cuba.

A Rosalía Agrupouse no Romanticismo erroneamente polos seguintes motivos:

·Non Ten actitude escapista, identifica a realidade tal e como é

·Destácase A súa denuncia social

·Ton De sinceridade do seus versos

·Distinta Forma de tratar os temas ROMánticos como a morte e o suicidio

Compromiso social

O compromiso de Rosalía como escritora plásmase nestes aspectos:

·Defensa Da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser colectiva fronte a Visión de atraso e ignorancia de Galicia

·Defensa Dos valores sociais e morais do pobo galego

·Identificación Cos problemas das clases populares galegas

·Denuncias Das inxustizas e abusos cometidos contra Galicia e cos galegos

·Reivindicación Dos dereitos da muller

Feminismo

Durante o debate Entre os sectores que postulaban o dereito a muller, Rosalía escribe mentres Que o 93% de mulleres eran analfabetas. O pensamento feminista de Rosalía está Presente en toda a súa obra. En La hija Del mar protesta contra a vulgar idea de que a muller só serve para os Labores domésticos. En Las literatas. Cartas a Eduarda denuncia a incomprensión e o rexeitamento ás mulleres Intelectuais

Obra literaria

Cantares gallegos


Primeiro libro publicado en galego que Consta de 36 poemas vinculados cunha cantiga popular. Teñen como protagonista á Propia Rosalía pero nalgúns cede a voz a outras personaxes. Os personaxes Compoñen unha imaxe da Galicia da época.

Os 36 poemas van Precedidos por un prólogo en galego, a autora pide desculpas polo posíbeis Defectos do seu libro. Ten como obxectivo:

·Reivindicar A validez e capacidade do noso idioma

·Denuncia O maltrato que padece o noso país

·Combater A falsa e negativa imaxe de Galicia que se tiña nesa época

Temática:

A) Prólogo e o Epílogo Poéticos que serven de introdución e despedida

b)
Poemas de temática folclórico-etnográfica grupo de poemas máis numerosos no que Reflicte a idiosincracia do pobo galego

C)

Poemas de temática social

Tratan a situación de penuria en que Viven os galegos nese tempo. Denuncia social do drama da emigración.

D)

Poemas de temática intimista

Vivencias e sentimentos persoais, como Saudade, lembranza

Follas novas

Obra que consta Dun prólogo en prosa e 137 poemas clasificados en cinco apartados. 

Clasificou o Libro en dous apartados:

Solitaria

20 poemas, no que se reflexiona sobre a escrita Feminina e sobre os trazos e contidos da súa propia obra. Tamén manifesta o seu Estado anímico. No prólogo  a cualificar Os sei poemas como enxendros da miña tristura. No segundo libro con 36 poemas Exterioriza as súas particulares reflexións filosóficas

Solidaria

Divídese en ``Da Terra´´ e ``As viúvas de vivos e Mortos´´.

No primeiro, hai unha plena identificación co pobo galego. Atópanse Personaxes  e escenas populares e Denuncia a discriminación da explotación da muller.

No Segundo céntrase no fenómeno da emigración e nas causas que o provoca. Faino Dende a solidariedade cás mulleres condenadas a vivir en soidade valéndose por Si mesmas.

Entradas relacionadas: