Os pobos precolombinos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,31 KB

 

Roma

UNIDADE V:

Roma E O SEU Imperio

I-

ANTECEDENTES HISTÓRICOS E ORIXE DE Roma

Roma foi fundada polos latinos, pobo itálico de orixe indoeuropea que se asentou no Lacio, onde os habitantes estaban adicados á agricultura e gandería. Históricamente, Roma xurdiú no S VIII A de Xto na marxe esquerda do río Tíber, cando se uniron nun só núcleo urbán as aldeas de 7 outeiros. Para a súaeconomía foi decisivo o feito de que se atopara xunto á Via Salaria, pola que se transportaba o sal obtido na desembocadura do Tíber. Sobre a cidade recén fundada exerceron gran influencia os etruscos (no referente ó cerimonial relixioso e artes adiviñatorias) e os gregos (no terreo cultural). A súa historia divídese en 3 periodos:

1- Monarquía (753-509 A de Xto):

Os reis tiñan tódolos poderes con carácter vitalicio. Tódolos cidadáns (non se incluían mulleres nin escravos) tiñan os mesmos dereitos e obrigas e participaban no goberno da cidade. Reuníanse en asemblea pública para vota-las propostas do rei, que tiña que cumprir e facer cumpri-la lei, pero non podía modificala sen consentemento do pobo.

2- República (509-27 A de Xto):

Durante este periodo tiveron lugar as conquistas da Península Itálica  e todo o Mediterráneo, as Guerras Púnicas contra os cartaxineses e as Guerras Civís.

Os poderes que antes estaban concentrados na persoa do rei repartense para lograr que os cargos públicos foran temporais e os plebeos acadaran máis xustiza e se libraran dos abusos dos patricios. O resultado foi un triángulo político sostido sobre tres columnas:

a-

Senado

: era a máxima autoridade da República. Constaba de 300 membros con escano vitalicio. Decraraba a guerra, asinaba a paz, pactaba alianzas, administraba o tesouro público, dirixía a política exterior e calculaba o presuposto militar anual.

B-Pobo: reuníase en asemblea (comitia) para escoller os seus representantes. O voto era escrito e secreto

c-

Maxistraturas

: funcionarios administrativos elixidos na asemblea. Accedíase a cada una delas dende a inmediatamente inferior. Eran colexiados e por un periodo dun ano.

-
“Cursus honorum
:

-
Cónsules (consules): en número de dous, convocaban asambleas, presentaban proposicións ó Senado, presidían actos relixiosos y dirixían o ejército.

-
Pretores (praetores): administraban xustiza.

-
Edís (aediles): encargábanse da vixianciade mercados, conservación de templos y organización de espectáculos.

-
Cuestores (quaestores): administraban a facenda pública.

-

Outros cargos

:

-
Censores (censores
): elaboraban o censo.

-
Tribunos de la plebe (tribuni plebis): defensores do pobo.

-
Dictador (dictator): maxistrado extraordinario nomeado por un periodo máximo de 6 meses en situación de perigo. Tiña poder absoluto.

-
Mestre de cabalería (magister equitum): axudante do dictador.

A finais do S I A de Xto, a República comezou a ter problemas derivados da crise económica, que comezou a altera-la orde social. Os devanditos problemas levararían a un cambio de goberno, establecéndose os triunviratos (goberno de tres), polo que o Senado tivo que ceder parte dos seus poderes.

-

1º triunvirato

: formado por Pompeio, Craso e Xulio César, quen, tras vencer a Pompeio nunha Guerra Civil, fixo medra-lo seu poder grazas a una serie de reformas que provocaron o malestar de moitos senadores e o seu asasinato en 44 A de Xto.

-

2º triunvirato

: integrado por Lépido, Marco Antonio e Octavio, quen se convertiú no único dono do Mediterráneo tra-la batalla de Actium e o suicidio de Marco Antonio e Cleopatra.

3- Imperio (27 A de Xto-476 D de Xto):

Octavio deseñou un novo sistema político, o Imperio, que outorgaba todo on poder político a una soa persoa.

As institucións republicanas pasan a ter carácter simbólico. O Emperador concentra os poderes lexislativo e xudicial e é a máxima autoridade do Estado, así como o pai da patria e da relixión nacional. Tra-la morte recibe o tratamento de divus (divino). Os cidadáns pasan a ser súbditos.

A sucesión foi, en principio, dinástica, pero as políticas dalgúns emperadores provocaron o paso á sucesión electiva (o Emperador  elixía públicamente ó seu sucesor baseándose na sua capacidade e non no parentesco).

No S IV A de Xto, o Imperio comeza a sufrir profundas crises (guerras internas, constantes ameazas dos xermanos). Diocleciano inaugurou una nova forma de goberna-lo Imperio, a tetrarquía. Para elo, dividiú o Imperio en dous bloques, cada un cun Augustus (Emperador) e un Caesar (axudante).

O Imperio Occidental (con capital en Roma-Milán) caiú en 476 D de Xto en mans dos xermanos, mentres que o Imperio Oriental (con capital en Constantinopla) fixoo en 1453 en mans dos turcos.

II-

A HISPANIA ROMANA

Antes da chegada dos romanos, a Península Ibérica estaba habitada por diversos pobos prerromanos (íberos, tartesios, astures, cántabros, etc), que convivían cós pobos colonizadores (fenicios, gregos e cartaxineses) polo que convivían diferentes culturas e graos de desenvolvemento.

Os romanos chegaron á Península no S III A de Xto e comezaron un proceso de conquista do territorio que durou dous séculos. Os pobos conquistados adaptáronse ó modo de vida dos romanos e asimilaron a súa cultura nun proceso coñecido como romanización, que non afectou por igual a todo o territorio (as zonas máis romanizadas foron o Leste e Sur peninsulares). Tamén se produciú una reorganización do territorio, que, nun primeiro momento dividiuse en dúas provincias: Citerior (con capital en Cartaxena) e Ulterior (con capital en Córdoba). En época de Augusto, as provincias pasaron a ser tres: Bética (con capital en Córdoba), Lusitania (con capital en Mérida) e Tarraconense (con capital en Cartaxena). En época de Diocleciano, as provincias eran seis: Bética, Lusitania, Tarraconense, Gallaecia, Cartaxinense e Mauritania Tinxitana: No S IV A de Xto creouse a provincia das Illas Baleares.

A romanización supuxo un cambio en tódolos ámbitos da vida, sobre todo na lingua (o latín desprazou ás outras linguas faladas na Península, agás o euskera), urbanismo (os romanos enriqueceron as ciudades que xa había e crearon novos asentamentos ou colonias, nas que todo funcionaba como en Roma) e as vías de comunicación, pois fixeron calzadas que permitían o traslado rápido de tropas e o intercambio de produtos, entre as que destacan:

-Via Augusta: Cádiz-Pirineos.

-Via da Prata: Mérida-Astorga.

-Via do Norte: Zaragoza-Astorga.

-Via do Atlántico: Lugo-Lisboa.

O fin do poder romano en Hispania tivo lugar en 411 A de Xto coa chegada dos suevos. Despois chegaron os visigodos (507) e os musulmans (711).

Entradas relacionadas: