O poder xudicial romano

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,3 KB

Tema 5.  A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869

A Revolución de 1868

Nun contexto d crecente malestar social provocado polas malas colleitas, as dificultades económicas da industria e das finanzas, e o descontento de maioría da clase política polas actuacións da raíña.O obxectico era establecer un goberno provisional que asumise os principios do liberalismo democrático e que convocase eleccións por sufraxio universal masculino para constituír unhas Cortes, que debían decidir o modelo de Estado (monarquía ou república) e facer uha nova Constitución.


A Revolución Gloriosa

Iniciouse en setembro de 1868 en Cádiz cun pronunciamento das tropas da mariña, asinado x militares de prestixio como Serrano, Prim e Topete.

Pouco dspois, os sublevados venceron as tropas leais á raíña na batalla de Puente de Alcolea. Estimuladas polos progresistas, demócratas e republicanos, xurdiron numerosas xuntas revolucionarias nas cidades que, xunto ás declamacións democráticas do sufraxio universal e da liberdade de prensa, ensino e asociación, esixían reivindicacións de tipo social como a abolición dos consumos e o sistema de quintas.


O triunfo revolucionario obrigou a Sbela II a abandonar España e exiliarse a París, formándose un Goberno provisional presidido x Serrano; composto por unionistas e progresistas, contando co apoio dos demócratas. Este Goberno asumiu os principios defendidos polas xunta e puxo en marcha reformas tanto politicas como económicas e convocou Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal. As eleccións deron o triunfo aos partidarios da monarquia e España sería unha monarquia democrática.


A Constitución de 1869

Inspirada nos principios do liberalismo democrático, establecía: 

➔A soberanía nacional popular: nación representada en Cortes elixidas x sufraxio universal masculino. 

➔ A monarquía como forma de goberno. 

➔Separación de poderes. 

➔O rei exercía o poder executivo a través dos seus ministros, responsables ante as Cortes; sancionaba e promulgaba as leis sen capacidade d vetalas e tiña o poder de suspender e disolver as Cortes, pero 1 soa vez por lexislatura. 

➔Cortes bicamerais formadas polo Congreso e o Senado, elixidos polo sufraxio universal masculino, asumían o poder lexislativo, controlaban as accións do goberno e aprobaban os orzamentos. 

➔O poder xudicial estaba en mans dos tribunais formados por xuíces e xurados con participación popular. 

➔Dereitos e liberdades recollidos de forma explícita e ampla. Tamén se recollía x primeira vez o dereito de asociación e de reunión. 

➔Liberdade de cultos, eliminando a confesionalidade do Estado.

Dspois de promulgar a a Constitución, Serrano foi nomeado rexente provisional mentres se buscaba un novo rei para España, tendo q ser católico, liberal e contar coa aprobación das potencias europeas. Amadeo de Savoia, fillo do rei de Italia Vitor Manuel II, foi escollido co apoio de Prim, aínda cunha forte oposición. Amadeo de Savoia aceptou a Coroa e xurou a Constitución o 2 de xaneiro d 1871.



Entradas relacionadas: