Que persiguen los republicanos con las batallas de belchite y brunete

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,52 KB

 
O descontrol da situación fai que Casares Quiroga dimite. Azaña nomea a Giral, que acepta a petición dos cidadáns en canto ás armas, cometendo, á súa vez, o risco de que estes iniciasen unha revolución. O exército republicano eliminase e formánse as milicias populares, formadas por cidadáns voluntarios. A súa falta de experiencia debilitou e comités que organizaban as milicias. Como o Golpe de Estado fracasara e os nacionais non conseguiron tomar todas as ciudades (grazas aos milicianos), comeza a Guerra Civil. Durante a guerra, en ambas zonas levouse a cabo unha forte represión contra os inimigos. Na zona nacional levouse a cabo polo exército, máis na república non foi polo goberno, senón polos rebeldes, que tamén atacaron á Igrexa. O primeiro obxetivo dos sublevados foi a toma de Madrid. As tropas de África dirixidas por Franco, tomaron Badajoz e no norte, dirixidos polo xeneral Mola, ciudades como
Pamplona. En Septembro de 1936, Largo Caballero, secretario da UGT, convértese no presidente do Goberno, formado por republicanos, socialistas, comunistas e anarquistas. O seu obxetivo foi suprimir as milicias e crear un exército profesional e organizado, o Exército Popular. Por isto, Largo Caballero tivo moitos problemas cos anarquistas e os comunistas. Tamén, en Setembro de 1936, tras a morte do xeneral Sanjurjo, formouse en Burgos a Xunta de Defensa Nacional, que posteriormente pasaría a ser a Xunta Técnica Do Estado, encargada de gobernar o territorio conquistado. Franco foi elexido como presidente e recibiu o nome de Xeneralísimo. Prohibíronse a Constitución e todos os partidos, salvo a Falanxe e as IONS. Tras isto, Franco ocupou Toledo e acabou co asedio de Alcázar por parte dos republicanos e dirixiuse a Madrid. En Novembro, os sublevados transladáronse a Valencia ao non poder con Madrid, onde os republicanos recibiron axuda das Brigadas Internacionais e a columna anarcosindicalista liberdade. Fracasado o intento de entrar na capital, trataron de illar a cidade. Destacou a Batalla de Jarama en Febreiro de 1937, onde foron detidos polos republicanos, e a Batalla de uadalajara, en Marzo de 1937, onde as tropas alemás que axudaban a Franco, tamén foron derrotadas. En Abril de 1937, Franco inspírouse nos fascismos Italiano e Alemán. Creou un único partido legal na zona nacional, a Falanxe Española tradicionalista y de la IONS, do que se converteu en xefe. Ao mes seguinte, destacan os enfrontamentos entre comunistas e anarquistas en Barcelona, polas súas discusións sobre como afrontar a guerra (Feitos de Maio). Saíron vencedores os comunistas da UGT, xa que cantaban coas armas entregadas por Stalin. Largo Caballero dimitiu e formouse un novo goberno dirixido por Negrín. Este intentou chegar a un acordó co enimigo para salvar a democracia. Franco non aceptou e fixo saber que só aceptaría unha rendición. Franco, ao non conseguir controlar Madrid, trasladou a batalla ao norte. Os sublevados atacaron Biscaia. Tamén se produciu o primeiro bombardeo mundial sobre unha poboación civil, feito por avión alemáns, en Guernica. Posteriormente, en Xuño, foi ocupado Bilbao. Para distraer aos sublevados, a República atacou Brunete e máis Belniche, pero isto non evitou que as tropas franquistas conseguen ter controladas Cantabria e Asturias. En Decembro de 1937, os republicanos  reorganizáronse no exército mixto, que mesturaba aos milicianos ao exército profesional. Este levou a cabo diversas ofensivas. En Xaneiro do 38, culminou o proceso de formación de Novo Estado franquista, inspirado no fascismo, e desapareceu a Xunta Técnica. Suprimíronse as liberdades relixiosa, político, de reunión e de prensa. O novo Estado tamén era católico e a Igrexa volveu a gañar o seu poder. Elimináronse os Estatutos e restableceuse a pena de morte. Prohibíronse folgas e os sindicatos. No inverno dese mesmo ano, os republicanos ocuparon Teruel ata que en Febreiro tiveron que abandonalo. O exército franquista levou a cabo a campaña de Aragón e logo ocupou o Mediterráneo. Cataluña que era republicana quedou entón illada. A última fase da guerra iníciase coa Batalla do Ebro (MIRATE LA BATALLA EN EL LIBRO), que comezou en Xullo do 38, un ataque republicano. Franco enviou tropas, incluidas as aviacións alemán e italiana, e detivo o ataque. O exército republicano comezou a repregarse en novembro mentres Franco avanzaba. Deuse por terminada a batalla pouco despois. Daquela Franco decidiu comezar o ataque a Cataluña, que pronto caeu. Os republicanos marcháronse ao exilio en Francia, entre eles Negrín e Azaña, a comezos de 1939. En Febreiro de 1939, á República non lle quedaba nada máis que a zona central, formada entre Madrid, Valencia e Almería. A finais de mes, Reino Unido e Francia recoñeceron o goberno de Franco e Azaña presentaba en
París a súa dimisión. En Marzo, o xeneral republicano Casado sublévase en Madrid contra o goberno da República, pois creía que a culpa da prolongación da guerra era dos comunistas e Negrín tiña moitos apoios deles. Creou a Xunta de Defensa co obxetivo de renegociar a paz con Franco, pero el non aceptou. A finais de Marzo, os sublevados entraron fácilmente en Madrid e, posteriormente, ocuparon a zona Mediterránea con Valencia, Alicante e Albacete. O 1 de Abril de 1939, Franco asinou en Burgos o último parte de guerra, dándoa por finalizada.

Entradas relacionadas:

Etiquetas:
Xuntas de defensa