Paisaxe de clima Mediterráneo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 13,22 KB

 

TEMA 5

Comentario das paisaxes agrarias:


1.A paisaxe agraria Oceánica do norte peninsular

Comprende o norte e o noroeste da península ibérica.

O medio físico conta cun relevo accidentado, con escasas Superficies chairas e clima oceánico chuvioso todo o ano.

O poboamento predominante é disperso intercalar a partir De aldeas, parroquias e vilas. No pasado albergou unha poboación numerosa, que Na actualidade é escasa e envellecida.

As explotacións Agrarias son minifundistas. Os campesiños posúen pequenas parcelas cercadas por Sebes e afastadas entre si, o que diminúe a súa rendibilidade e dificulta a Mecanización. Para corrixilo, impulsouse a concentración parcelaria, con Escasos resultados.

O uso do solo son Principalmente gandeiros.

a)A agricultura ocupa unha escasa superficie. Na costa, os Campos sitúanse no fondo dos vales; no interior, ao ser máis estreitos, o seu Aproveitamento agrícola é moi reducido. É unha agricultura de secaño, debido á Regularidade das precipitacións.

-No Pasado practicábanse o policultivo porque os campesiños vivían moi illados e Necesitaban autoabastecerse. Cultivábanse produtos hortofruticulas en pequenas Hortas xunto ás casas para consumo familiar, e millo, pataca, árbores Froiteiras e vide, esta última sobre todo en Galicia. Nas terras de peor Calidade sementábase cebada ou centeo, e economía familiar completábase coa Cría de gando. So unha parte destes produtos se vendía no mercado.

-Na Actualidade, a agricultura tende a especializarse en cultivos de hortas e Forraxes (prados, alfalfa, trevo, millo forraxeiro), en consonancia co Desenvolvemento gandeiro.

b)A gandería é a actividade agraria principal. Vese Favorecida polo clima, a demanda urbana de leite e de carne, e a escasa poboación Rural, dado que require menos man de obra.

En Galicia predominan a pequena e a mediana explotación familiar. Na Fachada cantábrica, as explotacións modernizáronse mais en tamaño e Equipamento, aínda que tamén esta moi estendida a gandaría a tempo parcial en Pequenas explotacións.

Predomina o gando bovino. O de aptitude cárnica, en réxime extensivo ou Semiextensivo, orientase a produción de becerros; e o de aptitude leiteira, en Réxime intensivo, á produción de leite e derivados.

c)A explotación forestal é outra actividade importante. Destinase á industria do moble ou á obtención de pasta de papel.

A paisaxe agraria mediterránea de interior.

Comprende ambas as dúas mesetas e a maior parte das Depresións do Ebro e do Gualdalquivir.

O medio físico presenta un relevo chairo, de elevada Altitude media na Meseta, e un clima mediterráneo continentalizado, con Escaseza de precipitacións estivais e acusados contrastes térmicos estacionais.

O poboamento e concentrado en vilas pequenas e próximas Nos vales do Douro e do Ebro; e en vilas grandes e distanciadas entre si na Metade sur peninsular. Na actualidade albergan unha poboación moi escasa e Envellecida, debida á forte emigración de épocas pasadas.

As explotacións teñen diversos tamaños. Hai un predominio Do minifundio nos regadíos do Ebro e no val do Douro, onde se reduciu moito Debido a emigración e á concentración parcelaria. A gran propiedade é Característica de moitos secaños casteláns, aragoneses, estremeños e andaluces.

Os usos do solo son agrícolas, gandeiros e forestais.

A)A agricultura presenta claras diferenzas entre as areas De secaño e de regadío

-O Secaño domina nos paramos e campiñas meseteñas e nas áreas non regadas dos Vales do Ebro e do Guadalquivir. Practica unha agricultura extensiva en campos Abertos, protagonizada pola chamada triloxía mediterránea: os cereais, a vide e A oliveira.

No pasado, os cereais, principalmente o trigo, rotaban Con barbeito ou con leguminosas e levaban asociada unha gandería ovina que Pastaba nas restrebas. Tamén se plantaban cultivos leñosos, como a vide e a Oliveira, e, en menor medida, amendoeiras e algarrobos. Este cultivos aparecían  como monocultivo, asociados entre si, ou Xunto a outros aproveitamentos.

Na actualidade, o trigo perdeu peso en favor da cebada; e O barbeito completo substituíuse polo medio barbeito, que utiliza o xirasol Como cultivo de descanso, ou desapareceu grazas ao uso de fertilizantes Químicos. Os cereais predominan en Castela e León. E xunto a eles cobran Importancia o oliveiral e o viñedo no val do Guadalquivir, Castela-A Mancha, e Estremadura; e o viñedo na Rioxa, Navarra e Aragón.

-O Regadío permite practicar unha agricultura máis intensiva.

No pasado, o regadío ocupaba reducidas extensións nas Veigas dos ríos e preto das vilas, que producían sobre todo hortalizas para o Autoconsumo.

Na actualidade, a extensión do regadío permite Diversificar a produción con plantas industriais, forraxes, froitas e Hortalizas.

B)A gandería ten importancia en certas áreas e nas devesas Occidentais

-As Restrebas dos secaños alimentan gando ovino; nas áreas forraxeiras regadas Castelá-leonesa e andaluzas críase bovino de leite; no val medio do Guadalquivir, bovino de carne e lida; e preto das grandes cidades, porcino Industrial.

-As Devesas occidentais de Zamora, Salamanca, Estremadura e Andalucía son explotacións Agrogandeiras, xurdidas ao desmestar os bosques de aciñeiras e sobreiras. A Devesa tradicional tiña unha orientación principalmente gandeira: os seus Pastos alimentaban os rabaños de ovino e de porcino e, secundariamente de Bovino; parte das suas terras cultivábanse en longas rotacións para Proporcionar alimentos e restrebas ao gando durante a longa seca estival; e o Froito das aciñeiras e sobreiras usábanse na etapa final de ceba do porco. Na actualidade, Introducíronse algúns cambios, como un maior peso do gando vacún; a dedicación Agrícola dalgunhas devesas con mellores solos; e a reconversión cara a outros Usos, como a caza.

C)A explotación forestal é característica dalgunhas áreas, Como a Terra Pinariega soriana

A paisaxe agraria mediterránea litoral.

Comprende o litoral e o prelitoral mediterráneo.

O medio físico ten un relevo accidentado, chairo preto da Costa e algo montañoso na área prelitoral peninsular; é un clima mediterráneo De influencia marítima, con precipitacións moi escasas en verán e temperaturas Suaves.

O poboamento tradicional disperso tende á concentración, Agás nas hortas litorais; e a poboación, numerosa no pasado, é hoxe reducida Debido ao éxodo rural.

As explotacións son de diverso tamaño. Nas zonas de Regadío predominio o minifundio. En secaño, as explotacións son pequenas e Medianas na Comunidade Valenciana e Murcia, e medianas en Cataluña.

Os usos do solo son principalmente agrícolas.

A)A agricultura presenta claras diferenzas entre as áreas De secaño e as de regadío

-Os Cultivos de secaño esténdense polas zonas prelitorais montañosas ou Accidentadas; e o interior mallorquino. Están ocupados por cereais, vide, Oliveira e amendoeiras.

-Os Cultivos de regadío vense favorecidos polas suaves temperaturas, a elevada Insolación, a protección do relevo, a existencia de solos apropiados e unhas Importante demanda internacional. Dedícanse á horticultura temperá ao aire Libre, á horticultura precoz baixo plástico, á fruticultura mediterránea e aos Froitos tropicais nas hoyas de Málaga E Granada, grazas á excepcional suavidade dos invernos.

B)A gandería bovina e porcina predominan en Cataluña Estimuladas pola demanda urbana; e a ovina, nos secaños

C)A explotación forestal ten escasa significacion

A paisaxe agraria de montaña.

Comprende os territorios montañosos por enriba dos 1000 Metros de altitude.

O medio físico é desfavorable: relevo de elevada altitude E fortes pendentes; e clima frío, con precipitacións moi abundantes, que no Inverno caen frecuentemente en forma de neve.

O poboamento era tradicionalmente disperso en pequenos Núcleos localizados nos vales. Na actualidade tende a concentrarse en vilas Maiores. Alberga unha poboación con densidade moi baixa e forte tendencia Emigratoria.

As explotacións son contrastadas. Coexisten pequenas Explotacións privadas formadas por parcelas pechadas e frecuentemente separadas Entre si; con montes e prados municipais, de aproveitamento exclusivo para os Veciños.

O uso do solo son diversos e complementarios, graduándose En función das variacións climáticas: agricultura no fondo dos vales; Explotación forestal nos bosques das vertentes; e gandería nas matogueiras e Pastos dos cumios; aínda que existen diferenzas segundo a área climática onde Se localizan as montañas.

a)A agricultura, nas montañas do norte peninsular, practícanse No fondo dos vales e centrase nos cultivos de horta. En cambio, nas montañas Máis térmicas de Levante, do sur e de Baleares, algúns cultivos como as Amendoeiras e oliveiras, ascenden polas vertentes en bancais e terrazas.

b)A gandería é extensiva. Nas montañas do norte peninsular é bovina ou ovina, e pasta nos claros dos bosques e nas matogueiras e prados Dos cumios. Na montaña mediterránea, onde adoitan faltar os pastos, domina a Gandería ovina, que practica unha transhumancia local entre o val e o cume.

c)A explotación forestal é maior nas montañas do norte. Centrase no aproveitamento da leña e da madeira de especies como o eucalipto, o Castiñeiro ou o piñeiro.

A paisaxe agraria de Canarias.

Comprende o arquipélago Canario.

O medio físico Caracterizase por un relevo volcánico accidentado e un clima cálido todo o ano, Con precipitacións escasas e irregulares nas zonas baixas.

O poboamento é disperso Laxo, constituído por pequenas agrupacións de casas e aldeas diseminadas. As Vilas son xeralmente pequenas. Neles, a poboación encontrase en retroceso Debido a atracción exercida polas actividades do sector terciario, como o Turismo.

As explotacións son Reducidas nas medianías e grandes no regadíos costeiros.

Os usos agrarios do Solo son escasos e principalmente agrícolas.

A)A agricultura e moi contrastada

-Nas Areas litorais predomina o monocultivo de regadío orientado a exportación, os Cultivos baixo plástico e as novas plantacións tropicais.

-Nas Medianías do interior predominan o policultivo de secaño, orientado ao consumo Interno, e baseado na vide e as patacas. O trigo, que tradicionalmente rotaba Con barbeito ou patacas, reduciu notablemente a súa extensión.

B)A gandería ovina e a caprina son reducidas polas escaseza De pastos, e están asociadas á agricultura

c)A explotación forestal aproveitou a madeira dos piñeirais E a do faial breixeira e a laurisilva para o carboneo, a construción e os Soportes dos cultivos.  

Entradas relacionadas: